6/2/20

Entroido 2020 en Bibloleiros: de 14 a 20 de febreiro


Nas Bibliotecas de Oleiros celebramos o entroido con obradoiros nos que as-os nenas-os participantes realizarán peliqueiros articulados e outras figuras da festa por excelencia dos disfraces e as carautas e coñecerán as características das máscaras desta festa tadicional.

*Dirixido a nenas e nenos a partir de 6 anos.
*Máximo de participantes en cada obradoiro: 20.
*Imprescindible inscribirse na biblioteca na que desexen participar. Podes facelo telefonicamente ou achegándote á biblioteca correspondente. O prazo para inscribirse ábrese 10 días antes da data de realización da actividade.
*Hora: 17:30.

- Venres 14 de febreiro
Biblioteca Pública Municipal Mª José Trincado. (Mera)
Tel.: 981 628 507
- Venres 14 de febreiro
Biblioteca Pública Municipal Ánxel Fole. (Nós)
Tel.: 981 664 257
- Luns 17 de febreiro
Biblioteca Pública Municipal Mª José Ruso. (Dorneda)
Tel.: 981 626 638
- Martes 18 de febreiro
Biblioteca Pública Municipal Manuel María. (Oleiros)
Tel.: 981 610 700
- Martes 18 de febreiro
Biblioteca Pública Municipal Xograr Mendiño. (Lorbé)
Tel.: 981 618 201
- Mércores 19 de febreiro
Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro. (Santa Cruz)
Tel: 981 626 338
- Xoves 20 de febreiro
Biblioteca Central Rialeda. (Perillo)
Tel.: 981 639 511

Clica na ligazón para ver os recursos que temos sobre o Entroido en Bibloleiros: gastronomía, festas, etc.

Actividades de promoción da lectura: de 10 a 14 de febreiro 2020

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-31672.pdf
Programa de actividades de promoción da lectura que Bibloleiros organiza para os centros de ensino do Concello, de 10 a 14 de febreiro:
Luns 10 de febreiro:
- 9:00 e 11:30: Alumnas-os de 1º de ESO
do IES Neira Vilas (Perillo).
"Micro BD" con Miguel Cuba.
Martes 11 de febreiro:
- 9:00 e 11:35: Alumnas-os de 1º de ESO
do IES Miraflores (Oleiros).
"Ilustrando en verso" a cargo de Enrique López.
Mércores 12 de febreiro:
- 9:00: Alumnas-os de 1º de ESO do IES Miraflores (Oleiros).
"Ilustrando en verso" a cargo de Enrique López.
Xoves 13 de febreiro:
- 9:00 e 11:35: Alumnas-os de 4º de ESO do IES Miraflores (Oleiros).
"Animalario con Luís Seoane" a cargo de Isabel Pintado.
Venres 14 de febreiro:
- 9:00 e 11:30: Alumnas-os de 2º de Bacharelato do IES Miraflores (Oleiros).
"Do fantástico ao neofantástico" con Isabel Andrés .
Martes 11 de febreiro:
- 9:00 e 11:15: Alumnas-os de
1º de ESO do IES María Casares (Santa Cruz).
"Libreando" a cargo de Isabel Pintado.
Mércores 12 de febreiro:
- 9:00 e 11:15: Alumnas-os de 1º de ESO do IES María Casares (Santa Cruz).
"Libreando" a cargo de Isabel Pintado.
Xoves 13 de febreiro:
- 10:30 e 12:00: Alumnas-os de 4º de ESO do IES María Casares e de 5º de EP do CEIP Isidro Parga Pondal (Santa Cruz).
"Chove miudiño" a cargo de Soledad Felloza.
Na Biblioteca Manuel María (Oleiros)
Martes 11 de febreiro:
- 11:00 e 12:20: Alumnas-os de 3º de EP
do CEIP Rabadeira (Oleiros).
"Smara" con Charo Pita
Mércores 12 de febreiro:
- 11:00: Alumnas-os de 3º de EP
do CEIP Rabadeira (Oleiros).
"Smara" con Charo Pita.

4/2/20

Actividades de promoción da lectura: 7 de febreiro 2020

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-31672.pdf
Programa de actividades de promoción da lectura que Bibloleiros organiza para os centros de ensino do Concello, 7 de febreiro:

Biblioteca Central Rialeda (Perillo) 
Venres 7 de febreiro:
- 9:00 e 11:30: Alumnas-os de 3º de ESO do IES Neira Vilas (Perillo).
"O bo, se breve..." con Isabel Andrés.

3/2/20

Hora do conto e actividades infantís, de febreiro a maio, nas Bibliotecas Municipais. Gózaas!!!

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-31645.pdfSerán unha morea de actividades de promoción da lectura dirixidas a nenas-os e adolescentes entre os meses de febreiro e maio as que poderás gozar nas sete Bibliotecas Municipais de Oleiros. Moitas oportunidades para que nos visites no teu tempo de lecer. Xa que o aforo é limitado é imprescindible que reserves praza na biblioteca en que se desenvolva cada unha das actividades. O prazo para inscribirse ábrese 10 días antes da data de realización da actividade. Podes facelo chamando por teléfono ou achegándote persoalmente!!!
Pretendemos que as nenas-os se divirtan escoitando contos, descubran a diversidade dos libros e o pracer pola lectura e aquelas-os nenas-os aos que xa vos gusta ler afiancedes este marabilloso hábito.
Comprender, divertirse e reflexionar son os tres principais puntos en que se basea esta actividade. Participarán Charo Pita, Soledad Felloza, Sonia Ojea, Anxo Fariña, Caxoto, Fátima Fernández, Ramiro Neira, Paula Carballeira, El caldero de peltre, Miguel Cuba, Trinke Trinke, Ciencia en ruta, Trémola Teatro, Olga Abad e Enrique López. Estas actividades de animación á lectura realizaranse de forma lúdica, activa e participativa, fomentando a imaxinación e a creatividade.
Para a-o nena-o, a palabra oída exerce unha gran fascinación. O conto ou a poesía incorpórano a unha cultura que lle pertence, fanno partícipe dunha creación colectiva e outórganlle signos de identidade. O libro oído, visto, tocado, como lectura compartida con outras nenas e nenos, axudaralle no seu contacto coa letra impresa, motivando unha lectura gozosa.
A través do universo máxico dos contos desenvólvese a imaxinación, a fantasía e a capacidade de fabulación de quen escoita. Trátase de espertar unha sensibilidade que faga descubrir o pracer que pode proporcionar a lectura, que os nenos e nenas vexan que tamén se poden divertir e pasar momentos moi agradables cos libros.

As idades para as que se recomenda cada actividade son orientativas para facilitar a súa comprensión.

Ofrecemos as que terán lugar de 7 a 13 de febreiro (clica na ligazón para ter o calendario completo):
Todos os actos serán ás 18:30
Biblioteca Pública Municipal “Ánxel Fole”. Nós
Venres 7 de febreiro
Para bebés de 1 a 3 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 664 257)  
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULO: “É meu”

Biblioteca Pública Municipal "Mª José Trincado". Mera
Venres 7 de febreiro
Para nenas-os a partir de 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 628 507)  
CONTACONTOS: Paula Carballeira
TÍTULO: “Contos para escoitar mentres comes pan”

Biblioteca Pública Municipal "Mª Ruso". Dorneda
Luns 10 de febreiro
Para bebés de 1 a 3 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 638)  
CONTACONTOS: Trinke Trinke
TÍTULO: “Paxariños”

Biblioteca Pública Municipal "Rosalía de Castro". Santa Cruz
Mércores 12 de febreiro
Para bebés de 1 a 3 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 338)  
CONTACONTOS: Charo Pita
TÍTULO: “Nanocontos”

Biblioteca Central Rialeda. Perillo
Xoves 13 de febreiro
Para nenas-os a partir de 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 639 511)  
CONTACONTOS: Trinke Trinke
TÍTULO: “Riciños de ouro e os tres osos”

31/1/20

Expo bibliográfica adicada a Concepción Arenal en Rialeda

https://youtu.be/hESNJedv95U
Escritora. Xornalista. Activista. Feminista. Precursora. Xurista. Intelectual.

O 31 de xaneiro de 2020 celébrase o bicentenario do nacemento de Concepción Arenal. Numerosas institucións (Universidade de Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, Ateneo de Santiago, Biblioteca Nacional, etc.) van organizar conferencias, exposicións e congresos ao longo deste ano para dar a coñecer as múltiples facetas da muller nacida en Ferrol que foi vangarda na defensa dos dereitos das mulleres, loitadora incansable pola mellora das condicións de vida da poboación reclusa e que teceu con fíos solidarios unha sociedade xusta e igualitaria. 
Bibloleiros súmase á divulgación da súa obra cunha expo bibliográfica no vestíbulo da Biblioteca Central Rialeda.  
A imaxe que ilustra este post pertence ao bronce coa efixie de Concepción Arenal, no monumento adicado a ela, ubicado nos Xardíns Méndez Núñez de A Coruña. Foi realizado en 1916 por Rafael González Villar, arquitecto da Biblioteca Central Rialeda.



Recomendacións en Radioleiros: 31 xaneiro 2020

https://youtu.be/uk9ZJ1GJZ7Y
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1285801&branch_group_limit_txt=Oleiros-Bibliotecas%20P%C3%BAblicas%20Municipais&branch_group_limit=multibranchlimit-OLE- Infantil (a partir de 6 anos):

Caramulo e a carpinteira dos soños, de Anxo Moure, con ilustracións de Cristina Ouro
Baía

O escritor e contacontos Anxo Moure tráenos unha historia que recolle o xeito de contar da tradición oral dirixido á xente pequena. Cunha temática na que está presente a natureza e o mundo dos xoguetes tradicionais, desenvolve unha historia na que a corredora e carpinteira Fernanda bate cun tronco e comeza a traballar coas súas ferramentas.

- Mozas/os e adultas/os:

El sombrero de Vermeer: los albores del mundo globalizado en el siglo XVII, de Timothy Brook
Tusquets

Os cadros do pintor holandés Jan Vermeer de Delft (1635-1680) son o fondo que explica o mundo da súa época: a expansión cara terras lonxanas, desexoso de novos produtos e á vez, desconcertado diante de pobos e costumes descoñecidos. As minas do Potosí e os mares da China aparecen neste libro que abre numerosas portas aos lectores curiosos.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

24/1/20

Recomendacións en Radioleiros: 24 xaneiro 2020

https://youtu.be/c3yMfZ6FdB8
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1390916&branch_group_limit_txt=Oleiros-Bibliotecas%20P%C3%BAblicas%20Municipais&branch_group_limit=multibranchlimit-OLE- Infantil (a partir de 6 anos):

El iglú, de Jesús López Moya, con ilustracións de Zuriñe Aguirre

A súbita aparición dun iglú nunha vila pequena provoca medo e desconfianza.

Un texto de actualidade para que os máis novos teñan un motivo de reflexión nun mundo complexo. Magníficas ilustracións de Zuriñe Aguirre.

- Mozas/os e adultas/os:

Tres pintores, de Cid Cabido
Xerais

Na primavera de 1984 un vigués discute coa moza e despois de durmir no seu Renault 8 decide marchar a París acompañado dun amigo. Unha viaxe de varios días que constitúe unha experiencia vital dun tempo xa pasado que trae lembranzas.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.