
Comentario de República luminosa, de Andrés Barba
Documentación
Seguinte lectura: Unha viaxe pola lírica medieval

"El hombre que compró la ciudad de Estocolmo" de Gianni Rodari. Ilustracións de Javier Zabala. En SM.
Divertido relato de Rodari cunha parte de humor absurdo no que un barbeiro merca a cidade de Estocolmo. Libro en formato grande cun fabuloso valor estético.
- Mozas-os e adultas-os:
"Servir era o pan do demo: historia da vida cotiá en Galicia: séculos XIX e XX" de Xavier Castro. Editado por Galaxia.
Cunha linguaxe achegada ao gran público, Xavier Castro achéganos a como bebían, comían, cantaban, namoraban… os galegos e as galegas en función da súa clase social. Unha viaxe no tempo de sumo interese.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
O proxecto titúlase “Viaxando coa lectura”, en alusión á esta época na que non se poden facer moitos viaxes reais, pero si coa lectura e coa imaxinación. Nel descríbense as actividades de promoción da lectura e de extensión cultural planificadas pola Biblioteca Central Rialeda para o ano 2020 e que se puideron levar a cabo.
Seleccionaron 310 proxectos promovidos por bibliotecas de municipios con menos de 50.000 habitantes nos que se recoñecen as mellores iniciativas de promoción lectora a nivel de todo o Estado.
Esta subvención destinarase á adquisición de libros para as bibliotecas municipais, en función das súas necesidades, e para completar os seus fondos bibliográficos en beneficio de todos os veciños e veciñas do municipio.
Grazas por participar nas nosas actividades, grazas por facer biblioteca!!!

Comentario de Vestido de novia, de Pierre Lemaitre
Documentación
Seguinte lectura: O exército de fume, de Manuel Gago

O exército de fume, de Manuel GagoRecomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
54 novas incorporacións no 2º andar da Biblioteca Central Rialeda
En relato curto foi igualmente galardoado co Premio Nacional de Literatura e o Premio da Critica pola súa obra "La ruina del cielo" (2000). No ano 2012 recibe o Premio Francisco Umbral ao libro do ano, coa obra "La cabeza en llamas".
Luis Mateo Díez considera o Premio Nacional das Letras Españolas un recoñecemento otorgado polos seus lectores e lectoras.
«Soy un autor extenso porque hay mucho que contar en mi mundo; es una fuente que sigue manando. Tengo el alma vendida al diablo desde hace mucho tiempo»
Luis Mateo Díez é o creador do territorio imaxinario de Celama, onde se desenrolan tres novelas "El espíritu del páramo", "La ruina del cielo" e "El oscurecer".
As súas novelas están protagonizadas por "heroes" do fracaso, xentes vitalistas e persoas apegadas á unha vida superada polos ímpetos.
Na Biblioteca Central Rialeda poñemos a túa disposición unha selección de obras para levar en préstamo. #bibliotecasegura #culturasegura
Obras de Luis Mateo Díez nas Bibliotecas de Oleiros
fontes: eldiario.es, diariodeleon.es
- Intantil (a partir de 10 anos):En cumprimento da Orde do 4 de novembro de 2020 (DOG nº 223, de 4 de novembro de 2020) pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia e en aplicación das medidas de prevención específicas nos concellos a que se refire o número catro do punto segundo de dita orde, temos que suspender, desde o día 9 de novembro, as actividades programadas nas Bibliotecas Públicas Municipais, como son as sesións da Hora do conto e as Tertulias literarias.

Las cartas de Chawton, de Jane Austen Pulsa sobre a imaxe para descargar a guía
Infancia. Morte. Natureza. Castela. Mundo rural... eis os principais leitmotiv da obra literaria de Delibes. Temas recorrentes debatidos nas tertulias literarias das nosas bibliotecas e suxeridos nas Recomendacións en Radioleiros. O 17 de outubro de 2020 celebrouse o centenario do nacemento de Miguel Delibes. Bibloleiros súmase ao conxunto de institucións que conmemoran o nacemento do escritor nado en Valladolid e nas bibliotecas municipais de Oleiros ofrecémosche exposicións bibliográficas adicadas á obra do autor valisoletano. Entre moitas entidades que podes visitar vitualmente, a Fundación Miguel Delibes, a Biblioteca Nacional, o xornal El norte de Castilla, impulsan unha serie de actividades destinadas a divulgar aspectos da súa vida e da súa obra. Tamén podes gozar en GaliciaLe das seguintes obras: "La bruja Leopoldina y otras historias reales", "Cinco horas con Mario", "Siestas con viento sur", "El hereje", "Los niños", "El camino" e "Vivir al día". Na Rede hai moitos recursos audiovisuais sobre Miguel Delibes, seleccionamos para ti: "La voz de Delibes", "Delibes, la X de Max", "Miguel Delibes a fondo", "Miguel Delibes, 100 años", "Delibes a los cien".
