Co motivo de concienciar á poboación sobre o coidado do Planeta e para
celebrar o Día Mundial do Medio Ambiente (5 de xuño), na Biblioteca Municipal Xograr Mendiño (Lorbé) poderás contemplar unha exposición bibliográfica
sobre o tema e carteis informativos elaborados con materiais reciclados.
Ademais,
para inaugurar o comezo do verán, hai unha exposición bibliográfica de
recomendacións infantís e xuvenís para esta estación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario