9/6/17

Recomendacións en Radioleiros: 9 xuño 2017

https://youtu.be/q6iWnVy4nYU
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1157070- Infantil (a partir de 6 anos):

Soños de circo, texto de Joxan Ormazabal, ilustracións de Iraia Okina
Faktoría K de Libros

Premiado no ano 2008 coa II Bolsa Etxepare ao mellor proxecto para a creación dun álbum infantil en éuscaro.

É a historia do desexo dunha nena que vai cumprir co poder da imaxinación. A súa avoa levaba tempo decíndolle que ía levala ao circo. Tras coller o tren para ir á cidade, quedan durmidas. A partir dese intre a nena só pensa no Circo Mundial...

Obra moi fermosa e deliciosamente ilustrada. Fala dos desexos, soños e ilusión e da relación entre persoas de diferente idade.

- Mozas/os e adultas/os:

Me llamo Lucy Barton, de Elizabeth Strout
Duomo

https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=&q=lucy+barton+strout&branch_group_limit=multibranchlimit-OLEUnha novela intimista que nos fala das relacións familiares, pero principalmente das que se establecen entre unha nai e unha filla.

Lucy Barton convalece nun hospital de Manhattan. Non recibe visitas do seu home, que aduce falta de tempo pero máis ben odia os hospitais. Lucy sintese soa e devece polas fillas, ás que apenas ve. En troques, o seu home consegue que a nai de Lucy a visite, o que levará a un reencontro tras anos de escaso contacto.
Durante 5 días e 5 noites as dúas falan da familia, da infancia, da xente que coñecen, aparentemente de xeito intrascendente pero redescubrindo un amor agochado polas dificultades e o tempo. As conversas revelarán o difícil pasado de ambas mulleres, especialmente o da nai.

Narrada en primeira persoa por Lucy con continuos saltos temporais, a obra non é autobiográfica segundo a autora, senon baseada na vida nas familias menos favorecidas dentro das comunidades norteamericanas. Así a obra convertese nun canto á vida, chea de sensibilidade á vez que fuxe do sentimentalismo.


Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario