A partir do 6 de febreiro e ata maio, nas Bibliotecas Municipais de Oleiros levaranse a cabo 58 sesións de diversas actividades infantís dirixidas a nenas e nenos desde 1 a 10 anos.
Entre estas podemos destacar contacontos para bebés de 1 a 3 anos, a hora do conto para nenas e nenos de 4 a 6 anos e diferentes obradoiros de ciencia, arte e maxia para idades comprendidas entre os 7 e os 10 anos. Nos de arte traballaranse obras dos prestixiosos artistas Picasso e Luís Seoane.
Aparte disto, este ano comezaremos a realizar Obradoiros para a inclusión social. É a primeira vez que se fan e vanse levar a cabo na Biblioteca Central Rialeda coa Asociación Participa para la Inclusión Social. Serán tres obradoiros para a inclusión social cos obxectivos de informar e sensibilizar sobre a realidade social próxima, a situación das persoas con Diversidade Funcional, e as posibilidades dunha convivencia e interrelación activa; xerar actitudes e comportamentos pro-sociais en favor da normalización social das persoas afectadas por Diversidade Funcional; crear axentes activos de cambio social a través da participación conxunta en actividades e talleres sobre diferentes temáticas; e sensibilizar á poboación en xeral das posibilidades e capacidades de todas as persoas e da necesidade de proporcionar as mesmas oportunidades.
A hora do conto é unha actividade que se desenvolve ano tras ano como consecuencia do seu recoñecido valor lúdico e educativo, que reside, fundamentalmente, no incentivo á lectura dos máis pequenos. Realizarase a través de narración ou dramatización dun ou varios contos, cun enfoque lúdico e unha vivencia activa e participativa cos libros, fomentando a imaxinación e a creatividade.
Para todas as sesións de contacontos dirixidas a nenas e nenos de 1 a 3 anos e para todos os obradoiros é imprescindible reservar praza na biblioteca en que se desenvolva cada unha das actividades, isto pode facerse chamando por teléfono ou achegándose persoalmente.
Paula Carballeira, Caxoto, Soledad Felloza, Pavís Pavós, Marisa Irimia, Charo Pita, Ramiro Neira, Chrystyan Magic, Pablísimo, e a compañía Trinke-Trinke narrarán diversos contos, como unha invitación a viaxar a un tempo máxico de fantasía e imaxinación ou realizarán diferentes obradoiros para aprender e divertirse con distintas creacións artísticas ou manuais.
Os principais obxectivos que se desexan conseguir son fomentar o pracer pola lectura, que as nenas e os nenos se divirtan escoitando contos, que descubran a diversidade dos libros e que as nenas e os nenos aos que xa lles gusta ler afiancen e consoliden este hábito.

Tomando como punto de partida a narración de contos e historias, a relación pracenteira cos libros, o xogo cos personaxes de ficción, resáltase o valor da palabra xunto coa articulación de diferentes disciplinas artísticas, por isto ademais dos contacontos tamén se propoñen outras actividades e obradoiros infantís relacionados coa plástica, a ilustración, a música, a expresión corporal, tendo en conta que en todas as historias aparece un mundo de imaxes, un mundo sonoro e un mundo de xestos e accións. Para as nenas e nenos pequenos a palabra oída exerce unha gran fascinación. O libro oído, visto, tocado, como lectura compartida con outros nenos e nenas, axudaralle no seu contacto coa letra impresa, motivando unha lectura gozosa e fomentando a súa creatividade. Trátase de espertar unha sensibilidade que faga descubrir o pracer que pode proporcionar a lectura, que os nenas e nenas vexan que tamén se poden divertir e pasar momentos moi agradables cos libros.
Podes atopar toda a info na túa biblioteca, na web municipal www.oleiros.org, o blog das bibliotecas municipais http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es e en twitter @bibloleiros
No hay comentarios:
Publicar un comentario