- Infantil (a partir de 6 anos):
"Do re mi fantasía", texto de Concha Blanco e ilustracións de Olaya Naveira. Editado por Bolanda.
Fermosa obra escrita con poemas e contos, acompañados dunhas simpáticas ilustracións.
No país da fantasía viven diferentes personaxes como o león Cachafeiro, D. Tomé, o vento da Serra, a gata Micha, o boneco de neve de nome Simón, un espertador, o oso Azul, o can Rabelo, o rato, as gaivotas, o rei Mustafá, a xirafa, a tía Elvira, a pulga Sabina, a vaca Lucinda, e todos eles son protagonistas das distintas poesías e contos que forman este delicioso álbum ilustrado. Entre todos os personaxes conseguirán sacar un sorriso aos nenos e nenas que se acheguen a ler esta obra.

- Mozas-os e adultas-os:
"La casa de la mezquita" de Kader Abdolah. En Salamandra.
Durante xeracións a poderosa familia Aga Yan ocupou unha posición privilexiada na tranquila cidade de Seneyán. Todo o clan vive nunha casa adosada á mesquita, debido a que esta foi construída polos antepasados. Neste momento a casa estaba habitada polas familias de tres primos: a do vendedor de alfombras Aga Yan, a do imán Alsaberi e a do muecín Aga Shoya. Nela conviven o poder espiritual e o poder económico da cidade. O poder económico ostentado por Aga Yan, o xefe do clan, que era un dos maiores comerciantes de alfombras do país. Posuía a tenda de alfombras máis antiga do zoco de Seneyán. O poder espiritual era exercido polo imán Alsaberi.
Esta novela, ao principio, relata a forma de vida destas familias, pero pouco a pouco vai contar como todo cambia cando nos anos setenta os grupos de esquerda (contrarios á occidentalización do país) e os extremistas islámicos provocan a caída do Sah e o regreso do aiatolá Jomeini. Isto marcará drasticamente o destino da familia. Aga Yan intenta vivir alonxado deses acontecementos e non implicarse, a pesar de que el tampouco está a favor do Sah e da intromisión norteamericana no país, pero vaille afectar igualmente e dunha forma cruel e dura. Tamén vai ver como antigos empregados del e incluso membros da súa propia familia se volven en contra e nin sequera o apoian e lle axudan en momentos moi difíciles. Con Jomeini e os seus seguidores asistimos ás duras represións, ao medo, ás matanzas sen xuízos..., todo iso sumado á guerra contra Irak.

O autor viviu todos estes feitos en primeira persoa polo que o relato é totalmente crible. Son sucesos tráxicos e duros, pero narrados magnificamente ao estilo oriental.
Unha obra excelente que retrata a forma de vida dunha poderosa familia iraní, a evolución da sociedade en Irán e os acontecementos políticos máis importantes da segunda metade do século XX neste país.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

No hay comentarios:
Publicar un comentario