Unha constelación de obras para todas as idades coas que acompañar e celebrar o Día das Letras Galegas 2023. Acompáñanos na viaxe!
17/5/23
Hora do conto: de 18 e 19 de maio de 2023
16/5/23
Día das Letras Galegas nas Bibliotecas Municipais
Consulta todas as actividades dedicadas ao escritor e dinamizador do galeguismo cultural Francisco Fernández del Riego.
Concerto musical para público familiar a cargo de Xoán Curiel: 16 de maio
11/5/23
Recomendacións en Radioleiros: 12 maio 2023
Os máis prestados do 2022
Pulsa as imaxes e coñece os títulos favoritos en cada unha das categorías.
Tertulia literaria en Santa Cruz: martes 16 maio 2023 (Grupo B)
Tertulia literaria en Mera: luns 15 maio 2023
10/5/23
A constelación de don Paco ten tres planetas máis que visitar
9/5/23
Ler para saber A CIENCIA: 12 de maio 2023
Charla de divulgación científica
dirixida á poboación infantil (a partir de 10 anos), adolescentes e público en xeral.
Día: Venres, 12 de maio.
Lugar: Biblioteca Central Rialeda (Perillo).
Hora: 18:30 h.
Cambio climático
Xacobo de Toro Cacharrón. Profesor de Bioloxía e Xeoloxía.
Seleccionamos para ti títulos relacionados con este tema. Preme na ligazón.
Facemos parada en varias estrelas da galaxia de don Paco
8/5/23
Tertulia literaria en Rialeda: mércores 10 maio 2023 (Grupo B)
Tertulia literaria en Santa Cruz: martes 9 maio 2023 (Grupo A)
5/5/23
Hora do conto: de 8 a 12 de maio de 2023
- Aforo limitado: chama á biblioteca na que se realiza a actividade e reserva a túa praza. Podes inscribirte desde 10 días antes da data de realización de cada unha das contadas/actividades.
Biblioteca Pública Municipal Mª José Ruso (Dorneda)
Luns 8 de maio, ás 18:30 Celebramos o Día das Letras Galegas
Para crianzas a partir de 6 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 638)
ESPECTÁCULO: “Cantares gallegos ao ukelele”
CONTACONTOS: Antón Ke
Biblioteca Pública Municipal Manuel María (Oleiros)
Martes 9 de maio, ás 18:30
Para crianzas de 2 a 5 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 610 700)
ESPECTÁCULO: “Mago Rosa”
CONTACONTOS: Bululú
Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz)
Mércores 10 de maio, ás 18:30 Celebramos o Día das Letras Galegas
Para crianzas de 2 a 5 anos Aforo completo!!!
ESPECTÁCULO: “Contos daquí”
CONTACONTOS: Ramiro Neira
Biblioteca Central Rialeda (Perillo)
Xoves 11 de maio, ás 18:30 Celebramos o Día das Letras Galegas
Para crianzas de 2 a 5 anos Aforo completo!!!
ESPECTÁCULO: “Potaxe de letras”
CONTACONTOS: Charo Pita
Biblioteca Pública Municipal Xograr Mendiño (Lorbé)
Xoves 11 de maio, ás 18:30 Celebramos o Día das Letras Galegas
Para crianzas a partir de 6 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 618 201)
ESPECTÁCULO: “Unha nova galaxia”
CONTACONTOS: Trémola Teatro
Biblioteca Pública Municipal Ánxel Fole (Nós)
Venres 12 de maio, ás 18:30 Celebramos o Día das Letras Galegas
Para crianzas de 2 a 5 anos Aforo completo!!!
ESPECTÁCULO: “O monstro de cores”
CONTACONTOS: Lía Magalia
AVISO
O/A adulto/a responsable de cada unha das/dos menores de idade deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla o neno ou nena.
Recomendacións en Radioleiros: 5 maio 2023

Ratos na escola, textos de Oli e ilustracións de Natalia Colombo
Kalandraka, 2021
Un divertido relato para os máis novos cunhas magníficas ilustracións nas que os ratos que viven na escola saen de paseo.
- Xoves e persoas adultas:
El siglo soviético: arqueología de un mundo perdido, de Karl Schlögel Galaxia Gutenberg, 2021
Da man dun dos maiores expertos do que foi a Unión Soviética coñecemos a xénese da revolución, os equilibrios de poder, a vida cotiá, o deporte , o transporte ,a vivenda... nun tempo fundamental do século XX.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.













.jpg)

.jpg)





