Serán unha morea de actividades de promoción da lectura dirixidas a nenas-os e adolescentes entre os meses de febreiro e maio as que poderás gozar nas sete Bibliotecas Municipais de Oleiros. Moitas oportunidades para que nos visites no teu tempo de lecer. Xa que o aforo é limitado é imprescindible que reserves praza na biblioteca en que se desenvolva cada unha das actividades. O prazo para inscribirse ábrese 10 días antes da data de realización da actividade. Podes facelo chamando por teléfono ou achegándote persoalmente!!!
Pretendemos que as nenas-os se divirtan escoitando contos, descubran a diversidade dos libros e o pracer pola lectura e aquelas-os nenas-os aos que xa vos gusta ler afiancedes este marabilloso hábito.
Comprender, divertirse e reflexionar son os tres principais puntos en que se basea esta actividade. Participarán Charo Pita, Soledad Felloza, Sonia Ojea, Anxo Fariña, Caxoto, Fátima Fernández, Ramiro Neira, Paula Carballeira, El caldero de peltre, Miguel Cuba, Trinke Trinke, Ciencia en ruta, Trémola Teatro, Olga Abad e Enrique López. Estas actividades de animación á lectura realizaranse de forma lúdica, activa e participativa, fomentando a imaxinación e a creatividade.
Para a-o nena-o, a palabra oída exerce unha gran fascinación. O conto ou a poesía incorpórano a unha cultura que lle pertence, fanno partícipe dunha creación colectiva e outórganlle signos de identidade. O libro oído, visto, tocado, como lectura compartida con outras nenas e nenos, axudaralle no seu contacto coa letra impresa, motivando unha lectura gozosa.

A través do universo máxico dos contos desenvólvese a imaxinación, a fantasía e a capacidade
de fabulación de quen escoita. Trátase de espertar unha sensibilidade
que faga descubrir o pracer que pode proporcionar a lectura, que os
nenos e nenas vexan que tamén se poden divertir e pasar momentos moi
agradables cos libros.
As idades para as que se recomenda cada actividade son orientativas para facilitar a súa comprensión.
Ofrecemos as que terán lugar de 7 a 13 de febreiro (clica na ligazón para ter o calendario completo):
Todos os actos serán ás 18:30
Biblioteca Pública Municipal “Ánxel Fole”. Nós
Venres 7 de febreiro
Para bebés de 1 a 3 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 664 257)
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULO: “É meu”
Biblioteca Pública Municipal "Mª José Trincado". Mera
Venres 7 de febreiro
Para nenas-os a partir de 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 628 507)
CONTACONTOS: Paula Carballeira
TÍTULO: “Contos para escoitar mentres comes pan”
Biblioteca Pública Municipal "Mª Ruso". Dorneda
Luns 10 de febreiro
Para bebés de 1 a 3 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 638)
CONTACONTOS: Trinke Trinke
TÍTULO: “Paxariños”
Biblioteca Pública Municipal "Rosalía de Castro". Santa Cruz
Mércores 12 de febreiro
Para bebés de 1 a 3 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 338)
CONTACONTOS: Charo Pita
TÍTULO: “Nanocontos”
Biblioteca Central Rialeda. Perillo
Xoves 13 de febreiro
Para nenas-os a partir de 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 639 511)
CONTACONTOS: Trinke Trinke
TÍTULO: “Riciños de ouro e os tres osos”
No hay comentarios:
Publicar un comentario