20/3/18

Obradoiros para a inclusión social na Biblioteca Central Rialeda

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-27770.pdf
Asociación Participa para a Inclusión Social
Dirixidos a nenas e nenos de 8 a 12 anos (12 participantes en cada sesión), celebraranse ás 18:30 h.
 
É imprescindible reservar praza na Biblioteca Central Rialeda chamando ao 981 639 511. O prazo para inscribirse comeza 10 días antes da realización de cada actividade.

Os obxectivos son informar e sensibilizar a nenas e a nenos sobre a realidade social próxima, a situación das persoas con diversidade funcional, e as posibilidades dunha convivencia e interrelación activa. Xerar actitudes e comportamentos prosociais a favor da normalización social das persoas con diversidade funcional.

- Xoves 22 de marzo: Satélites colgantes
Actividade para que cada participante constrúa un colgante decorativo a partir dun xogo previo sobre as constelacións. Actividade para nenas-os con discapacidade intelectual con autonomía para participar soas-sós co apoio de técnicos especialistas e nenas-os sen afectación.

- Xoves 26 de abril: Onde viven os trasnos
Actividade de montaxe colectiva (con material de reciclaxe) dun fogar inventado para varios personaxes.
Actividade para nenas-os en situación de risco social con autonomía para participar soas-sós co apoio de técnicos especialistas e nenas-os sen afectación.

- Xoves 24 de maio: Historias diferentes    
Actividade de relatos curtos escenificados a partir dos personaxes de varios libros sobre a inclusión da diversidade. Actividade para nenas-os con autismo e síndrome de Asperger con autonomía para participar soas-sós co apoio de técnicos especialistas e nenas-os sen afectación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario