20/3/18

21 de marzo: día da poesía en Bibloleiros

http://www.yolandacastano.com/
Nas Bibliotecas Municipais de Oleiros celebraremos o día da poesía con diversas actividades:

Na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz)
- O martes 20 e o mércores 21 de marzo espectáculo poético visual a cargo de Yolanda Castaño con recitado de poemas da súa autoría para alumnado de 2º de ESO do IES Miraflores (Oleiros).

- Na semana de 19 a 23 de marzo, para usuarias-os infantís, faremos "Pictopoesías“: as nenas e nenos que o desexen poden facer versos utilizando unha ferramenta de Internet denominada “Pictotraductor”, que emprega pictogramas que fan máis doada a lectura.
Cada vez máis os libros teñen que buscar fórmulas que cheguen a todas-os as-os lectoras-es, no noso caso ás-aos usuarias-os da biblioteca, pensando tamén naquelas nenas e nenos que en moitas ocasións teñen dificultades de decodificación, comprensión, atención e concentración...
Do 21 ao 28 de marzo visita a exposición de libros infantís de poemas.

Na Biblioteca Central Rialeda (Perillo)
- Eu leo a...: O 21 de marzo ofreceremos marcapáxinas conmemorativos deste día a todas as persoas que leven en préstamo un libro de poesía escrito en calquera idioma. Son 16 autoras as que "ilustran" cos seus versos os marcapáxinas que agasallamos e animan a escoller as súas obras ou as doutras autor
http://www.mecd.gob.es/cultura/areas/libro/mc/observatoriolect/destacados/2018/marzo/observatorio/descubre-poeta.htmlas. Entre elas, Emma Pedreira, Marilar Aleixandre, Claribel Alegría, Wislawa Szymborska, Rebeca Baceiredo, Edith Södergran, Diana Varela, Sylvia Plath, Eva Veiga, Ledicia Costas, Olalla Cociña.

- O Observatorio de la Lectura y el Libro pon en marcha a campaña #descubrealpoeta. Trátase de averiguar a identidade dunha-dun poeta coa axuda de 8 pistas sobre a súa vida e obra. As pistas irán aparecendo na conta en Twitter @observalibro, dúas ao día, até o 23 de marzo. O 24 e 25 de marzo aparecerán todas as pistas e se poderá participar até o 25 de marzo, ás 24:00 horas, enviando tuits a @observalibro coa etiqueta #descubrealpoeta e o nome da-do poeta que hai que descubrir. As-os gañadoras-os, 3 en total, serán elixidas-os por sorteo entre as-os participantes que acertasen e serán anunciadas-os o 3 de abril. Cada unha-o recibirá un lote de libros de poesía.

No hay comentarios:

Publicar un comentario