3 de decembro:
- 10,30 e 12 h.: Máxicosons con Álvaro Muras, no que un músico e un mago promoven a lectura nunha posta en escena onde a maxia e a música se unen para facer unha aventura entre libros, cun formato orixinal, interactivo e divertido.
Ás 10:30 h para o alumnado de 5º e 6º de primaria e ás 12 h. para o alumnado de 3º e 4º de primaria do Colexio Isidro Parga Pondal.
Intervencións de:
- Ángel García Seoane, Alcalde de Oleiros.
- Esther Garrido Pan, Concelleira de Cultura e Normalización Lingüística.
- Mª Luz Corral Uzal, Bibliotecaria municipal.
- Ángel García Seoane, Alcalde de Oleiros.
- Esther Garrido Pan, Concelleira de Cultura e Normalización Lingüística.
- Mª Luz Corral Uzal, Bibliotecaria municipal.
Recital de poesías de Rosalía de Castro por mozas de Santaia.
Actuación do magnífico grupo musical Luar na Lubre.
Actuación do magnífico grupo musical Luar na Lubre.
Aviso importante: debido a que o auditorio ten unha capacidade limitada é imprescindible recoller invitación na mencionada biblioteca.
Paralelamente realizarase unha exposición de fotografías antigas da parroquia de Liáns titulada Lembranzas de Santa Cruz: paisaxes e xentes e unha mostra bibliográfica dos primeiros 75 libros da Biblioteca e o Centro de Documentación da Muller.
4 de decembro:
- 10,30 e 12 h.: Merenda con pan de millo con Migallas. Actuación baseada no libro-disco “Pan de millo” no que se combinan cancións e narración oral, co proceso de elaboración do pan de millo como fío condutor.
Ás 10:30 h para o alumnado de 1º e 2º de primaria e ás 12 h para o alumnado de educación infantil (4 e 5 anos).
A Biblioteca Pública Municipal e o Centro de Documentación da Muller foron creados no ano 1985 polas persoas que formaban parte da Asociación de Veciños Santaia e da Comisión de Festas dos anos 1983-1988 de Santa Cruz. Mercaron os libros que serían os fondos bibliográficos fundacionais, adquirindo un gran número de obras de temática relacionada coa muller. Posteriormente o Concello aumentou ese fondo inicial coa adquisición de máis exemplares e anualmente vaino ampliando e actualizando. Propuxéronlle ao equipo de Goberno municipal que levara o nome de Rosalía de Castro e que fose unha biblioteca destinada á muller. Tamén a dotaron de algúns mobles feitos polo carpinteiro do pobo.
A decisión desta comisión de festas, formada na súa maioría por mulleres, e co apoio de todo o pobo que colaborou moitísimo coa comisión, foi exemplar para aqueles tempos, pois loitaron sempre por achegar a cultura, as nosas tradicións e a nosa lingua aos seus veciños e veciñas. Fermoso e singular exemplo de respecto e amor ao pobo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario