Grazas a elas descubrimos auténticas xoias que non deben pasar desapercibidas!!!
14/6/21
”No verán le algo diferente”, mostra de libros na Biblioteca Mª José Trincado (Mera)
11/6/21
Recomendacións en Radioleiros: 11 xuño 2021
"A grande epopea do pianista de Cans" de Xosé A. Perozo; ilustracións de Fran Muñiz. En Auga Editora.
Pedro de Chamorro acadou gloria e sona no século XVIII pola súa adicación á música.
"Hora Zero: la inteligencia británica en España durante la Segunda Guerra Mundial" de Emilio Grandío Seoane. Editado por Cátedra.
Unha detallada investigación histórica dunha das partes máis interesantes da II Guerra Mundial.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
10/6/21
Parabéns, Ana Luísa!
Ana Luísa Amaral foi galardoada co XXX Premio Reina Sofía de Poesía Iberoamericana. A escritora portuguesa está considerada unha das voces máis importantes das letras portuguesas dos últimos trinta anos. É profesora na Universidade do Porto, ten un doutoramento sobre a poesía de Emily Dickinson e publicacións académicas sobre poesía inglesa e estadounidense, así como poética comparada e estudos feministas. O Premio Reina Sofía de Poesía Iberoamericana está suscrito dentro do Convenio de Cooperación Cultural entre a Universidad de Salamanca e Patrimonio Nacional. O galardón está dotado con 42.000 euros e ten por obxecto premiar o conxunto da obra poética dunha autora ou autor vivo que, polo seu valor literario, constitúa unha aportación relevante ao patrimonio cultural común de Iberoamérica e España.
Tivemos a sorte de contar coa presenza de Ana Luísa Amaral, xunto aos prezados Xabier P. DoCampo e Xosé Cobas na Biblioteca Central Rialeda o 6 de maio de 2005 cando a biblioteca acolleu a bonita actividade "Estafeta do Conto", na que participaron o escritor galego, a escritora portuguesa, e o ilustrador galego, ademais de 35 nenas-os de 10 e 11 anos, do CEIP Valle-Inclán (Perillo). Rialeda foi seleccionada, xunto con outras bibliotecas do resto de Galicia, para levar a cabo esta iniciativa que organizou a Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo. A actividade consistíu na elaboración dun conto colectivo entre nenas-os galegas-os e portuguesas-es conducidos polo escritor galego Xabier P. Docampo e a escritora portuguesa Ana Luísa Amaral. O conto iniciábase nunha biblioteca galega, viaxaba a unha portuguesa, volvendo a outra biblioteca galega para rematar nunha portuguesa. O resultado desta creación entre nenas-os de Oleiros, a poeta portuguesa e o escritor galego foi engadido a outros tres contos que foron elaborados coa mesma dinámica e que contaron coa participación doutras-os creadoras-es galegas-os e lusas-es.8/6/21
Eric Carle (1929-2021): expo de eirugas, elefantes, camaleóns e papás que acadan lúas
Esta historia engaiola a nenas-os de todo o mundo polo seu humor e as cores das ilustracións feitas en colaxe, papeis pintados a man e recortados que conforman imaxes brillantes. Moitos dos seus libros teñen páxinas esfuracadas, luces que pestanexan e sons, o que o convertíu nun precursor dos álbumes para ler e xogar. Outro dos seus libros máis lidos e xogados nas nosas bibliotecas é "Papá, por favor, achégame a lúa", "Papá, por favor, consígueme la luna" en castelán.
Na Biblioteca Central Rialeda (Perillo) fixemos unha expo co libro da eiruga e os outros bichiños deseñados por Carle para que os sigas gozando na túa casa.
Tertulia literaria (virtual) en Rialeda: 9 xuño 2021 (Grupo B). Remate da tempada

Comentario de Madres e hijas, relatos recopilados por Laura Freixas
Documentación
Nun ano difícil con cambio de formato da tertulia, agradecemos a comprensión e agarimo de todas/os os participantes.
Vémonos en outono!
7/6/21
Expo de libros na Biblioteca Mª José Trincado (Mera): "O apoio incondicional das nosas nais e pais é o mellor lugar para crecer"
5/6/21
Día Mundial do Medio Ambiente e verán na Biblioteca Xograr Mendiño (Lorbé)
Co motivo de concienciar á poboación sobre o coidado do Planeta e para
celebrar o Día Mundial do Medio Ambiente (5 de xuño), na Biblioteca Municipal Xograr Mendiño (Lorbé) poderás contemplar unha exposición bibliográfica
sobre o tema e carteis informativos elaborados con materiais reciclados.
4/6/21
Recomendacións en Radioleiros: 4 xuño 2021

Atrapamiradas de Marina Núñez con ilustracións de Avi Ofer
Kalandraka, 2020
Vera érguese disposta a atopar unha solución a algo que está a preocupala. Para isto contará coa axuda da súa avoa Marga, e os resultados serán mellores do que agardaba!. Un libro optimista con estupendas ilustracións de Avi Ofer.
- Mozas/os e adultas/os:
O tempo das mareas: María Casares e Galicia de María LopoConsello da Cultura Galega, 2016
Unha vida chea de experiencias co exilio a unha idade moi nova conforman este libro que supón un paseo polo século XX, partindo do nacemento na Coruña, os veráns en Oleiros, uns anos en Madrid e o posterior asentamento en París co comezo da Guerra Civil. A pesar da distancia, María Casares non esqueceu a terra na que naceu nen as súas xentes.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
Salvavidas de papel! na Biblioteca de Santa Cruz
Grazas a esos libros que atopaches un día na biblioteca ou que a túa bibliotecaria favorita che recomendou salvaches unha tarde aburrida, enganchácheste á lectura e disfrutaches comentando o argumento e a historia con outr@s lector@s
Esta mostra bibliográfica estará dispoñible na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz) desde xuño ata agosto.
Viaxamos... por fin! na Biblioteca de Santa Cruz
Esta mostra bibliográfica estará dispoñible desde xuño ata agosto.
3/6/21
Illas, mares e piratas!!! na Biblioteca Mª José Ruso (Dorneda)
Para conmemorar o Día Mundial dos Océanos este mes de xuño podes visitar na Biblioteca Municipal Mª José Ruso (Dorneda) a mostra Illas, mares e piratas!!!, formada por libros, revistas e pelis da nosa biblio cos que poderás aprender unha chea de cousas interesantes sobre os oceános e o mundo da piratería.
Novidades Libros Xuño 2021
Pulsa na imaxe para visualizar a guía
2/6/21
"Lecturas de ida e volta" na Biblioteca Manuel María (Oleiros)
Os libros desta exposición son viaxeiros e pasarán connosco boa parte do verán. Podes levalos en préstamo durante 21 días e logo devolvelos na Biblioteca Municipal Manuel María (Oleiros), na que están de visita, para que poidan seguir o seu camiño. Tertulia literaria (virtual) en Rialeda: 2 xuño 2021 (Grupo A). Remate da tempada

Comentario de La impaciencia del corazón, de Stefan Zweig
Documentación
Agradecemos ás participantes a súa fidelidade e agarimo neste atípico ano, especialmente a súa dispoñibilidade ao cambio de formato da actividade.
Vémonos en outono!
1/6/21
Tertulia literaria (virtual) en Santa Cruz: martes 1 xuño 2021 (Grupo B). Remate da tempada

Comentario de Me llamo Lucy Barton, de Elizabeth Strout
Documentación
Esta sesión pon punto final á tempada nas tertulias da Biblioteca de Santa Cruz. Queremos agradecervos a fidelidade, a comprensión e o agarimo amosados neste ano tan complicado.
Vémonos novamente en outono!!!
















