21/10/17

Ler conta moito e actividades infantís: de 23 a 27 de outubro

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122717&name=DLFE-27124.pdf
Todas as sesións se celebrarán ás 18:30!!!
Biblioteca Pública Municipal “Manuel María”. Oleiros 
Martes 24 de outubro
Para nenas-os a partir de 3 anos
(imprescindible reservar praza, tlf.: 981 610 700) 
CONTACONTOS: Marisa Irimia
TÍTULO: “Contacontos de marmeleiro, anís e limón” 

Biblioteca Pública Municipal “Rosalía de Castro”. Santa Cruz
Mércores 25 de outubro
Para nenas-os a partir de 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 338)      
CONTACONTOS: Pablísimo
TÍTULO: “Mans”
Xoves 26 de outubro
Para nenas-os de 7 a 12 anos
(imprescindible reservar praza, tlf.: 981 639 511)      
MONITORADO: Gargallando
OBRADOIRO: “Fai a túa propia revista: obradoiro de autoedición”

Xoves 26 de outubro
Para nenas-os a partir de 3 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 618 201)      
CONTACONTOS: Pallaso Piruleta & CIA
TÍTULO: “Biblioteca máxica: especial Gloria Fuertes”

Biblioteca Pública Municipal "Mª José Trincado". Mera
Venres 27 de outubro
Para nenas-os a partir de 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 628 507)      
CONTACONTOS: Elefante Elegante
TÍTULO: “O xigante”
Venres 27 de outubro
Para nenas-os a partir de 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 664 257)      
CONTACONTOS: Migallas
TÍTULO: “Merenda con pan de millo”

Algúns destes actos están incluídos no programa 
http://rbgalicia.xunta.es/ler-conta-moito/da Rede de Bibliotecas de Galicia

20/10/17

Recomendacións en Radioleiros: 20 outubro 2017

https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1217484&query_desc=ti%2Cwrdl%3A%20do%20re%20mi%20fantas%C3%ADahttps://youtu.be/aQkH17gIe9E- Infantil (a partir de 6 anos):
"Do re mi fantasía", texto de Concha Blanco e ilustracións de Olaya Naveira. Editado por Bolanda.
Fermosa obra escrita con poemas e contos, acompañados dunhas simpáticas ilustracións.
No país da fantasía viven diferentes personaxes como o león Cachafeiro, D. Tomé, o vento da Serra, a gata Micha, o boneco de neve de nome Simón, un espertador, o oso Azul, o can Rabelo, o rato, as gaivotas, o rei Mustafá, a xirafa, a tía Elvira, a pulga Sabina, a vaca Lucinda, e todos eles son protagonistas das distintas poesías e contos que forman este delicioso álbum ilustrado. Entre todos os personaxes conseguirán sacar un sorriso aos nenos e nenas que se acheguen a ler esta obra.

- Mozas-os e adultas-os:
"La casa de la mezquita" de Kader Abdolah. En Salamandra.
Durante xeracións a poderosa familia Aga Yan ocupou unha posición privilexiada na tranquila cidade de Seneyán. Todo o clan vive nunha casa adosada á mesquita, debido a que esta foi construída polos antepasados. Neste momento a casa estaba habitada polas familias de tres primos: a do vendedor de alfombras Aga Yan, a do imán Alsaberi e a do muecín Aga Shoya. Nela conviven o poder espiritual e o poder económico da cidade. O poder económico ostentado por Aga Yan, o xefe do clan, que era un dos maiores comercianteshttps://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1197480 de alfombras do país. Posuía a tenda de alfombras máis antiga do zoco de Seneyán. O poder espiritual era exercido polo imán Alsaberi.
Esta novela, ao principio, relata a forma de vida destas familias, pero pouco a pouco vai contar como todo cambia cando nos anos setenta os grupos de esquerda (contrarios á occidentalización do país) e os extremistas islámicos provocan a caída do Sah e o regreso do aiatolá Jomeini. Isto marcará drasticamente o destino da familia. Aga Yan intenta vivir alonxado deses acontecementos e non implicarse, a pesar de que el tampouco está a favor
do Sah e da intromisión norteamericana no país, pero vaille afectar igualmente e dunha forma cruel e dura. Tamén vai ver como antigos empregados del e incluso membros da súa propia familia se volven en contra e nin sequera o apoian e lle axudan en momentos moi difíciles. Con Jomeini e os seus seguidores asistimos ás duras represións, ao medo, ás matanzas sen xuízos...,  todo iso sumado á guerra contra Irak.
O autor viviu todos estes feitos en primeira persoa polo que o relato é totalmente crible. Son sucesos tráxicos e duros, pero narrados magnificamente ao estilo oriental.
Unha obra excelente que retrata a forma de vida dunha poderosa familia iraní, a evolución da sociedade en Irán e os acontecementos políticos máis importantes da segunda metade do século XX neste país.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

19/10/17

19 outubro: Presentación do poemario "A elegancia do século" de Pura Tejelo no Teatro As Torres

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=32371&folderId=122717&name=DLFE-27156.pdf
Xoves 19 outubro, ás 20 h.
Entrada libre

Interveñen: Pura Tejelo (autora) coa compañía da profesora de lingua e literatura galegas Rosa García Vilariño. Contarase coa colaboración da concertista de acordeón Sabela Caamaño.

A obra "A elegancia do século", publicada pola editorial Xerais, recibiu no ano 2016 o premio Johan Carballeira no que o xurado destacou a maneira en que a autora "explora o cotián dun xeito profundo e elaborado, empregando un repertorio de imaxes que con nitidez nos trasladan á anécdota ou situación que deu orixe á reflexión lírica".

18/10/17

Fernando Aramburu, galardonado por "Patria" co Premio Nacional de Narrativa 2017

https://elpais.com/cultura/2017/10/17/actualidad/1508235702_743644.html
O escritor donostiarra Fernando Aramburu foi galardonado co Premio Nacional de Narrativa 2017 pola súa novela "Patria". O xurado destacou "a profundidade psicolóxica dos personaxes, a tensión narrativa e a integración dos puntos de vista, así como a vontade de escribir unha novela global sobre uns anos convulsos no País Vasco".
 
O premio, concedido polo Ministerio de Educación, Cultura y Deporte está dotado con 20.000 euros e distingue a obra dun autor español escrita en calquera das linguas oficiais editadas en España durante 2016.
A novela foi un éxito de crítica e público nada máis saír do prelo. En catro meses colocouse no número 10 da lista de libros máis vendidos de 2016. En 2017 obtivo tamén o Premio da Crítica e o premio Francisco Umbral ao Libro do Ano. O pasado setembro a plataforma HBO anunciou que o seu primeiro proxecto en España sería a adaptación da novela de Aramburu.
 
Esta obra é a décima novela do autor nacido en Donosti en 1959, licenciado en Filoloxía Hispánica pola Universidad de Zaragoza e residente desde 1985 en Alemaña, onde imparte clases de español.
A súa primeira novela, "Fuegos con limón", publicouna en 1996. Seguiron "Los ojos vacíos" (2000), "El trompetista del Utopía" (2003), adaptada ao cine por Félix Viscarret co título
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1231605 "Bajo las estrellas"; "Bami sin sombra" (2005), "Viaje con Clara por Alemania" (2010), "Años lentos" (2012), polo que obtivo o Premio Tusquets, "La Gran Marivián" (2013), "Ávidas pretensiones" (2014), galardoado co Premio Biblioteca Breve; "Las letras entornadas" (2015) e finalmente, "Patria".

Publicou tamén varias coleccións de relatos como "Los peces de la amargura" (2006), sobre as vítimas de ETA. Ten catro libros infantís.
 
A novela "Patria" foi protagonista nas Recomendacións en Radioleiros de 31/03/2017 e a súa lectura suxerida na guía de verán 2017 "Raiola de lecturas"
Convidamos a visitar as expos biliográficas adicadas a Fernando Aramburu en Bibloleiros e levar as súas obras en préstamo.                                                                                           

PARABÉNS, FERNANDO!!!
Info obtida en huffingtonpost.es

16/10/17

Tertulia literaria en Rialeda: 18 outubro 2017 (Inicio tempada Grupo B)

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Tertulias%20Literarias
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=65429&folderId=122717&name=DLFE-27188.pdfBiblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
17,30 a 19,30 h.

Comentario de "Dar la vida y el alma" de Marina Mayoral
Documentación

A seguinte obra programada é "O sol do verán" de Carlos Casares

Inicio 1º trimestre no grupo B da Tertulia Literaria de Rialeda

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Tertulias%20Literarias
Hora: 17,30 a 19,30

Comenzamos o 1º trimestre coa seguinte programación:


Datas:
- Outubro: día 18
- Novembro: días 15 e 29
- Decembro: día 13

Nestes intres o grupo está completo. As novas solicitudes pasarán a formar parte da lista de espera.

II Día das escritoras: 16 de outubro

http://www.bne.es/es/AreaPrensa/Noticias2017/0628-II-Dia-Escritoras.html
A Biblioteca Nacional de España organiza por segundo ano consecutivo o Día das Escritoras, celebración concebida «para recordar o legado cultural das escritoras do ámbito hispánico e hispanoamericano e as dificultades que no pasado impediron un xusto desenvolvemento e recoñecemento ao seu labor». Xunto á BNE, o acto está promovido pola Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE) e a Asociación Clásicas y Modernas (CyM).  

Convidamos a todas as persoas a visitar a Biblioteca Pública Municipal e Centro de Documentación da Muller Rosalía de Castro, sita en Santa Cruz, onde poderás atopar numerosos recursos documentais relacionandos coa situación das mulleres así como textos literarios escritos e/ou protagonizados por elas.

13/10/17

Ler conta moito e actividades infantís: de 16 a 20 de outubro 2017

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122717&name=DLFE-27124.pdf
Todas as sesións se celebrarán ás 18:30!!!

Biblioteca Pública Municipal “Mª José Ruso”. Dorneda
Luns 16 de outubro
Para nenas-os a partir de 6 anos
(imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 638) 
MONITORADO: OQO
ACTIVIDADE: “Coas mans na masa”

Biblioteca Pública Municipal “Manuel María”. Oleiros
Martes 17 de outubro
Para nenas-os a partir de 3 anos
(imprescindible reservar praza, tlf.: 981 610 700)
CONTACONTOS: Carmen Domech
TÍTULO: “Contacontos de libros contentos”

Biblioteca Pública Municipal “Rosalía de Castro”. Santa Cruz
Mércores 18 de outubro
Para nenas-os a partir de 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 338)      
CONTACONTOS: Mamá Cabra
TÍTULO: “Contos que saen dos libros”
 
Xoves 19 de outubro
Para nenas-os de 1 a 3 anos  Aforo completo!!!
CONTACONTOS: Migallas
TÍTULO: “Os contos do chupete”
Xoves 19 de outubro
Para nenas-os a partir de 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 618 201)      
MONITORADO: Mago Albert
OBRADOIRO: “O mago Albert ten moito conto”

Venres 20 de outubro
Para nenas-os a de 1 a 3 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 628 507)      
CONTACONTOS: Charo Pita
TÍTULO: “O curral de cocoricoricó”
Venres 20 de outubro
Para nenas-os a de 7 a 12 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 664 257)      
MONITORADO: Efervesciencia
OBRADOIRO: “Biotecnólogos na biblioteca”

Algúns destes actos están incluídos no programa 
http://rbgalicia.xunta.es/ler-conta-moito/da Rede de Bibliotecas de Galicia

Recomendacións en Radioleiros: 13 outubro 2017

https://youtu.be/hiJ9rrJJ6L8
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1027944&query_desc=ti%2Cwrdl%3A%20maruxa%20and%20au%2Cwrdl%3A%20mejuto- Infantil (nenas-os a partir de 4 anos):
"Maruxa" texto de Eva Mejuto e ilustracións de Mafalda Milhões. En OQO.
Maruxa e o seu home, Pepiño, rifan porque este lle pide que lle faga o pan porque morre de fame. Pero Maruxa négase e decide darlle unha lección, argumentando que lle falta algún ingrediente. Con astucia e habilidade consegue que este vaia buscarllos, algunhas das peticións son algo desmesuradas, como a de facerlle buscar montañas de sal no mar… así Maruxa logrará que o seu home comprenda que o traballo está mal repartido e cambie de actitude: o traballo e o lecer son cousa de dous.
 
- Mozas-os e adultas-os:
"El secreto de Black Rabbit Hall" de Eve Chase. En Plaza&Janés.
A historia de Black Rabbit Hall, unha impresionante mansión situada nalgún remoto rincón de Cornualles, está narrada en dous tempos, o presente protagonizado pola xove Lorna Smith, que  busca unha casa antiga, ou un lugar ideal na campiña inglesa para celebrar a súa
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1216248 voda e por outro lado lévanos a década dos 60, na que atopamos como protagonista a Amber Alton, a filla máis vella da familia propietaria da casa que verá como a desgraza sacude as súas vidas, vidas íntimamente ligadas a esta casa onde os reloxos nunca miden ben o tempo...

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

10/10/17

Kazuo Ishiguro, Nobel de Literatura 2017

https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=au&q=ishiguro%2C+kazuo&limit=%28branch%3A+OLE1++or+branch%3A+OLE2++or+branch%3A+OLE3++or+branch%3A+OLE4++or+branch%3A+OLE6++or+branch%3A+OLE7++or+branch%3A+OLE9+%29&multibranchflag=OLE&sort_by=title_az&addto=Engadir+a...&biblionumber=1249069&loggedinuser=&biblionumber=1128412&loggedinuser=&biblionumber=1167364&loggedinuser=&biblionumber=631115&loggedinuser=&biblionumber=776585&loggedinuser=&biblionumber=855585&loggedinuser=&biblionumber=1182362&loggedinuser=&biblionumber=668714&loggedinuser=&biblionumber=848928&loggedinuser=&biblionumber=417446&loggedinuser=
O escritor británico Kazuo Ishiguro é o gañador do Nobel de Literatura 2017. O premio está dotado cunha medalla de ouro, un diploma acreditativo e unha cantidade en metálico de 819.000 euros.
Ishiguro, de 62 anos, impúxose sobre nomes como Margaret Atwood, Ngugi Wa Thiong'o e Haruki Murakami.
 

"Se mesturas a Jane Austen e Kafka, sae Kazuo Ishiguro". A portavoz da Academia Sueca, Danius describíu ao autor nacido en 1954 en Nagasaki (Xapón), e nacionalizado no Reino Unido como "alguén que, en novelas de gran forza emocional, descubríu o abismo baixo o noso sentimento ilusorio de pertenza ao mundo".
Ishiguro comezou escribindo guións para series de televisión e debutou tarde na novela, polo que a súa bibliografía é unha das máis curtas que condecorou o Nobel de Literatura. A abundancia non é un requisito para a calidade, e deste xeito, o xornal The Times destacouno entre os 50 escritores británicos máis importantes desde 1945.
 

Os seus temas máis recorrentes son a memoria, o tempo e a desilusión do ser humano, sinte unha debilidade especial por periodos como o Xapón da posguerra, nazismo e certas etapas anteriores á II Guerra Mundial. Todo isto toma forma na súa novela máis famosa, "Lo que queda del día", pola que gañou o Man Booker Prize en 1989, máis tarde adaptada ao cine por James Ivory e protagonizada por Anthony Hopkins, onde o actor dá vida a un mordomo obsesionado co cumprimento do deber.
Os seus libros máis recentes son de corte fantástico. Coa distopía "Non me deixes nunca = Nunca me abandones", Ishiguro introducíu unha corrente de ciencia ficción no seu traballo.
Na súa última novela, "El gigante enterrado" (2015), unha parella de anciáns inicia un road trip para atoparse co seu fillo, ao que non viron durante anos. O británico, residente en Londres, explora cun tono emotivo como a memoria se relaciona co olvido, a historia relaciónase co presente e a fantasía, coa realidade.

As bibliotecas municipais de Oleiros adicamos exposicións bibliográficas coas obras de Ishiguro para que podas levalas en préstamo.
 
Info obtida en  www.eldiario.es
Parabéns Ishiguro!!!

9/10/17

Inicio 1º trimestre na Tertulia Literaria de Santa Cruz

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=65429&folderId=122717&name=DLFE-27145.pdfBiblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro"
Hora: 17,30 a 19 h.

Comenzamos o 1º trimestre coa seguinte programación:

- "Canadá" de Richard Ford
- "Mentiras de mujeres" de Liudmila Ulítskaya
- "Alguien" de Alice McDermott
- "Lourenço, xograr" de Manuel Portas
- "Intemperie" de Jesús Carrasco

Datas:
- Outubro: días 9 e 23
- Novembro: días 6 e 20
- Decembro: día 11

Nestes intres o grupo está completo. As novas solicitudes pasarán a formar parte da lista de espera.