4/12/15

Recomendacións en Radioleiros: 4 de decembro

 http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/comunicacion/radio/podcast/todo-esta-nos-libros
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=110977- Xuvenil:
 "O fío vermello", texto de An Alfaya. Ilustrado por Fran Bueno. En Xerais.
Carlo é un rapaz preocupado polo destino do seu irmán maior, Nicola, que se alista como soldado profesional e desaparece na guerra. Enfadado polos silencios familiares que o rodean, decide manifestarse trasladándose a vivir á terraza do seu edificio, exercendo a tarefa de astrónomo afeccionado que tanto lle gustaba ao seu irmán.

- Mozos-as e adultos-as:
"Voces de Chernóbil: crónica del futuro" de Svetlana Alexiévich, en Debolsillo.
A xornalista e escritora bielorrusa recoñecida co Premio Nobel de Literatura deste ano, recolle neste libro o testemuño das persoas afectadas polo desastre tecnolóxico máis grave do século XX, a explosión do reactor atómico na central de Chernóbil. Converténdose na voz dos verdadeiros protagonistas, como o monólogo desgarrador de Liusia, a xove esposa
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=119083 do bombeiro Vasia, que ve como o seu amor se vai desfacendo en anacos ao mesmo tempo que o corpo da súa parella.


Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

1/12/15

3 e 4 de decembro: Conmemoración-Homenaxe 30 anos da Biblioteca Pública Municipal e Centro de Documentación da Muller Rosalía de Castro Santa Cruz

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=124736&name=DLFE-23115.pdf

3 de decembro:

- 10,30 e 12 h.:  Máxicosons con Álvaro Muras, no que un músico e un mago promoven a lectura nunha posta en escena onde a maxia e a música se unen para facer unha aventura entre libros, cun formato orixinal, interactivo e divertido. 
Ás 10:30 h  para o alumnado de 5º e 6º de primaria e ás 12 h. para o alumnado de 3º e 4º de primaria do Colexio Isidro Parga Pondal. 

- Ás 20 horas:  
Actuación dun quinteto do Grupo de Gaitas Santaia

Intervencións de:
- Ángel García Seoane, Alcalde de Oleiros.
- Esther Garrido Pan, Concelleira de Cultura e Normalización Lingüística.
- Mª Luz Corral Uzal, Bibliotecaria municipal. 

Recital de poesías de Rosalía de Castro por mozas de Santaia.

Actuación do magnífico grupo musical Luar na Lubre

Aviso importante: debido a que o auditorio ten unha capacidade limitada é imprescindible recoller invitación na mencionada biblioteca.

Paralelamente realizarase unha exposición de fotografías antigas da parroquia de Liáns titulada Lembranzas de Santa Cruz: paisaxes e xentes e unha mostra bibliográfica dos primeiros 75 libros da Biblioteca e o Centro de Documentación da Muller.

4 de decembro:

- 10,30 e 12 h.: Merenda con pan de millo con Migallas. Actuación baseada no libro-disco “Pan de millo” no que se combinan cancións e narración oral, co proceso de elaboración do pan de millo como fío condutor. 
Ás 10:30 h para o alumnado de 1º e 2º de primaria e ás 12 h para o alumnado de educación infantil (4 e 5 anos).

A Biblioteca Pública Municipal e o Centro de Documentación da Muller foron creados no ano 1985 polas persoas que formaban parte da Asociación de Veciños Santaia e da Comisión de Festas dos anos 1983-1988 de Santa Cruz. Mercaron os libros que serían os fondos bibliográficos fundacionais, adquirindo un gran número de obras de temática relacionada coa muller. Posteriormente o Concello aumentou ese fondo inicial coa adquisición de máis exemplares e anualmente vaino ampliando e actualizando. Propuxéronlle ao equipo de Goberno municipal que levara o nome de Rosalía de Castro e que fose unha biblioteca destinada á muller. Tamén a dotaron de algúns mobles feitos polo carpinteiro do pobo. 

A decisión desta comisión de festas, formada na súa maioría por mulleres, e co apoio de todo o pobo que colaborou moitísimo coa comisión, foi exemplar para aqueles tempos, pois loitaron sempre por  achegar a cultura, as nosas tradicións e a nosa lingua aos seus veciños e veciñas. Fermoso e singular exemplo de respecto e amor ao pobo.

Tertulia literaria en Rialeda: 2 de decembro (Grupo B)

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Tertulias%20Literarias
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122717&name=DLFE-23108.pdfNa Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
Hora: 17,30 a 19,30 h.

Comentario de "El loro de Flaubert" de Julian Barnes.
Documentación
Obras de Julian Barnes nas nosas bibliotecas.

A seguinte obra programada é "La fórmula preferida del profesor" de Yoko Ogawa.

28/11/15

Hora do conto: de 30 de novembro a 3 de decembro

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-22713.pdf
Todas as sesións celebraránse ás 18:30
Biblioteca Pública Municipal “Mª José Ruso ”. Dorneda
Luns 30 de novembro
Para nenas-os de 5 a 10 anos
CONTACONTOS: Paula Carballeira
TÍTULO: “Seica, disque, contan...”

Biblioteca Pública Municipal “Manuel María”. Oleiros
Martes 1 de decembro
Para nenas-os de 3 a 10 anos
CONTACONTOS: Trinke Trinke
TÍTULO: “O rabaño”

Biblioteca Pública Municipal “Rosalía de Castro”. Santa Cruz
Mércores 2 de decembro
Para nenas-os de 1 a 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 338)
CONTACONTOS: Soledad Felloza
TÍTULO: “Unha caixa máxica”

Biblioteca Central “Rialeda”. Perillo
Xoves 3 de decembro
Para nenas-os de 5 a 10 anos
CONTACONTOS: Pavís Pavós
TÍTULO: “Contos fío a fío”

27/11/15

Recomendacións en Radioleiros: 27 de novembro

 http://www.ipernity.com/doc/284673/40445024/in/album/748070
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=119286- Infantil (de 8 a 10 anos):
Quen falta?, de Arianna Papini
Kalandraka

Escritora, ilustradora e pintora con ampla experiencia editorial. Entre outros ten o Premio Andersen da Infancia. Vinte estampas con fondo ecolóxico sobre animais que desapareceron ou están en perigo de extinción. Un libro poético para os máis cativos.

- Mozos/as e adultos/as:

http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=119055Sara Lone 1: Pinky Princess, de Erik Arnoux con debuxos de David Morancho
Norma

Ambientada nunha cidade norteamericana a principios dos anos 60 cando unha bailarina vese envolta nun problema coa mafia. Detalles da Guerra Fría con elementos da seguridade do Estado, Kennedy como candidato e puros cubanos. Semellanzas con James Ellroy (L.A. Confidential e La Dalia Negra) e Elmore Leonard (Jackie Brown ou Justified). Primeiro capítulo dunha serie negra en banda deseñada que promete.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

23/11/15

Hora do conto: de 24 a 27 de novembro

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-22713.pdf
Todas as sesións celebraránse ás 18:30
Biblioteca Pública Municipal “Federico García Lorca ”. Montrove
Martes 24 de novembro
Para nenas-os de 3 a 10 anos
CONTACONTOS: Paula Carballeira
TÍTULO: “Historias que me contraron e que non me contaron”

Biblioteca Pública Municipal “Rosalía de Castro”. Santa Cruz
Mércores 25 de novembro
Para nenas-os de 5 a 10 anos
CONTACONTOS: Pavís-Pavós
TÍTULO: “Contos como a area”

Biblioteca Central “Rialeda”. Perillo
Xoves 26 de novembro
Para nenas-os de 1 a 4 anos    Aforo completo!!!
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULO: “Brummmmmmm!”

Biblioteca Pública Municipal “Ánxel Fole”. Nós
Venres 27 de novembro
Para nenas-os de 3 a 10 anos
CONTACONTOS: Caxoto
TÍTULO: “Contos vellos, novos finais” (Contos de igualdade)

Tertulia literaria en Santa Cruz: 23 de novembro

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Tertulias%20Literarias
http://agustinfernandezpaz.gal/Na Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro"  
Hora: 18 a 20 h.

Comentario da obra "Non hai noite tan longa" de A. Fernández Paz.
Obras de A. Fernández Paz nas nosas bibliotecas.
 

A seguinte obra programada é "Las viudas de los jueves" de Claudia Piñeiro.

20/11/15

Recomendacións en Radioleiros: 20 de novembro

 http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/comunicacion/radio/podcast/todo-esta-nos-libros
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=115849- Infantil (a partir de 2 anos):
"Lucecús" de Pirilampo editado por Galaxia.
O grupo musical Pirilampo está formado por distintos profesionais que proceden do mundo do ensino, a música profesional e a educación musical. Voces, acordeón, piano, guitarra, frauta, baixo, percusión, batería, gaita, violonchelo, saxofón e pandeireta interpretan once temas que fan as delicias de nenos/as e maiores: O Apalpador, Os contos do padriño, O mundo do revés, Pedro Chosco, Pirilampo vai ao mercado, Teño un barco de papel, Doce meses ten o ano, A casa do Tío Nicanor, Arrolos do mar, Sol ou Os meus primeiros pasos.
Ao mesmo tempo que escoitan estas cancións poderán ir vendo as fermosas e divertidas ilustracións do libro realizadas por Federico Fernández.
Libro-disco dirixido a nenas e nenos a partir de 2 anos, pero que gusta a toda a familia, co que os máis pequenos poderán comezar a coñecer a musica tradicional galega mesturada con sonoridades modernas.

 
- Mozos-as e adultos-as:
"Morgana en Esmelle" de Begoña Caamaño, en Galaxia.
Recibiu os seguintes recoñecementos:
- Premio da Crítica Española ao mellor libro de narrativa 2012
- Premio ao mellor libro de ficción da Asociación Galega de Editores 2012
- Premio Antón Losada Diéguez 2012
- Premio da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega ao mellor libro de narrativa 2012
Unha novela que actualiza o mito artúrico dándolle unha visión contemporánea. O seu argumento trasládonos ao famoso Mundo Artúrico e  á obra Merlín e familia de Álvaro Cunqueiro.
No castelo de Tintaxel vive o rei Garlois, a súa muller Igraine e Morgana, a filla de ambos. Nunha batalla Garlois resulta malferido, e o mago Merlín logra que Uther de Pendragón, o nobre que derrotara a Garlois, adopte a aparencia deste e deixe embarazada a Igraine.
Froito desta relación nacerá Artur...
Un libro moi interesante, cunha mirada feminista, que resalta o papel da sabia Viviana e de Morgana fronte ás pretensións de Merlín, ao mesmo tempo que presenta diversas temáticas como: a educación, o tipo de sociedade, a relixión, a liberdade sexual, a igualdade entre homes e mulleres, etc, e que fai reflexionar sobre se o fin xustifica os medios e a necesidade de asumir as consecuencias dos nosos actos.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

13/11/15

Hora do conto: de 13 a 20 de novembro

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-22713.pdf
Todas as sesións celebraránse ás 18:30
Biblioteca Pública Municipal “Mª José Ruso ”. Dorneda
Luns 16 de novembro
Para nenas-os de 1 a 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 638)
CONTACONTOS: Pavís Pavós
TÍTULO: “Contos para bebés”

Biblioteca Pública Municipal “Manuel María”. Oleiros
Martes 17 de novembro
Para nenas-os de 3 a 10 anos
CONTACONTOS: Marisa Irimia
TÍTULO: “Estrelas de gominola”

Biblioteca Pública Municipal “Rosalía de Castro”. Santa Cruz
Mércores 18 de novembro
Para nenas-os de 10 a 12 anos
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULO: “Éche unha historia”

Biblioteca Central “Rialeda”. Perillo
Xoves 19 de novembro
Para nenas-os de 5 a 10 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 639 511)
CONTACONTOS: A Tropa de Trapo
TÍTULO: “Ti tamén contas”
 
Actividade promovida polo
http://www.fondogalego.org/web/

Biblioteca Pública Municipal “Mª José Trincado”. Mera
Venres 20 de novembro
Para nenas-os de 5 a 10 anos
CONTACONTOS: Trinke Trinke
TÍTULO: “Os tres osos”

Recomendacións en Radioleiros: 13 de novembro

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Recomendaci%C3%B3ns%20en%20Radioleiros
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=119258- Xuvenil:
Baía

Sanatoria é un manicomio para nenos peculiares, onde van chegando e trabando amizade dous irmáns siameses nun único corpo, un xefe indio, un neno artificial de douscentos anos de idade construído por un peculiar científico, un neno que só é mudo os martes, a personaxe femenina, representada por  Constanza e a súa capacidade para ler o futuro, e así poderíamos seguir ata completar o curioso censo de habitantes forzosos dun lugar que, para completar a súa peculiaridade, está ao cargo do non menos curioso psiquiatra Pío Carcasa, que ben podería formar parte da súa involuntaria clientela. 

Esta fábula lévanos polos camiños da fantasía, de xeito que eses nenos encerrados nun medio hostil, polos prexuizos sociais contra o que é diferente, atoparán a chave necesaria, mediante o camiño do cooperativismo, para fuxir dese cárcere que non lles permite ser eles mismos.
O libro é unha proposta curiosa e única, dotada dunha gran forza narrativa e dun poder de fabulación por parte do autor-ilustrador envidiable.

- Mozos/as e adultos/as:

http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-search.pl?q=hermana+repisa&idx=Mi hermana vive sobre la repisa de la chimenea, de Annabel Pitcher
Siruela

Esa irmá que vive na repisa ten nome, chámase Rose e é unha nena de dez anos que morreu nun atentado terrorista islámico ocorrido no metro de Londres hai cinco anos. Este é o momento no que comeza a historia do pequeno Jamie, irmán de Rose, que tiña só cinco años cando ocorreu o accidente. 
Jamie vaise trasladar a vivir ao norte de Londres co seu pai separado, a súa irmá adolescente, Jasmine, e o gato Roger, coa finalidade de empezar de novo e para superar a dor.  Para Jamie é moito máis interesante o seu gato Roger ou a súa camiseta de Spiderman que ese xarrón que convive con eles no salón da casa. Ademáis agora ten un problema moito máis gordo, o seu pai non debe enterarse que no novo colexio a súa mellor amiga é unha nena paquistaní musulmana. O neno sinte que está traizoando á súa familia.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.