14/7/17

Recomendacións en Radioleiros: 14 xullo 2017

https://youtu.be/oorRkiy5VFk
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1098633- Infantil (8 a 10 anos):
"O caderno de Edua" de Helena Villar Janeiro e ilustracións de Carmen Queralt. En Sushi Books.
Edua, unha nena que vive nunha aldea do Cebreiro agarda un ordenador como agasallo de cumpreanos. Unha tormenta de neve implicará un regalo distinto que cambiará a súa forma de ver as cousas.
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1217689&query_desc=ti%2Cwrdl%3A%20intermediario%20and%20au%2Cwrdl%3A%20grisham   
- Mozas-os e adultas-os:
"El intermediario" de John Grisham. Editado por Debolsillo.
Un avogado preso nun cárcere norteamericano é indultado no remate dun mandato
presidencial. A súa liberación é o comezo dunha trama de intrigas entre os servizos de intelixencia de Israel, Rusia, China e Arabia Saudí.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

As Bibliotecas de Oleiros celebramos o Premio da Federación de Gremios de Editores de España!!!

http://federacioneditores.org/img/documentos/160617-notasprensa.pdf
O Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais do Concello de Oleiros gañou o Premio LIBER 2017 á mellor iniciativa de fomento da lectura nas bibliotecas públicas abertas ao público que concede a Federación de Gremios de Editores de España. Esta federación xunta o 90% das editoriais privadas. 

As actividades que fomentan o achegamento ao mundo do libro e a lectura para todas as idades, que desde hai máis de dúas décadas se desenvolven nas bibliotecas do Concello de Oleiros, foron recoñecidas con este premio. 


Obradoiros de diversas modalidades: ilustración, cómic, creación de poesía, manualidades; exposicións, encontros con escritoras-es, clubs de lectura, contacontos, monólogos, son algunhas das actividades que se programan nas sete bibliotecas municipais, ademáis de celebracións como o Entroido, Día do Libro, Día das Letras Galegas, Nadal, etc. Os programas para o fomento da lectura, teñen lugar de forma ininterrumpida desde hai 25 anos e dedican unha parte importante das actividades á poboación escolar de centros públicos do concello. 


Para o público adulto, destacan os tres clubs de lectura, de vinte integrantes cada un, que cada ano contan con lista de espera. As bibliotecas ofrecen, además das actividades e préstamo de libros, rede wifi e ordenadores.

A Federación de Gremios de Editores de España concedeu o Premio Liber 2017
a Javier Marías como mellor autor hispanoamericano, o premio de fomento da lectura en Medios de Comunicación ao xornal asturiano "La Nueva España" polo seu suplemento ‘Cultura’. O Premio Liber 2017 á mellor adaptación audiovisual foi outorgado ao director Juan Antonio Bayona, pola súa película ‘Un monstruo viene a vernos" e o premio "Boixareu Ginesta" ao Libreiro do Ano á librería Lé, de Madrid. O acto de entrega terá lugar o 5 de outubro na Real Fábrica de Tapices no marco das actividades de LIBER. 

Ofrecemos este galardón a todas as persoas que participan nas nosas actividades, que gozan das bibliotecas municipais de Oleiros e alargan o horizonte do libro e a lectura!!!
Moitas grazas!!!


Nota de prensa da Federación de Gremios de Editores de España

Así o recollen os medios: 
- La Opinión de A Coruña
- El Ideal Gallego
- La Voz de Galicia
- Rede de Bibliotecas de Galicia 
- El Periódico de Catalunya 
- La Vanguardia
- Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes 
- Asociación de Editores de Andalucía 
- IFEMA
- El País
- Hechos de hoy
- Hoy es arte
- Europapress 

7/7/17

Recomendacións en Radioleiros: 7 xullo 2017

https://youtu.be/8WGc8dnCoHU
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1101203&query_desc=kw%2Cwrdl%3A%20cousas%20importan%20primo%20ramon- Infantil (a partir de 6 anos):

As cousas que importan, de El primo Ramón
Bululú

Da man desta parella de arquitectos coruñeses (Borja López Cotelo e María Olmo Béjar) recibimos esta publicación que é un auténtico agasallo estético cunhas ilustracións de grande calidade e textos moi sensibeis. Seis historias presentadas con citas de autores clásicos (Ibsen, Gómez de la Serna, Borges, Hemingway, Melville e Perec) sobre a importancia da amizade e os valores da vida.

- Mozos/as e adultos/as: 

Tamara Drewe, de Posy Simmonds
Sinsentido

A colaboradora de The Guardian traenos esta banda deseñada que narra a chegada dunha xornalista de prensa barata a unha pequena comunidade rural inglesa na que hai unha casa para escritores. Un retrato satírico da Inglaterra actual.
Tamén en película.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

3/7/17

Tertulia literaria en Rialeda: títulos máis valorados 2016-2017


http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=36737&name=DLFE-25381.pdf
En total léronse 18 títulos de autores/as galegos/as, españois e internacionais. Eis os 5 mellor valorados en cada grupo:

Grupo A:

1º) Canadá, de Richard Ford
2º) Nos vemos allá arriba, de Pierre Lemaitre
3º) Las reputaciones, de Juan Gabriel Vásquez
4º) Me llamo Lucy Barton, de Elizabeth Strout
5º) Dar la vida y el alma, de Marina Mayoral

Grupo B:

1º) Nos vemos allá arriba, de Pierre Lemaitrehttp://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-26414.pdf
2º) Mentiras de mujeres, de Liudmila Ulítskaya
3º) Alguien, de Alice McDermott
4º) Intemperie, de Jesús Carrasco
5º) Me llamo Lucy Barton, de Elizabeth Strout

Aproveitamos a ocasión para agradecer a fidelidade amosada polas/os participantes. A finais de setembro abrirase de novo o prazo para inscribirse na próxima tempada.

30/6/17

Recomendacións en Radioleiros: 30 xuño 2017

https://youtu.be/izSBG5ElSWU
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1238676&query_desc=ti%2Cwrdl%3A%20laila%20and%20au%2Cwrdl%3A%20laila- Infantil (a partir de 12 anos): 
"Laila" de Laila Karrouch, editado por Oxford.
Laila trasládase a España coa súa familia, cando xa seu pai levaba uns anos traballando aquí nunha fábrica. Con ela e súa nai chegan tamén catro irmáns máis. En Nador, unha pequena aldea de Marrocos, deixa atrás un montón de tíos, tías, primos e primas, avós… en definitiva o seu fogar e todo aquilo co que se sinte cómoda e protexida. Opera prima da súa autora, a súa propia experiencia sérvelle para falar de desarraigamento, de perda, dor e ao mesmo tempo, de acollemento, de adaptación e de enriquecemento persoal no país de acollida. 


- Mozas/os e adultas/os:
"A ira dos mansos" de Manuel Esteban, en Xerais.
Unha frase emblemática de José Saramago, sublime premio Nobel, que di “deféndenos señor da ira dos mansos”, é a orixe do título desta obra, que narra a investigación, asignada ao inspector Carlos Manso, do asasinato de Violeta, unha rapaza con síndrome de downhttps://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1213758
, o que o leva a poñerse en contacto con Lorena Sella a directora da asociación Alza Down de Vigo, onde descubrirá persoas que son capaces de transmitir máis sentimentos e emocións do que moitas outras persoas que consideramos “normais”. Trama de novela negra que sirve de escusa ao autor para tratar temas de inclusión, dignidade e respecto. 

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

23/6/17

Recomendacións en Radioleiros: 23 xuño 2017

https://youtu.be/janF3xlettc
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1168233&query_desc=ti%2Cwrdl%3A%20Dragal- Xuvenil (a partir de 15 anos):
"Dragal: a herdanza do dragón" de Elena Gallego Abad. Editado por Xerais.
Hadrián, tras a morte do seu pai, trasládase desde a capital a un pobo de Galicia, onde naceran seus pais. Aquí ten a nai a casa familiar e un traballo, polo que Hadrián ten que acostumarse a unha nova vida, con todo o que conleva, novo colexio, novos amigos e tamén, novos inimigos… Pronto Hadrián comprenderá que esta nova paisaxe trae consigo unha serie de misterios que están moi relacionados coa súa familia, en particular co seu pai e coa súa morte...
 

https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1094963- Mozas-os e adultas-os:
"La corredora" de Carrie Snyder. En Alfaguara.
Narra a historia de Aganetha Smart, a primeira muller que conseguíu a medalla de ouro
nunha carreira de 800 metros para Canadá nas Olimpíadas de Amsterdam de 1928, cando por primeira vez se permitíu participar as mulleres en probas de longa distancia.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

16/6/17

Novidades dvd cine - xeral e adult@s - en Rialeda (xuño 2017)

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=32371&folderId=122717&name=DLFE-26445.pdf
20 novas incorporacións no 2º andar da Biblioteca Central Rialeda.

Descarga a guía pulsando sobre a imaxe.

Recomendacións en Radioleiros: 16 xuño 2017

https://youtu.be/Rh_NoNBv7NI
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1155304- Infantil (menores de 6 anos):
"Toribio revoluciona o tráfico", texto de Carlos Casares e ilustracións de Penélope Ares. En Galaxia.
Unha nova aventura de Toribio que comeza na Casa das Ciencias da Coruña e segue co seu enfrontamento habitual co profesor Smith. Humor casariano apto para todos os públicos, magníficamente ilustrado por Penélope Ares.
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=937993&query_desc=ti%2Cwrdl%3A%20ley%20del%20silencio%20and%20au%2Cwrdl%3A%20Schulberg 
- Mozas-os e adultas-os:
"La ley del silencio" de Budd Schulberg. Editado por Acantilado.
Un clásico que Elia Kazan levou ao cinema (1954) con Marlon Brando de protagonista. A mafia
dos peiraos de Nova Iorque, a relación coa Igrexa e as súas consecuencias no día a día na vida dos traballadores.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.


13/6/17

Tertulia literaria en Rialeda: 14 xuño 2017 (Remate tempada Grupo B)

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Tertulias%20Literarias
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-26414.pdfBiblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
17,30 a 19,30 h.

Comentario de "Nos vemos allá arriba" de Pierre Lemaitre
Documentación

Con esta sesión remata a tempada 2016-2017 no grupo B da Biblioteca Rialeda. Queremos dar as grazas a todas as persoas que participaron na actividade ao longo destos 9 meses.

12/6/17

Actividades de promoción da lectura: 13 de xuño de 2017

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-25508.pdf
Programa de actividades de promoción da lectura que Bibloleiros organiza para os centros de ensino público do Concello:

Biblioteca Central Rialeda (Perillo)
Martes 13 de xuño:
- 10:20 h. - 5º e 6º de EP do CEIP Juana de Vega (Nós)
"O galo de Antioquía", a cargo de Soledad Felloza.

Máis información das nosas actividades, programas, documentación, publicacións, etc., na nosa web http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/bibliotecas, o blog das Bibliotecas Públicas Municipais de Oleiros e en twitter @bibloleiros

9/6/17

Horario das túas bibliotecas desde xuño a outubro 2017

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=32371&folderId=122559&name=DLFE-26415.pdf
Clica na imaxe e accede aos horarios de todas as bibliotecas durante os meses de xullo, agosto e setembro.

Bibliotecas abertas ao público durante todo o verán:
- Biblioteca Central Rialeda en Perillo
- Biblioteca Rosalía de Castro en Santa Cruz
- Biblioteca Mª José Trincado en Mera
- Biblioteca Manuel María de Oleiros
- Biblioteca Ánxel Fole de Nós

Na Biblioteca Central Rialeda podes RENOVAR os libros e outros materiais das bibliotecas que estean pechadas.

As DEVOLUCIÓNS se farán na biblioteca onde o retiraches. Se está pechada, espera a que abra para facer a devolución.

Contacto:
Biblioteca Central Rialeda
Teléfono 981 639511
biblioteca.rialeda@oleiros.org
CONTACTA BIBLIOTECAS

Queremos desexar un feliz verán a todas as persoas que nos seguen a través do noso blog, da web do Concello de Oleiros, de twitter @bibloleiros e por suposto a todos-as os-as nosos-as lectores-as e usuarios-as!!!

Recomendacións en Radioleiros: 9 xuño 2017

https://youtu.be/q6iWnVy4nYU
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1157070- Infantil (a partir de 6 anos):

Soños de circo, texto de Joxan Ormazabal, ilustracións de Iraia Okina
Faktoría K de Libros

Premiado no ano 2008 coa II Bolsa Etxepare ao mellor proxecto para a creación dun álbum infantil en éuscaro.

É a historia do desexo dunha nena que vai cumprir co poder da imaxinación. A súa avoa levaba tempo decíndolle que ía levala ao circo. Tras coller o tren para ir á cidade, quedan durmidas. A partir dese intre a nena só pensa no Circo Mundial...

Obra moi fermosa e deliciosamente ilustrada. Fala dos desexos, soños e ilusión e da relación entre persoas de diferente idade.

- Mozas/os e adultas/os:

Me llamo Lucy Barton, de Elizabeth Strout
Duomo

https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=&q=lucy+barton+strout&branch_group_limit=multibranchlimit-OLEUnha novela intimista que nos fala das relacións familiares, pero principalmente das que se establecen entre unha nai e unha filla.

Lucy Barton convalece nun hospital de Manhattan. Non recibe visitas do seu home, que aduce falta de tempo pero máis ben odia os hospitais. Lucy sintese soa e devece polas fillas, ás que apenas ve. En troques, o seu home consegue que a nai de Lucy a visite, o que levará a un reencontro tras anos de escaso contacto.
Durante 5 días e 5 noites as dúas falan da familia, da infancia, da xente que coñecen, aparentemente de xeito intrascendente pero redescubrindo un amor agochado polas dificultades e o tempo. As conversas revelarán o difícil pasado de ambas mulleres, especialmente o da nai.

Narrada en primeira persoa por Lucy con continuos saltos temporais, a obra non é autobiográfica segundo a autora, senon baseada na vida nas familias menos favorecidas dentro das comunidades norteamericanas. Así a obra convertese nun canto á vida, chea de sensibilidade á vez que fuxe do sentimentalismo.


Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

6/6/17

Tertulia literaria en Rialeda: 7 xuño 2017 (Remate tempada Grupo A)

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Tertulias%20Literarias
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-26361.pdfBiblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
18 a 20 h.

Comentario de "Dar la vida y el alma" de Marina Mayoral
Documentación

Con esta sesión remata a tempada 2016-2017 no grupo A da Biblioteca Rialeda. Queremos dar as grazas a todas as persoas que participaron na actividade ao longo destos 9 meses.