Escritora. Xornalista. Activista. Feminista. Precursora. Xurista. Intelectual.
O 31 de xaneiro de 2020 celébrase o bicentenario do nacemento de Concepción Arenal. Numerosas institucións (Universidade de Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, Ateneo de Santiago, Biblioteca Nacional, etc.) van organizar conferencias, exposicións e congresos ao longo deste ano para dar a coñecer as múltiples facetas da muller nacida en Ferrol que foi vangarda na defensa dos dereitos das mulleres, loitadora incansable pola mellora das condicións de vida da poboación reclusa e que teceu con fíos solidarios unha sociedade xusta e igualitaria.
Bibloleiros súmase á divulgación da súa obra cunha expo bibliográfica no vestíbulo da Biblioteca Central Rialeda.
A imaxe que ilustra este post pertence ao bronce coa efixie
de Concepción Arenal, no monumento adicado a ela, ubicado nos Xardíns
Méndez Núñez de A Coruña. Foi realizado en 1916 por Rafael González
Villar, arquitecto da Biblioteca Central Rialeda.
No hay comentarios:
Publicar un comentario