17/2/17

Actividades infantís en Bibloleiros: de 15 a 17 de febreiro 2017

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-25482.pdfTodas as sesións se celebrarán ás 18:30!!!

Biblioteca Pública Municipal “Rosalía de Castro”. Santa Cruz
Mércores 15 de febreiro
Para nenas-os de 4 a 6 anos
CONTACONTOS: Lilí Gruyère da Compañía Trinke Trinke
TÍTULO: “Viaxe a África”

Biblioteca Central Rialeda. (Perillo)
Xoves 16 de febreiro
Para nenas-os de 1 a 3 anos    Aforo completo!!!
CONTACONTOS: Charo Pita
TÍTULO: “Unha de bechos”

Biblioteca Pública Municipal “Xograr Mendiño”. Lorbé
Xoves 16 de febreiro
Para nenas-os de 4 a 8 anos
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULO: “En branco”

Biblioteca Pública Municipal “Ánxel Fole”. Nós
Venres 17 de febreiro
Para nenas-os de 4 a 8 anos
CONTACONTOS:  Lilí Gruyère da Compañía Trinke Trinke
TÍTULO: “O ratiño presumido”

15/2/17

A poeta Luisa Abad presenta o seu libro "Limaduras de prata" na Biblioteca de Santa Cruz

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-25522.pdf
Na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro de Santa Cruz, o  xoves 16 de febreiro, ás 19 horas, terá lugar a presentación do poemario “Limaduras de prata” de Luisa Abad.
Un libro de poemas cargados de sentimentos e emocións.
Durante o tratamento dun linfoma, a autora foi tecendo unha serie de poemas sobre as experiencias e emocións que estaba a vivir.
Un libro solidario que pretende ser un espello no que se poidan mirar outras persoas que están a atravesar un trance similar.

Luisa Abad naceu na Coruña. Licenciouse en Pedagoxía pola Universidade de Barcelona.
Exerceu de mestra e profesora de Educación Infantil, Primaria e Secundaria durante corenta anos na Coruña, Barcelona e Vigo. Foi asesora de Formación Permanente de Educación Infantil e de Coeducación durante nove anos no Centro de Formación Continuada do Profesorado de Vigo. Posteriormente foi orientadora nos institutos Valentín Paz Andrade de Vigo e no Zalaeta da Coruña.
Unha vez xubilada, decide asistir a obradoiros literarios e de escritura con Dores Tembrás, Xavier Seoane, Yolanda Castaño e especialmente coa poeta Antía Otero, coa que leva traballando varios anos.
Este libro representa o segundo poemario da autora, o primeiro, “O punto de maduración”, tamén presentado nesta biblioteca no ano 2015, foi moi ben acollido  polo público.
Na presentación estará acompañada pola tamén poeta Antía Otero e ao final do acto, María José Pérez poñeralle música aos poemas recollidos no libro.
Todo o que se recaude coa súa venda vai ser destinado á Asociación Española contra o Cancro e os seus labores de investigación.
Invitamos a todas as persoas que desexen asistir!!!

10/2/17

Tertulia literaria en Rialeda: 15 febreiro 2017 (Grupo A)

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Tertulias%20Literarias
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=36737&name=DLFE-25531.pdfBiblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
17,30 a 19,30 h.

Comentario de "Nos vemos allá arriba" de Pierre Lemaitre
Documentación

A seguinte obra programada é "Las reputaciones" de Juan Gabriel Vásquez

Tertulia literaria en Santa Cruz: 13 febreiro 2017

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Tertulias%20Literarias
http://cultura.elpais.com/cultura/2014/02/28/actualidad/1393614323_287588.htmlBiblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro"
18 a 19,30 h.

Comentario de "Tierra desacostumbrada" de Jhumpa Lahiri

A seguinte obra programada é "La elegancia del erizo" de Muriel Barbery

Recomendacións en Radioleiros: 10 febreiro 2017

http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/comunicacion/radio/podcast/todo-esta-nos-libros
http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1224285- Infantil (de 0 a 3 anos):
"O xardín das Bolboretas" de Laura Weston. Editado por Engaiolarte.
As andanzas da Bolboreta Monarca lévannos de paseo pola natureza nun ir e vir que supón unha marabillosa viaxe. Un libro despregábel recomendado para as-os máis pequenas-os e tamén para as-os que non o son, constituíndo unha aposta estética e táctil de primeiro nivel.

http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1234151- Mozas-os e adultas-os:
"Los palimpsestos" de Aleksandra Lun. En Minúscula.
A polaca A. Lun escribiu en español o seu primeiro libro que supón unha mestura de humor e realismo arredor do mundo das-os escritoras-es. Partindo dun psiquiátrico belga administrado por unha doutora, vemos como pacientes do mesmo a Nabokov, Ionesco, Kristof e outras-os que forman unha paisaxe que nos regalará moi bos momentos.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

Actividades de promoción da lectura: de 13 a 17 de febreiro

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-25508.pdf
Programa de actividades de promoción da lectura que Bibloleiros organiza para os centros de ensino público do Concello na semana de 13 a 17 de febreiro:

Na Biblioteca Central Rialeda de Perillo
Luns 13 de febreiro:
- 16:30 h. - 1º C de ESO do IES Miraflores (Oleiros)
"Visita guiada á Biblioteca Central Rialeda" a cargo de persoal da biblioteca e o "Contacontos Feirantes" a cargo do actor e contacontos Ramiro Neira.

Mércores 15 de febreiro:
- 1ª sesión: 9:20 h. - 1º A e B de EP do CEIP Valle-Inclán (Perillo)
- 2ª sesión: 10:30 h. - 1º C de EP do CEIP Valle-Inclán (Perillo)
"Elas tres, a nena, a raíña e a bruxa: contos nas que elas son as protagonistas", coa actriz e contacontos Paula Carballeira.

Xoves 16 de febreiro:
- 10:20 h. - Alumnado de 4 e 5 anos do CEIP Juana de Vega (Nós)
"O rato ilustrador" a cargo da Compañía Trinke Trinke.

Na Biblioteca Manuel María de Oleiros
Mércores 15 de febreiro:
- 1ª sesión: 10:10 h. - 1º A e B de EP do CEIP Rabadeira (Oleiros)
- 2ª sesión: 11:20 h. - 1º C de EP do CEIP Rabadeira (Oleiros)
"Valados": contacontos baseado na obra do mesmo título de Agustín Fernández Paz a cargo do actor e contador de contos Ramiro Neira.

Xoves 16 de febreiro:
- 10:10 h. - Alumnado de 3 anos do CEIP Rabadeira (Oleiros)
"O entroido dos animais", a cargo da actriz e contadora Soledad Felloza.

Máis información das nosas actividades, programas, documentación, publicacións, etc., na nosa web http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/bibliotecas, o blog das Bibliotecas Públicas Municipais de Oleiros e en twitter @bibloleiros

7/2/17

Actividades infantís en Bibloleiros: de 6 a 10 de febreiro 2017

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-25482.pdf
Todas as sesións se celebrarán ás 18:30!!!
Biblioteca Pública Municipal “Mª José Ruso”. Dorneda
Luns 6 de febreiro
Para nenas-os de 4 a 6 anos
CONTACONTOS: Soledad Felloza
TÍTULO: “Quen quere un rinoceronte barato? E outras historias de animaliños increíbles”

Biblioteca Pública Municipal “Manuel María”. Oleiros
Martes 7 de febreiro
Para nenas-os de 4 a 8 anos
CONTACONTOS: Ratiña Carolina da Compañía Trinke Trinke
TÍTULO: “A saúde afectiva”

Biblioteca Pública Municipal “Rosalía de Castro”. Santa Cruz
Mércores 8 de febreiro
Para nenas-os de 1 a 3 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 338)
CONTACONTOS: Soledad Felloza
TÍTULO: “O paseo do elefante”

Biblioteca Central Rialeda. (Perillo)
Xoves 9 de febreiro
Para nenas-os de 4 a 6 anos      
CONTACONTOS: Rato Fuco da Compañía Trinke Trinke
TÍTULO: “Os ratiños da caixa”

Biblioteca Pública Municipal “Mª José Trincado”. Mera
Venres 10 de febreiro
Para nenas-os de 1 a 3 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 628 507)
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULO: “Pío, pío”


Podes atopar toda a info na túa biblioteca, na web municipal www.oleiros.org, o blog das bibliotecas municipais http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es e en twitter @bibloleiros  

Tertulia literaria en Rialeda: 8 febreiro 2017 (Grupo B)

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Tertulias%20Literarias
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-25493.pdfBiblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
17,30 a 19,30 h.

Comentario de "O coitelo en novembro" de Marilar Aleixandre
Documentación

Nesta sesión contaremos coa presenza da profesora e catedrática de lingua e literatura galega Rosa García Vilariño.

A seguinte obra programada é "El mapa y el territorio" de Michel Houellebecq

6/2/17

Máis de 3200 alumnos-as dos centros de ensino público de Oleiros participarán nas actividades de promoción da lectura que se van levar a cabo nas bibliotecas municipais de febreiro a xuño

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-25508.pdf
Un curso máis as Bibliotecas Municipais de Oleiros organizan a Programación de actividades de promoción da lectura, dirixidas ao alumnado dos centros de ensino público deste Concello, co obxectivo de fomentar a lectura, así como que coñezan algunhas das bibliotecas municipais para que as visiten e utilicen no horario en que non permanecen nos seus respectivos centros de ensino, que se van levar a cabo desde xaneiro ata xuño.
Participarán máis de 3200 alumnos e alumnas de educación infantil, primaria, ESO e bacharelato.
Ofértanse 45 actividades diferentes para que o profesorado de cada un dos centros de ensino público de Oleiros seleccione as que mellor se adaptan á súa programación escolar. En función da idade, do curso que estean realizando e da selección de cada centro de ensino, o alumnado poderá gozar e divertirse con contacontos, espectáculos de música, baile e de recitais de poesía; realizar obradoiros de ilustración e de banda deseñada; ter encontros con escritores/as; coñecer a mitoloxía galega; visitar a biblioteca central  e aprender a realizar buscas no catálogo bibliográfico; achegarse á produción literaria de autores/as como Rosalía de Castro, Álvaro Cunqueiro, Ánxel Fole, Emilia Pardo Bazán, Xosé Miranda, Antonio Machado, Pedro Salinas, Federico García Lorca, Edgar Allan Poe, Xabier P. Docampo, Agustín Fernández Paz e Roald Dahl; conmemorar o Día do Libro Infantil e Xuvenil; celebrar o Día do Libro coa obra fundamental da literatura española “El ingenioso hidalgo Don Quijote de la Mancha”; festexar o Día das Letras Galegas a través de actividades sobre a obra do excelente escritor Carlos Casares e participar no Roteiro Cultural e Literario, este curso dedicado ao pintor Manuel Abelenda, ao escritor Xosé Neira Vilas e á pintora María del Adalid González,  como unha homenaxe a todos eles.
En total realizaranse 154 sesións entre os meses de febreiro a xuño. Con estas actividades pretendemos favorecer o acceso ao libro en condicións de igualdade para todos os cidadáns; promover a lectura; participar en procesos de creación e expresión oral e escrita; fomentar unha lectura lúdica, crítica e reflexiva e colaborar no proceso de desenvolver a imaxinación e a creatividade. Desde as bibliotecas municipais de Oleiros traballamos para conseguir novos e mellores lectores e lectoras que contribúan a crear unha sociedade máis culta, libre e solidaria.

Programa de actividades de promoción da lectura que Bibloleiros organiza para os centros de ensino público do Concello na semana de 6 a 10 de febreiro: 


Biblioteca Central Rialeda (Perillo)
Luns 6 de febreiro:
- 16:30 h. - 1º B de ESO do IES Miraflores (Oleiros)
"Visita guiada á Biblioteca Central Rialeda" a cargo de persoal da biblioteca e o "Contacontos Feirantes" a cargo do actor e contador de contos Ramiro Neira.

Martes 7 de febreiro:
- 1ª sesión: 9:20 h. - 1º ESO A do IES Neira Vilas (Perillo)
- 2ª sesión: 11:35 h. - 1º ESO B do IES Neira Vilas (Perillo)
"Taller de banda deseñada", a cargo de Fran Bueno
 

Mércores 8 de febreiro:
- 1ª sesión: 9:20 h. - 2º ESO A do IES Neira Vilas (Perillo)
- 2ª sesión: 11:35 h. - 2º ESO B do IES Neira Vilas (Perillo)
"Taller de banda deseñada", a cargo de Fran Bueno

Xoves 9 de febreiro:
- 10:45 h. - 2º ESO C do IES Neira Vilas (Perillo)
"Taller de banda deseñada", a cargo de Fran Bueno

3/2/17

Recomendacións en Radioleiros: 3 febreiro 2017

http://www.ipernity.com/doc/284673/44266294/in/album/956276
http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=641684- Infantil (para maiores de 8 anos):

Los zorros del norte, de Ricardo Gómez
Edelvives

O pai de Katrin era cazador e leñador pero Katrin soñaba con que fora barqueiro, porque os barqueiros non matan animais nin fan daño ás árbores. A lectura deste libro convérteo nun canto á natureza, aos animais e ás historias de transmisión oral que pasan de xeración en xeración…

- Mozos/as e adultos/as:

As horas roubadas, de María Solar
Xerais

Unha historia costumbrista que se desenvolve na cidade de Santiago aló polos anos oitenta. Iníciase cando Roberto atopa o cadáver do seu avó Anselmo sobre a cama cun anaco de papel na man no que pon "Dime que me queres". A partir de aquí seremos testigos ao mesmo tempo que os demáis protagonistas da novela dunha fermosa e secreta historia de amor. A historia vainos transportar a unha época na que se están a producir cambios que marcaran o futuro de moitas familias.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.


Boletín de novidades 3 febreiro 2017

https://drive.google.com/file/d/0B95bhc9HVVwOQy1iQ09mSXRBaEU/view?usp=sharing

31/1/17

58 sesións de actividades infantís nas bibliotecas municipais: febreiro - maio 2017

 http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-25482.pdf
A partir do 6 de febreiro e ata maio, nas Bibliotecas Municipais de Oleiros levaranse a cabo 58 sesións de diversas actividades infantís dirixidas a nenas e nenos desde 1 a 10 anos.
Entre estas podemos destacar contacontos para bebés de 1 a 3 anos, a hora do conto para nenas e nenos de 4 a 6 anos e diferentes obradoiros de ciencia, arte e maxia para idades comprendidas entre os 7 e os 10 anos. Nos de arte traballaranse obras dos prestixiosos artistas Picasso e Luís Seoane.
Aparte disto, este ano comezaremos a realizar Obradoiros para a inclusión social. É a primeira vez que se fan e vanse levar a cabo na Biblioteca Central Rialeda coa Asociación Participa para la Inclusión Social. Serán tres obradoiros para a inclusión social cos obxectivos de informar e sensibilizar sobre a realidade social próxima, a situación das persoas con Diversidade Funcional, e as posibilidades dunha convivencia e interrelación activa; xerar actitudes e comportamentos pro-sociais en favor da normalización social das persoas afectadas por Diversidade Funcional; crear axentes activos de cambio social a través da participación conxunta en actividades e talleres sobre diferentes temáticas; e sensibilizar á poboación en xeral das posibilidades e capacidades de todas as persoas e da necesidade de proporcionar as mesmas oportunidades.
A hora do conto é unha actividade que se desenvolve ano tras ano como consecuencia do seu recoñecido valor lúdico e educativo, que reside, fundamentalmente, no incentivo á lectura dos máis pequenos. Realizarase a través de narración ou dramatización dun ou varios contos, cun enfoque lúdico e unha vivencia activa e participativa cos libros, fomentando a imaxinación e  a creatividade.
Para todas as sesións de contacontos dirixidas a nenas e nenos de 1 a 3 anos e para todos os obradoiros é imprescindible reservar praza na biblioteca en que se desenvolva cada unha das actividades, isto pode facerse chamando por teléfono ou achegándose persoalmente.
Paula Carballeira, Caxoto, Soledad Felloza, Pavís Pavós, Marisa Irimia, Charo Pita, Ramiro Neira, Chrystyan Magic, Pablísimo, e a compañía Trinke-Trinke narrarán diversos contos, como unha invitación a viaxar a un tempo máxico de fantasía e imaxinación ou realizarán diferentes obradoiros para aprender e divertirse con distintas creacións artísticas ou manuais.
Os principais obxectivos que se desexan conseguir son fomentar o pracer pola lectura, que
 http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-25482.pdf as nenas e os nenos se divirtan escoitando contos, que descubran a diversidade dos libros e que as nenas e os nenos aos que xa lles gusta ler afiancen e consoliden este hábito.
Tomando como punto de partida a narración de contos e historias, a relación pracenteira cos libros, o xogo cos  personaxes de ficción, resáltase o valor da palabra xunto coa articulación de diferentes disciplinas artísticas, por isto ademais dos contacontos tamén se propoñen outras actividades e obradoiros infantís relacionados coa plástica, a ilustración, a música, a expresión corporal, tendo en conta que en todas as historias aparece un mundo de imaxes, un mundo sonoro e un mundo de xestos e accións. Para as nenas e nenos pequenos a palabra oída exerce unha gran fascinación. O libro oído, visto, tocado, como lectura compartida con outros nenos e nenas, axudaralle no seu contacto coa letra impresa, motivando unha lectura gozosa e fomentando a súa creatividade. Trátase de espertar unha sensibilidade que faga descubrir o pracer que pode proporcionar a lectura, que os nenas e nenas vexan que tamén se poden divertir e pasar momentos moi agradables cos libros.

Podes atopar toda a info na túa biblioteca, na web municipal www.oleiros.org, o blog das bibliotecas municipais http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es e en twitter @bibloleiros 

Biblioretópatas 2017 en Santa Cruz

https://drive.google.com/file/d/0B95bhc9HVVwOenBBVEQta1h1dzA/view?usp=sharing
Na Biblioteca e Centro de Documentación "Rosalía de Castro" de Santa Cruz prantexamosche un reto literario para o 2017: 12 lecturas ao longo de todo o ano atendendo a 12 ideas que che propoñemos.

Descarga o díptico e participa!

Tertulia literaria en Rialeda: 1 febreiro 2017 (Grupo A)

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Tertulias%20Literarias
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-25460.pdfBiblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
17,30 a 19,30 h.

Comentario de "Izan o da saca" de Xabier Quiroga
Documentación

Nesta sesión contaremos coa presenza da profesora e catedrática de lingua e literatura galega Rosa García Vilariño.

A seguinte obra programada é "Nos vemos allá arriba" de Pierre Lemaitre