18/10/17

Fernando Aramburu, galardonado por "Patria" co Premio Nacional de Narrativa 2017

https://elpais.com/cultura/2017/10/17/actualidad/1508235702_743644.html
O escritor donostiarra Fernando Aramburu foi galardonado co Premio Nacional de Narrativa 2017 pola súa novela "Patria". O xurado destacou "a profundidade psicolóxica dos personaxes, a tensión narrativa e a integración dos puntos de vista, así como a vontade de escribir unha novela global sobre uns anos convulsos no País Vasco".
 
O premio, concedido polo Ministerio de Educación, Cultura y Deporte está dotado con 20.000 euros e distingue a obra dun autor español escrita en calquera das linguas oficiais editadas en España durante 2016.
A novela foi un éxito de crítica e público nada máis saír do prelo. En catro meses colocouse no número 10 da lista de libros máis vendidos de 2016. En 2017 obtivo tamén o Premio da Crítica e o premio Francisco Umbral ao Libro do Ano. O pasado setembro a plataforma HBO anunciou que o seu primeiro proxecto en España sería a adaptación da novela de Aramburu.
 
Esta obra é a décima novela do autor nacido en Donosti en 1959, licenciado en Filoloxía Hispánica pola Universidad de Zaragoza e residente desde 1985 en Alemaña, onde imparte clases de español.
A súa primeira novela, "Fuegos con limón", publicouna en 1996. Seguiron "Los ojos vacíos" (2000), "El trompetista del Utopía" (2003), adaptada ao cine por Félix Viscarret co título
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1231605 "Bajo las estrellas"; "Bami sin sombra" (2005), "Viaje con Clara por Alemania" (2010), "Años lentos" (2012), polo que obtivo o Premio Tusquets, "La Gran Marivián" (2013), "Ávidas pretensiones" (2014), galardoado co Premio Biblioteca Breve; "Las letras entornadas" (2015) e finalmente, "Patria".

Publicou tamén varias coleccións de relatos como "Los peces de la amargura" (2006), sobre as vítimas de ETA. Ten catro libros infantís.
 
A novela "Patria" foi protagonista nas Recomendacións en Radioleiros de 31/03/2017 e a súa lectura suxerida na guía de verán 2017 "Raiola de lecturas"
Convidamos a visitar as expos biliográficas adicadas a Fernando Aramburu en Bibloleiros e levar as súas obras en préstamo.                                                                                           

PARABÉNS, FERNANDO!!!
Info obtida en huffingtonpost.es

No hay comentarios:

Publicar un comentario