3/4/18

Hora do conto e actividades infantís: 3 a 6 de abril 2018

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-27478.pdf
Todas as actividades terán lugar ás 18:30  
Para celebrar o Día Internacional do Libro Infantil (2 de abril), ofrecemos as seguintes actividades:

Biblioteca Pública Municipal Manuel María. (Oleiros)
Martes 3 de abril

Para nenas-os a partir de 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 610 700)
CONTACONTOS: Soledad Felloza
TÍTULO: “Volta a casa”

Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro. (Santa Cruz)
Mércores 4 de abril
     
Para nenas-os de a partir de 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 338)
CONTACONTOS: Pablísimo
TÍTULO: “Contiario”
 

Biblioteca Central Rialeda. (Perillo)
Xoves 5 de abril
              
Para nenas-os a partir de 4 anos
(imprescindible reservar praza, tlf.: 981 639 511) 

ARTISTA: Paco Nogueiras
CONCERTO: “Brinca vai!: de aquí a acolá”  

Biblioteca Pública Municipal Xograr Mendiño. (Lorbé)
Xoves 5 de abril
      
Para nenas-os a partir de 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 618 201)
CONTACONTOS: Lilí Gruyère de Trinke Trinke
TÍTULO: “Cores e persoas”
 

Biblioteca Pública Municipal Ánxel Fole. (Nós)
Venres 6 de abril
        
Expo Libros para soñar (Ed. Kalandraka)
Para nenas-os a partir de 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 664 257)
CONTACONTOS: Lilí Gruyère de Trinke Trinke
TÍTULO: “Avós”

Biblioteca Pública Municipal Mª José Trincado. (Mera)
Venres 6 de abril
 

Para nenas-os a partir de 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 628 507)
CONTACONTOS: Ana Carreira
TÍTULO: “Contos entre libros”

27/3/18

Actividades de promoción da lectura: de 3 a 6 de abril 2018

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-27835.pdf
Programa de actividades de promoción da lectura que Bibloleiros organiza para os centros de ensino do Concello, de 3 a 6 de abril:

Na Biblioteca Central Rialeda (Perillo) 
Martes 3 de abril:
- 9:30: Alumnas-os de 4º de ESO do
IESP Neira Vilas (Perillo).
"Espectáculo poético visual" con Yolanda Castaño. 
- 11:00: Alumnas-os de 2 e 3 anos de Abelliñas.
"Un conto para bebés" con Charo Pita.
Mércores 4 de abril:
- 11:45: Alumnas-os de 4º de ESO do
IESP Neira Vilas (Perillo).
"Fogóns poéticos", con Isabel Andrés. 
Xoves 5 de abril:
- 10:15: Alumnas-os de 4º de Infantil do
CEIP Valle-Inclán (Perillo).
"Contiario", con Pablísimo.
 
Venres 6 de abril:
- 10:30: Alumnas-os de 4º de Infantil do
CEIP Juana de Vega (Nós).
"Bechos e máis bechos", con Charo Pita.
 


Na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz) 
Martes 3 de abril:
- 9:30 e 11:45: Alumnas-os de 1º de Bacharelato do IES María Casares (Santa Cruz).
"Do fantástico ao neofantástico", con
Isabel Andrés. 
Mércores 4 de abril:
- 9:30: Alumnas-os de 1º de Bacharelato do IES María Casares (Santa Cruz).
"Do fantástico ao neofantástico", con Isabel Andrés. 
Xoves 5 de abril:  
- 9:30 e 11:45: Alumnas-os de 3º de ESO do IES Miraflores (Oleiros).
"O bo si breve", a cargo de Isabel Andrés. 
Venres 6 de abril:  
- 9:30: Alumnas-os de 1º de Bacharelato do IES Miraflores (Oleiros).
"Enxeñaría teatral", a cargo de Isabel Andrés. 
- 11:45: Alumnas-os de 3º de ESO do IES Miraflores (Oleiros).
"O bo si breve", a cargo de Isabel Andrés.

Máis info das nosas actividades, programas, documentación, publicacións, etc., na nosa web http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/bibliotecas, o blog das Bibliotecas Públicas Municipais de Oleiros e en twitter @bibloleiros

23/3/18

Recomendacións en Radioleiros: 23 marzo 2018

 https://youtu.be/1Lxm8O_dx0I
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1082899&viewallitems=1&offset=20&homebranch=&ob=barcode&sb=ASC- Infantil:
"Cor animal" texto de Agustín Agra e ilustracións de Maya Hanisch. En Faktoría K.
Usando o collage como técnica a chilena Maya Hanisch desenvolve as habilidades e curiosidades de trinta animais cun texto de Agustín Agra para nenas e nenos de seis anos en adiante. Gran valor pedagóxico para educar nos valores medioambientais.
- Mozas-os e adultas-os:
"China: la edad de la ambición" de Evan Osnos. Editado por El hombre del tres.
Unha testemuña da China actual da man deste xornalista que viviu varios anos neste país e soubo entender os seus parámetros sociolóxicos. Finalista do  Pulitzer e premiado co National Book Award de 2014.
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1242289

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

22/3/18

"Libros para soñar": a expo itinerante de obras de Kalandraka xa está en Santa Cruz!!!

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=65429&folderId=122717&name=DLFE-27640.pdf
https://photos.app.goo.gl/nKoCIHqUFaEvSHBH2Do 21 ao 28 de marzo poderás ver a exposición itinerante de 80 libros infantís e xuvenís publicados pola editorial Kalandraka na Biblioteca Municipal "Rosalía de Castro" (Santa Cruz). 

Moitos deles son obras clásicas da literatura infantil e xuvenil, entre os que podemos destacar títulos como: O coelliño branco, A cebra Camila, A que sabe a lúa?, A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza...
 
A visita á exposición é libre. Esta expo viaxará despois á Biblioteca Municipal "Ánxel Fole" (Nós). Cada exposición vai acompañada dunha actuación que ten aforo limitado. É imprescindible reservar praza na biblioteca correspondente ou chamando por teléfono. O prazo de inscrición é de 10 días antes da data de celebración.

20/3/18

21 de marzo: día da poesía en Bibloleiros

http://www.yolandacastano.com/
Nas Bibliotecas Municipais de Oleiros celebraremos o día da poesía con diversas actividades:

Na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz)
- O martes 20 e o mércores 21 de marzo espectáculo poético visual a cargo de Yolanda Castaño con recitado de poemas da súa autoría para alumnado de 2º de ESO do IES Miraflores (Oleiros).

- Na semana de 19 a 23 de marzo, para usuarias-os infantís, faremos "Pictopoesías“: as nenas e nenos que o desexen poden facer versos utilizando unha ferramenta de Internet denominada “Pictotraductor”, que emprega pictogramas que fan máis doada a lectura.
Cada vez máis os libros teñen que buscar fórmulas que cheguen a todas-os as-os lectoras-es, no noso caso ás-aos usuarias-os da biblioteca, pensando tamén naquelas nenas e nenos que en moitas ocasións teñen dificultades de decodificación, comprensión, atención e concentración...
Do 21 ao 28 de marzo visita a exposición de libros infantís de poemas.

Na Biblioteca Central Rialeda (Perillo)
- Eu leo a...: O 21 de marzo ofreceremos marcapáxinas conmemorativos deste día a todas as persoas que leven en préstamo un libro de poesía escrito en calquera idioma. Son 16 autoras as que "ilustran" cos seus versos os marcapáxinas que agasallamos e animan a escoller as súas obras ou as doutras autor
http://www.mecd.gob.es/cultura/areas/libro/mc/observatoriolect/destacados/2018/marzo/observatorio/descubre-poeta.htmlas. Entre elas, Emma Pedreira, Marilar Aleixandre, Claribel Alegría, Wislawa Szymborska, Rebeca Baceiredo, Edith Södergran, Diana Varela, Sylvia Plath, Eva Veiga, Ledicia Costas, Olalla Cociña.

- O Observatorio de la Lectura y el Libro pon en marcha a campaña #descubrealpoeta. Trátase de averiguar a identidade dunha-dun poeta coa axuda de 8 pistas sobre a súa vida e obra. As pistas irán aparecendo na conta en Twitter @observalibro, dúas ao día, até o 23 de marzo. O 24 e 25 de marzo aparecerán todas as pistas e se poderá participar até o 25 de marzo, ás 24:00 horas, enviando tuits a @observalibro coa etiqueta #descubrealpoeta e o nome da-do poeta que hai que descubrir. As-os gañadoras-os, 3 en total, serán elixidas-os por sorteo entre as-os participantes que acertasen e serán anunciadas-os o 3 de abril. Cada unha-o recibirá un lote de libros de poesía.

Obradoiros para a inclusión social na Biblioteca Central Rialeda

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-27770.pdf
Asociación Participa para a Inclusión Social
Dirixidos a nenas e nenos de 8 a 12 anos (12 participantes en cada sesión), celebraranse ás 18:30 h.
 
É imprescindible reservar praza na Biblioteca Central Rialeda chamando ao 981 639 511. O prazo para inscribirse comeza 10 días antes da realización de cada actividade.

Os obxectivos son informar e sensibilizar a nenas e a nenos sobre a realidade social próxima, a situación das persoas con diversidade funcional, e as posibilidades dunha convivencia e interrelación activa. Xerar actitudes e comportamentos prosociais a favor da normalización social das persoas con diversidade funcional.

- Xoves 22 de marzo: Satélites colgantes
Actividade para que cada participante constrúa un colgante decorativo a partir dun xogo previo sobre as constelacións. Actividade para nenas-os con discapacidade intelectual con autonomía para participar soas-sós co apoio de técnicos especialistas e nenas-os sen afectación.

- Xoves 26 de abril: Onde viven os trasnos
Actividade de montaxe colectiva (con material de reciclaxe) dun fogar inventado para varios personaxes.
Actividade para nenas-os en situación de risco social con autonomía para participar soas-sós co apoio de técnicos especialistas e nenas-os sen afectación.

- Xoves 24 de maio: Historias diferentes    
Actividade de relatos curtos escenificados a partir dos personaxes de varios libros sobre a inclusión da diversidade. Actividade para nenas-os con autismo e síndrome de Asperger con autonomía para participar soas-sós co apoio de técnicos especialistas e nenas-os sen afectación.

16/3/18

Hora do conto e actividades infantís: 19 a 23 de marzo 2018

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-27478.pdf
Biblioteca Pública Municipal Mª José Ruso. (Dorneda)
Luns 19 de marzo, ás 17:30        
Para nenas-os a partir de 6 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 638)
MONITORADO: Pedras, artesanía e patrimonio
OBRADOIRO: “As galiñas dos ovos de conto”   

Biblioteca Pública Municipal Manuel María. (Oleiros)
Martes 20 de marzo,
ás 18:30       
Para nenas-os a partir de 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 610 700)
CONTACONTOS: Pavís Pavós
TÍTULO: “Contos que veñen e van”

Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro. (Santa Cruz)
Mércores 21 de marzo,
ás 18:30      
Para nenas-os de 1 a 3 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 338)
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULO: “Soños de contos”

Biblioteca Central Rialeda. (Perillo)
Xoves 22 de marzo,
ás 18:30               
Para nenas-os de 8 a 12 anos
(imprescindible reservar praza, tlf.: 981 639 511) 
MONITORADO: Asociación Participa para la Inclusión Social
OBRADOIRO: “Satélites colgantes”  

 
Biblioteca Pública Municipal Xograr Mendiño. (Lorbé)
Xoves 22 de marzo,
ás 18:30       
Para nenas-os a partir de 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 618 201)
CONTACONTOS: Gemola
TÍTULO: “Detective Gemola”

Biblioteca Pública Municipal Ánxel Fole. (Nós)
Venres 23 de marzo,
ás 17:30  
Para nenas-os a partir de 6 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 664 257)
MONITORADO: Sonia Ojea
OBRADOIRO: “Obradoiro de encadernación (scrapbooking)"

Actividades de promoción da lectura: de 19 a 23 de marzo 2018

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-27835.pdf
Programa de actividades de promoción da lectura que Bibloleiros organiza para os centros de ensino do Concello, de 19 a 23 de marzo:

Na Biblioteca Central Rialeda (Perillo)
Luns 19 de marzo:
- 10:15: Alumnas-os de 1º de ESO do
IESP Neira Vilas (Perillo).
"O corazón delator" con Soledad Felloza. 
Martes 20 de marzo:
- 9:30 e 11:45: Alumnas-os de 3º de ESO do
IESP Neira Vilas (Perillo).
"Sensacións debuxadas", con Manel Cráneo. 
Mércores 21 de marzo:
- 10:00 e 12:00: Alumnas-os de 6º de Primaria do
CEIP Valle-Inclán (Perillo).
"Obradoiro de ilustración", con Marina Seoane.
 
Venres 23 de marzo:
- 10:00: Alumnas-os de 6º de Primaria do
CEIP Valle-Inclán (Perillo).
"Obradoiro de ilustración", con Marina Seoane.
 


Na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz) 
Luns 19 de marzo:
- 10:30: Alumnas-os de 1º de Primaria do
CEIP Luís Seoane (Mera).
"Continentes", con Chus Álvarez.
Martes 20 de marzo:
- 9:30 e 11:00: Alumnas-os de 2º de ESO do IES Miraflores (Oleiros).
"Espectáculo poético visual", con Yolanda Castaño. 

Mércores 21 de marzo:
- 9:30 e 11:00: Alumnas-os de 2º de ESO do IES Miraflores (Oleiros).
"Espectáculo poético visual", con Yolanda Castaño.

Xoves 22 de marzo:  
- 10:35: Alumnas-os de 2º de Bacharelato do IES María Casares (Santa Cruz).
"Poesía e teatro de Federico García Lorca", a cargo de Soledad Felloza.  
Venres 23 de marzo:  
- 10:15: Alumnas-os de 5º A e B de Primaria do CEIP Luís Seoane (Mera).
"Voar sen medo", a cargo de Chus Álvarez. 

Na Biblioteca Manuel María (Oleiros)
Martes 20 de marzo:
- 10:30: Alumnas-os de 5º de Infantil do CEIP Rabadeira (Oleiros).
"Saúde afectiva: Non, aí non", con Trinke Trinke.

- 11:45: Alumnas-os de 6º de Infantil do CEIP Rabadeira (Oleiros).
"Saúde afectiva: Non, aí non", con Trinke Trinke.

Mércores 21 de marzo: 
- 10:30 e 11:45: Alumnas-os de 1º de Primaria do CEIP Rabadeira (Oleiros). 
"Saúde afectiva: Non, aí non", con Trinke Trinke.
Venres 23 de marzo: 
- 10:30 e 12:15: Alumnas-os de 2º de Primaria do CEIP Rabadeira (Oleiros). 
"Mans", con Pablísimo.

Máis info das nosas actividades, programas, documentación, publicacións, etc., na nosa web http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/bibliotecas, o blog das Bibliotecas Públicas Municipais de Oleiros e en twitter @bibloleiros

Recomendacións en Radioleiros: 16 marzo 2018

https://youtu.be/s_BNUjxfkNI
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=ti&q=feliz+feroz&branch_group_limit=multibranchlimit-OLE- Infantil (de 6 a 8 anos):

Feliz Feroz: o lobiño riquiño, de El Hematocrítico
Xerais

O protagonista é un lobiño atípico: é educado, estuda, gústalle ler, é amable, axuda ás persoas maiores a cruzar a rúa… todo isto alporiza á súa nai que xa non sabe que facer para que o seu fillo sexa realmente feroz. Así que nunha conversa co seu irmán, cóntalle o desesperada que está por esta circunstancia, así que o tío do lobiño ofrécese para educar ao seu sobriño como un verdadeiro Lobo Feroz.

- Para mozos/as e adultos/as:

https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1031321Monasterio, de Eduardo Halfon
Libros del Asteroide

O protagonista, alter ego do escritor, viaxa a Israel para asistir á voda da súa irmá cun neoiorquino ultraortodoxo. Alí vaise atopar coa parte máis radical da relixión xudía e o noso protagonista terase que enfrontar á súa herdanza relixiosa. Guiado polo que vai ser o seu cuñado, visita o barrio onde ten pensado establecerse o novo matrimonio. Todo o que ve e escoita, vai convencendo a Eduardo para tomar unha decisión con respecto a voda da súa irmá.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

11/3/18

Hora do conto e actividades infantís: de 14 a 16 de marzo de 2018

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-27478.pdf
Biblioteca Pública Municipal "Rosalía de Castro". Santa Cruz
Mércores 14 de marzo, ás 17:30  
Para nenas-os a partir de 6 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 338)       
MONITORADO: Ciencia en ruta
ACTIVIDADE: “Obradoiro de submarinos”
Xoves 15 de marzo, ás 18:30
Para nenas-os de 1 a 3 anos
    Aforo completo!!!
CONTACONTOS: Charo Pita 
TÍTULO: “O curral de cocoricoricó”

Biblioteca Pública Municipal "Mª José Trincado". Mera
Venres 16 de marzo, ás 18:30 
Para nenas-os de 1 a 3 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 628 507)
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULO: “Colorín...”