15/6/16

Manuel María na voz das-dos nosas-os lectoras-es

https://www.youtube.com/watch?v=aBN7xAPr8bs&list=PLBzsMImBay6JOmv36YWXM_ClBW1lFH-8p
Durante o mes de maio, varias-os usuarias-os e traballadoras das Bibliotecas Municipais de Oleiros puxeron voz a poemas de Manuel María da súa preferencia. 
Moitas grazas a todas-os elas-eles!
Eis unha homenaxe de Bibloleiros ao escritor de Outeiro de Rei, protagonista do Día das Letras Galegas 2016

13/6/16

"Á brisa da lectura": guías para o verán 2016

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=65429&folderId=122717&name=DLFE-24379.pdfhttp://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=65429&folderId=122717&name=DLFE-24380.pdfhttp://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=65429&folderId=122717&name=DLFE-24378.pdfPresentamos 4 guías con recomendacións que fan sorrir, reflexionar ou emocionar. 
Cada unha diríxese a un grupo de idade.

Son libros que hai nas bibliotecas municipais e que poden levar en préstamo para as súas casas. Animamos a que as visiten, utilicen o servizo de préstamo e gocen coa lectura.

Descargue as guías premendo sobre as imaxes.

9/6/16

Tertulia literaria en Rialeda: valoración final 2015-2016

http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=au%2Cwrdl&q=szabo&idx=ti&q=puerta&idx=kw&q=&do=Busqueda&limit-yr=&limit=&limit=&multibranchlimit=&sort_by=relevanceUnha vez rematada a tempada de Tertulias literarias na Biblioteca Central Rialeda, facemos balance das propostas literarias que fomos ofrecendo ao longo dos pasados meses.
En total léronse 15 títulos de autores/as galegos/as, españois e internacionais en cada grupo, dos que os mellor valorados polas/os participantes foron:

Grupo A:

1º) La puerta, de Magda Szabó
http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=au%2Cwrdl&q=casares&idx=ti&q=sol+veran&idx=kw&q=&do=Busqueda&limit-yr=&limit=&limit=&multibranchlimit=&sort_by=relevance2º) La muerte de Iván Ilich, de Lev Tolstói
3º) El palacio azul de los ingenieros belgas, de Fulgencio Argüelles
4º) La firma de todas las cosas, de Elizabeth Gilbert
5º) Charlotte, de David Foenkinos
6º) O sol do verán, de Carlos Casares
7º) Alguien, de Alice McDermott
8º) Un paraíso inalcanzable, de John Mortimer
9º) Obra poética de Manuel María
10º) La fórmula preferida del profesor, de Yoko Ogawa

Grupo B:
http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=au%2Cwrdl&q=ford%2C+richard&idx=ti&q=canada&idx=kw&q=&do=Busqueda&limit-yr=&limit=&limit=&multibranchlimit=&sort_by=relevance

1º) La puerta, de Magda Szabó
2º) Canadá, de Richard Ford
3º) Charlotte, de David Foenkinos
4º) El palacio azul de los ingenieros belgas, de Fulgencio Argüelles
5º) La muerte de Iván Ilich, de Lev Tolstói
6º) Un paraíso inalcanzable, de John Mortimer
7º) La mujer de un sólo hombre, de A. S. A. Harrison
8º) Obra poética de Manuel María
http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=12059199º) Morgana en Esmelle, de Begoña Caamaño
10º) Adiós Hemingway, de Leonardo Padura

A finais de setembro abrirase de novo o prazo para inscribirse na próxima temporada desta actividade. As sesións comezarán a principios de outubro na Biblioteca Rialeda e serán os mércores, ás 17:30 horas.
Na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro de Santa Cruz comezarán a mediados de outubro e terán lugar os luns ás 18:30 horas.

6/6/16

Novidades dvd cine - xeral e adult@s - en Rialeda (xuño 2016)

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=32371&folderId=122717&name=DLFE-24331.pdf
40 novas incorporacións no 2º andar da Biblioteca Central Rialeda.

Prema sobre a imaxe para descargar a guía e comprobar dispoñibilidade.

Tertulia literaria en Rialeda: 8 xuño 2016 (Grupo A). Remate da tempada 2015-2016

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Tertulias%20Literarias
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-21047.pdfNa Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
Cambio de horario: 18 a 20 h.

Comentario de "Soy Pilgrim" de Terry Hayes.
Documentación

Obras de Terry Hayes nas bibliotecas da RBG.

Con esta sesión remata a tempada 2015-2016 na tertulia literaria en Rialeda. Queremos dar as grazas a todas as persoas que participaron nesta actividade ao longo destos 9 meses.

3/6/16

Tertulia literaria en Santa Cruz: 6 xuño 2016. Remate da tempada 2016-2016

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Tertulias%20Literarias
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-23862.pdfNa Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro"
Hora: 18 a 20 h.

Comentario de obras poéticas de Manuel María, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2016.
Documentación

Con esta sesión remata a tempada 2015-2016 na tertulia literaria en Santa Cruz. Queremos dar as grazas a todas as persoas que participaron nesta actividade ao longo destos 9 meses.

Recomendacións en Radioleiros: 3 de xuño

http://www.ipernity.com/doc/284673/42087092/in/album/863040
http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1204859&query_desc=ti%2Cwrdl%3A%20vaite%20xa- Infantil:
"Vaite xa!" de Marcos Viso editado por Xerais.
Recomendado para nenos e nenas a partir dos catro anos, "Vaite xa!" cóntanos a historia de Oso obrigado á procura dun traballo mellor, deixando atrás a Osa e a Osiña. Cunhas ilustracións do propio autor de grande calidade, e un texto breve pero de fondo contido, este libro transmite unha mensaxe social de moitísimo interese.

- Mozos-as e adultos-as:
"Estambul" de Joseph Kanon, en RBA.
No remate da II Guerra Mundial, Estambul é unha mestura que adianta o equilibrio das dúas potencias  no comezo da Guerra Fría. Un episodio policiaco que xunta a nova xeopolítica
http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1202858cunha trama de intriga que dan unha lección de historia do século XX.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.



31/5/16

1 de xuño: Roteiro Cultural e Literario 2016

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-24310.pdf
O Roteiro Cultural e Literario é unha actividade organizada polo Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais de Oleiros, o Servizo de Normalización Lingüística e o Instituto Miraflores.

Este ano está dedicado ao pintor Francisco Lloréns que veraneou en Mera, Oleiros e Perillo, ao trobador Lopo de Liáns e ao matemático José Barral Souto que naceu na Rabadeira en Oleiros.

Consistirá no recorrido por distintos lugares do municipio nos que viviron estas persoas ilustres, como unha homenaxe a todas elas. Comezaremos nas Torres de Santa Cruz onde se proxectarán imaxes de diversas obras de Francisco Lloréns acompañadas dunha breve explicación por parte de alumnado do IES Miraflores e posteriormente o tamén pintor Ricardo Rilo explicaranos as súas principais características; trasladarémonos a Mera para ver a casa na que veraneaba; marcharemos para a igrexa de Santa María de Dexo, co obxecto
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-24310.pdf de coñecer unha igrexa románica que nos axudará a situarnos na Idade Media, época na que viviu o trobador Lopo de Liáns; a continuación iremos para a parroquia de Liáns, onde visitaremos o xardín do pazo de Lóngora que Lloréns plasmou para a posteridade nalgúns dos seus cadros; posteriormente no parque diante da igrexa de Liáns lembraremos ao egrexio trobador Lopo de Liáns; finalizaremos na Praza da Rabadeira en Oleiros, que é onde naceu o importante matemático José Barral Souto.

O alumnado do Instituto Miraflores realizará a presentación destes personaxes. Alumnos e alumnas de 1º de bacharelato, dirixidos pola profesora Susana López González, que baixo a coordinación de Rosa García Vilariño elaboraron o texto da publicación, que foi  deseñada polo Departamento de Comunicación do Concello de Oleiros.
Participarán no Roteiro sobre 150 alumnos/as acompañados do seu profesorado do IES Miraflores e do Colexio Luis Seoane de Mera, aos que se lles entregará o folleto.

Os obxectivos que se pretenden conseguir son:
- Dar a coñecer diferentes persoas ilustres que residiron no Concello de Oleiros.
- Mellorar o coñecemento do patrimonio e de diferentes espazos do termo municipal de Oleiros.
- Promover a lectura.

Tertulia literaria en Rialeda: 1 xuño 2016 (Grupo B). Remate da tempada 2015-2016

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Tertulias%20Literarias
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=36737&name=DLFE-24222.pdfNa Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
Hora: 17,30 a 19,30 h.

Comentario de "La puerta" de Magda Szabó.
Documentación

Obras de Magda Szabó nas bibliotecas da RBG.

Con esta sesión remata a tempada 2015-2016 na tertulia literaria en Rialeda. Queremos dar as grazas a todas as persoas que participaron nesta actividade ao longo destos 9 meses.

30/5/16

Actividades de fomento da lectura: 31 de maio

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=32371&folderId=122549&name=DLFE-23410.pdf
Programa de actividades de fomento da lectura que Bibloleiros organiza para os centros de ensino público do Concello

Biblioteca "Rosalía de Castro" (Teatro As Torres de Santa Cruz)
Martes 31 de maio:
- 10:15 h. - 5º e 6º de EP do CEIP Isidro Parga Pondal (Santa Cruz)
"Érase unha vez Don Quixote", a cargo de Chrystyan Magic

25/5/16

Días de libro e rosas: continúa a expo en Rialeda

https://picasaweb.google.com/112968433170961771213/6278269791928933009?authuser=0&feat=directlink
Continúa a exposición bibliográfica "Días de libro e rosas" no vestíbulo da Biblioteca Rialeda. É unha escolla de libros que falan de libros. Este elenco de obras pretende fuxir das máis habituais para unha antoloxía sobre este tema. Buscamos autores-as e novelas nos que os libros digan algo, ou moito, aos-ás seus-súas protagonistas. Títulos que conmocionan a vida dalgún personaxe, que fan cambiar o rumbo da historia ou son meros pretextos para iniciar conversas literarias de fondo calado. Canetti, Paul Desalmand, Karen Joy Fowler, Quint Buchholz, Alan Bennett, Penelope Fitgerald, Agustín Fernández Paz, Alessandro Baricco, Ursula K. Le Guin e Manuel Rivas, entre outros-as van poñernos en conexión con libros que viven na alma doutros libros. Agardamos que gocedes desta escolma. 


23/5/16

Hora do conto: 27 de maio

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-24123.pdf
http://rbgalicia.xunta.es/ler-conta-moito/Biblioteca Pública Municipal “Ánxel Fole”. Nós 
Venres 27 de maio, ás 18:30
Para nenas-os maiores de 4 anos
CONTACONTOS: Xanela Ocio
TÍTULO: “Érase un sombreiro"

27 maio 2016: Trinke Trinke en Oleiros

http://www.trinketrinke.com/
Biblioteca Pública Municipal Manuel María de Oleiros
Dúas sesións: 10 e 11,10 h.
Compañia Trinke Trinke

"Cueiros de cores", para alumnado de Educación Infantil (3 anos) do CEIP A Rabadeira
"O caracol namorado", para alumnado de Educación Infantil (4 anos) do CEIP A Rabadeira


Tertulia literaria en Rialeda: 25 maio 2016 (Grupo A)

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Tertulias%20Literarias
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122717&name=DLFE-24138.pdfNa Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades) Hora: 17,30 a 19,30 h.

Comentario de "Alguien" de Alice McDermott.
Documentación

A seguinte obra programada é "Soy Pilgrim" de Terry Hayes.

25 maio 2016: "Manuel María: O vento na palabra" con Soledad Felloza en Santa Cruz

http://soledadfelloza.com/#
Teatro As Torres de Santa Cruz
Dúas sesións: 10,30 e 11,45 h.
Dirixida a alumnado de 4º Primaria do CEIP Valle Inclán e 5º Primaria do CEIP Luis Seoane

Poesías seleccionadas das obras Os soños na gaiola e Versos do lume e o vagalume de Manuel María, a cargo da actriz, contacontos e fotógrafa Soledad Felloza