3/2/17

Recomendacións en Radioleiros: 3 febreiro 2017

http://www.ipernity.com/doc/284673/44266294/in/album/956276
http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=641684- Infantil (para maiores de 8 anos):

Los zorros del norte, de Ricardo Gómez
Edelvives

O pai de Katrin era cazador e leñador pero Katrin soñaba con que fora barqueiro, porque os barqueiros non matan animais nin fan daño ás árbores. A lectura deste libro convérteo nun canto á natureza, aos animais e ás historias de transmisión oral que pasan de xeración en xeración…

- Mozos/as e adultos/as:

As horas roubadas, de María Solar
Xerais

Unha historia costumbrista que se desenvolve na cidade de Santiago aló polos anos oitenta. Iníciase cando Roberto atopa o cadáver do seu avó Anselmo sobre a cama cun anaco de papel na man no que pon "Dime que me queres". A partir de aquí seremos testigos ao mesmo tempo que os demáis protagonistas da novela dunha fermosa e secreta historia de amor. A historia vainos transportar a unha época na que se están a producir cambios que marcaran o futuro de moitas familias.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.


No hay comentarios:

Publicar un comentario