5/6/15

Tertulia literaria en Rialeda: 10 de xuño (Grupo A). Final da tempada 2014-2015

http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/bibliotecas/actividades/promo-lectura/tertulias
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122717&name=DLFE-21726.pdfNa Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
Atención: cambio de hora, de 18 a 20 h.

Comentario de "Cometas en el cielo" de Khaled Hosseini.
Documentación
Obras de Khaled Hosseini nas nosas bibliotecas.

Con esta sesión remata a tempada 2014-2015 na tertulia literaria en Rialeda. Queremos dar as grazas a todas as persoas que participaron nesta actividade ao longo destos 9 meses.

Recomendacións en Radioleiros: 5 de xuño

http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/comunicacion/radio/podcast/todo-esta-nos-libros
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=3406- Infantil (nenas-os maiores de 8 anos):
"Mi tío Andy" de James Warhola, en Serres.
O autor do libro, James Warhola, sobriño do artista Andy Warhol, conta a visita que regularmente facía a súa familia,
desde Pittsburgh, de onde procedían, a Nova York, á casa do seu tío. Alí James, que xa daba os seus primeiros pasiños co debuxo, e os seus irmáns, descobren os obxectos cotiáns que serven de fonte de inspiración ao seu tío Andy, creador e impulsor do Pop-art, como as moreas de caixas de latas de sopa Campbell's, ou os retratos de Elvis e Marilyn, iconas que o fixeron famoso.
 

- Mozas-os e adultas-os:
"Onde o aire non era brisa" de María Victoria Moreno, editado por Galaxia.
O relato, traducido por Xavier Senín, está baseado nas experiencias dunha mestra nova, http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=88023 Elena que chega a unha vila de caciques, na Castela da década dos 60, na que terá que lidar coas conspiracións, a pobreza, o poder eclesiástico e político e o analfabetismo, unha vida dura para todas-os. O máis reconfortante para ela serán as relacións coas-cos poucas-os alumnas-os que asisten con certa regularidade á escola. Única novela escrita en castelán na xuventude da escritora, que despois fixo seu o idioma galego.
Este ano adícaselle o II Día das Galegas nas Letras, promovido pola Plataforma de crítica literaria A Sega.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

2/6/15

3 de xuño: Contacontos "La verdadera historia del lobo" por Jimena Manzano en Santa Cruz

http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=116884Mércores 3 de xuño ás 18:30 h.
Biblioteca de Santa Cruz

Dirixido a nenas e nenos maiores de 3 anos. Entrada libre.

Despois de moitos anos pensando que o lobo de Carapuchiña Vermella era o malo, agora poderemos descubrir "que non todo é o que parece". Unha historia na que  coñeceremos as aventuras que sufriu o lobo, cun final inesperado.

A través da lectura de "La verdadera historia del lobo" as nenas e os nenos aprenderán a valorar diferentes opcións e a comprender que a veces hai outras posibilidades.

Tertulia literaria en Rialeda: 3 de xuño (Grupo B). Final da tempada 2014-2015.

http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/bibliotecas/actividades/promo-lectura/tertulias
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-21679.pdfNa Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
Hora: 17,30 a 19,30 h.

Comentario de "El ruido de las cosas al caer" de Juan Gabriel Vásquez.
Documentación
Obras de Juan Gabriel Vásquez nas nosas bibliotecas.

Con esta sesión remata a tempada 2014-2015 neste grupo da tertulia literaria en Rialeda. Queremos dar as grazas a todas as persoas que participaron nel ao longo destos 9 meses.

29/5/15

Recomendacións en Radioleiros: 29 de mayo

http://www.ipernity.com/doc/284673/38384636/in/album/748070
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=116304- Xuvenil (a partir de 14 anos)
Xerais 
Unha magnífica novela xuvenil na que o misterio é a temática principal. 
A historia acontece nun hostal da Fonsagrada, durante o inverno. Un equipo de guionistas recibe a encarga de escribir os guións dunha serie de televisión. Para concentrarse no traballo, acordan recluírse nese hostal solitario. Ao terceiro día de estar alí, comeza a nevar. Unha nevarada que semella non rematar nunca, que interrompe as comunicacións e o fluído eléctrico, e que os deixa illados do mundo. Segundo van escribindo poderemos coñecer o extraordinario relato de Miro “A casa azul”, o excelente de Irene “Herdanza de sangue”, o angustioso de Diego “A néboa da vinganza” ou o azaroso de Ruth “Un incidente no internado”. A situación climatolóxica empeorará e pouco a pouco irán descubrindo cousas que os fará sospeitar que algo raro está pasando e un tremendo medo comeza a penetrar nas súas vidas.
Unha novela de intriga e medo, cun final diferente e inesperado.
 
- Mozos/as e adultos/as
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=113902
Unha novela que trata sobre a mentira, segredos e o rancor que desata non ter coñecido antes esa verdade, pero tamén fala do franquismo e a Transición. 
Está ambientada no Madrid dos años oitenta. Un narrador, agora xa maior,  conta a historia sobre o matrimonio formado por Eduardo Muriel e Beatriz Noguera. Uns feitos que el coñeceu persoalmente na súa mocidade, cando estaba traballando como secretario persoal de Muriel, que era un exitoso director de cine.

Ao pouco de ser contratado, Muriel pídelle que investigue sobre un amigo seu, o doutor Jorge Van Vechten, para saber se uns rumores que lle chegaron del son certos. A trama vaise articular entre esta investigación e a relación entre Muriel e a súa muller, todo observado e contado polo narrador,  con consideracións de tipo moral e no que influirá moito o seu pensamento. 
“Así empieza lo malo y lo peor queda atrás” é unha cita de de Shakespeare, pronunciada en Hamlet, da que o autor saca o título para esta obra.
A revista Babelia elixiu “Así empieza lo malo” como o libro máis importante do 2014.
Unha obra moi interesante, moi ben escrita, cunha prosa magnífica e precisa, que nos fala do desexo, da capacidade de ocultar o pasado, do rancor e o perdón.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

26/5/15

1 de xuño: Presentación de "Falando claro" con Pepe Sendón en Santa Cruz

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122717&name=DLFE-21668.pdf

Presentación da obra Falando claro de Pepe Sendón, acompañada de proxección audiovisual.
Narración audiovisual que ilustra con imaxes documentais a figura do anarquista Claro Xosé Sendón Lamela. Transitarase pola Semana Tráxica arxentina, polos anos 20 neoiorquinos, polo Crack de 1929 e a posterior Gran Depresión, pola II República española, por diferentes episodios do anarquismo galego, polos días previos á sublevación militar e, finalmente, pola Guerra Civil española.

Reconstrución dunha peripecia vital novelesca e, ao mesmo tempo, a primeira escolma publicada do traballo xornalístico de Claro Sendón. A obra inclúe tamén unha serie de fotografías inéditas do protagonista.

Pepe Sendón (Lira, 1964) é escritor, músico e tradutor. A comezos dos noventa foi un dos activos promotores da sala NASA e o grupo Chévere e colaborador en numerosos proxectos musicais con Fran Pérez (Narf), como a ópera Annus Horribilis, o grupo A Psicofónica de Conxo ou o multimedia infantil O Labirinto dos Soños. Ultimamente ten publicado a novela Satélite (2010), a obra infantil Animal Fun (2014) con Fausto, e xira co monólogo Marx no Soho e a presentación audiovisual de Falando Claro.

Próximas presentacións na Biblioteca de Santa Cruz:
- Venres 12 de xuño ás 18,30 h. Presentación do poemario O punto de maduración de Mª Luisa Abad, acompañada da cantautora Mª José Pérez.


25/5/15

María Victoria Moreno homenaxeada no II Día das Galegas nas Letras

https://picasaweb.google.com/112968433170961771213/IIDiaDasGalegasNasLetrasEnBibloleiros?authuser=0&feat=directlink
A plataforma de crítica literaria feminista A Sega convoca o II Día Das Galegas nas Letras para celebrar a figura dunha muller que contribuíse de forma sobranceira á cultura en xeral e á literatura en particular. En 2015, a muller a quen se rende homenaxe é María Victoria Moreno que “representa a forza da vontade fronte á desidia e o accidente, a decisión consecuente da palabra xusta”. Bibloleiros súmase a esta celebración con mostras bibliográficas adicadas a esta autora nas bibliotecas municipais.

María Victoria Moreno, mestra e escritora, naceu en Estremadura. No ano 1963 chegou a Pontevedra e quedou namorada para sempre da suavidade do clima e da beleza da cidade.
Desde o comezo, identificouse con Galicia e coa súa cultura. Tamén participou activamente na vida cultural e política da cidade e do país colaborando en conferencias, cursos e encontros literarios.
Como profesora, afanábase na procura dun método de ensino no que prevalecese o gozo que supón a aprendizaxe.
Era encantadora de palabras, amante dos libros e defensora da literatura infantil e xuvenil. Sentía, como os rapaces, a incomprensión dos adultos e o desacougo de andar perdida no mundo. 
Xa en Galicia, adquiriu o compromiso de escribir só en galego. Contaba María Victoria que soñara "Mar adiante" como a singradura dunha escola ideal. O conto "Crarisca e Luceiro" levou o segundo premio do Concurso Nacional de Contos Infantís "O Facho" en 1972. "Leonardo e os fontaneiros" (1986) era a súa obra preferida. Esta novela, que propón diferentes formas de lectura, reflicte o mundo interior dun rapaz e a súa amizade cun can da rúa. Levou o terceiro premio do concurso "O barco de vapor" en 1985. "Anagnórise" (1989) é unha das obras con máis éxito da literatura xuvenil galega. A xeito de "road-movie", unha muller misteriosa recolle no seu coche a un desorientado adolescente que emprenderá unha viaxe cara ao coñecemento. "Guedellas de seda e liño" (1999), mención especial White Ravens 2002, retrata dous mundos, o paio e o xitano, a través da vida de dúas nenas e un primeiro amor. No 2004, afectada polo cancro de mama que lle levou a vida, escribiu "Diario da luz e a sombra", reflexión sincera e valente sobre os efectos da enfermidade.
Gustáballe pasear amodo, cociñar, a música, os cans e as flores. Amaba "a beleza da paisaxe, da vida, das persoas e das palabras".
                                       
                                       Texto de Alejandra Soto Meijomence do “Álbum de mulleres” da web culturagalega.gal


Tertulia literaria en Rialeda: 27 de maio (Grupo A)

http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/bibliotecas/actividades/promo-lectura/tertulias
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122717&name=DLFE-21652.pdfNa Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
Hora: 17,30 a 19,30 h.

Comentario de "Las baladas del ajo" de Mo Yan.
Documentación
Obras de Mo Yan nas nosas bibliotecas.

A seguinte obra programada é "Cometas en el cielo" de Khaled Hosseini.

22/5/15

Recomendacións en Radioleiros: 22 de mayo

http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/comunicacion/radio/podcast/todo-esta-nos-libros
 http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=34121http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=116225- Infantil (de 6 a 8 anos):
"As aventuras da mazá vermella", texto e ilustracións de Jan Lööf, en Kalandraka.
Un home de traxe de raias paseando polo seu barrio, entra nunha froitaría porque lle apetece unha mazá. O froiteiro pensa que o señor é fácil de enganar e dalle unha de plástico verde dicíndolle que necesita estar un tempo ao sol para que madure…a partir de aquí unha serie de circunstancias e o ritmo trepidante da narración, sorprnderanos a cada momento, ata poñer a cada un no sitio que lles corresponde.



- Mozos-as e adultos-as:
"El lector del tren de las 6.27" de Jean-Paul Didierlaurent, editado por Seix Barral.
Guibrando traballa de operario da STRN (Sociedade de Tratamento e Reciclaxe Natural), encargado de manexar a trituradora de libros, a Zerstor 500, máis coñecida como “A cousa”, un traballo que por outra banda, non o motiva para nada. As follas soltas que quedan entre os dentes da máquina recítaas en voz alta aos adurmiñados viaxeiros do tren das 6.27 da mañá. Unha  narración realmente insólita mestura de humor negro e moita dozura, na que un tropel de personaxes grises, de incomprendidos, galopan nun arco da vella vital que os impulsa cara a felicidade.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

AVISO: horario das bibliotecas para o venres 22 de maio

Horario das bibliotecas para o venres 22 de maio, festividade de santa Rita (patroa da administración local)

- Biblioteca Central Rialeda. Perillo
De 08:15 a 20:15

- Biblioteca Rosalía de Castro. Santa Cruz
De 10:00 a 13:30 e 16:00 a 19:00

- Biblioteca Mª José Trincado. Mera
De 16:00 a 20:00

- Biblioteca Mª José Ruso. Dorneda
De 16:00 a 19:30

- Biblioteca Manuel María. Oleiros
De 10:00 a 13:00 e 16.00 a 20:00

- Biblioteca Ánxel Fole. Nós
De 16:30 a 20:00

- Biblioteca Federico García Lorca. Montrove
De 16:00 a 19:30

- Biblioteca Xograr Mendiño. Lorbé
De 16:00 a 19:30

Desculpen as molestias

21/5/15

Roteiro cultural e literario 2015: 20 e 21 de maio

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-21632.pdf
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-21632.pdf               Fernando Álvarez de Sotomayor en Lamastelle                        
Santiago Casares Quiroga, o pazo do Río e villa Galicia en Montrove
José Luis Bugallal Marchesi e villa Isabel en Nós

Esta actividade está organizada polo Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais de Oleiros, o Servizo de Normalización Lingüística e o IES Miraflores.
Realizaranse dúas sesións, a primeira o 20 de maio e a segunda o 21 de maio, ás 9:00 horas.
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-21632.pdfhttp://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-21632.pdf
Este ano está dedicado ao pintor Fernando Álvarez de Sotomayor que residiu en Lamastelle, ao avogado e político Santiago Casares Quiroga que veraneou no pazo do Río e villa Galicia en Montrove e ao xornalista José Luis Bugallal Marchesi que viviu en villa Isabel en Nós.

Comezaremos nas Torres de Santa Cruz onde se proxectará un Power Point, realizado por Ricardo Rilo, sobre as principais características da pintura de Álvarez de Sotomayor, despois trasladarémonos a Lamastelle para ver o lugar onde estaba a casa de Fernando Álvarez deSotomayor e realizaranse as explicacións sobre este pintor; a continuación marcharemos para o pazo do Río, residencia de veraneo do avogado e político Santiago Casares Quiroga, no que se falará sobre este persoeiro e está previsto un concerto de violín e guitarra interpretado por Eduardo Coma, ao violín, e Francisco Rosa, á guitarra, con composicións musicais da época; para acabar en Nós, en villa Isabel, onde se expoñerá sobre o xornalista José Luis Bugallal Marchesi, para finalizar cun espectáculo de clown de temática deportiva a cargo de MeRe Clown.

O alumnado do Instituto Miraflores realizará a presentación destes personaxes. Alumnos e alumnas de 1º de bacharelato, dirixidos polo profesorado e baixo a coordinación da profesora Rosa García Vilariño elaboraron o texto da publicación, que foi  deseñada polo Departamento de Comunicación do Concello de Oleiros.

Participará no Roteiro, alumnado e profesorado do IES Miraflores, do IES María Casares, do CEIP Isidro Parga Pondal de Santa Cruz e do CEIP Luís Seoane de Mera: perto de 300 alumnas e alumnos, aos que se lles entregará o folleto.

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-21632.pdf

18/5/15

Letras galegas 2015: Hora do conto e Ler conta moito

   http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122717&name=DLFE-21569.jpg
Todas as sesións celebraránse ás 18:30

Biblioteca Central Rialeda. Perillo
Xoves 14 de maio
Para nenas-os de 1 a 4 anos
CONTACONTOS: Raquel Queizás
TÍTULO: “Oooh!"
  


Xoves 21 de maio
Para nenas-os de 3 a 12 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 639 511, chamar a partir do 15 de maio)
MONITOR: Álvaro Muras
ACTIVIDADE DE MÚSICA, TEATRO E DANZA: “MáxicoSons: unha aventura entre libros”: un músico e un mago promoven a lectura cun formato orixinal, interactivo e divertido.
 
Biblioteca Pública Municipal "Xograr Mendiño". Lorbé
Xoves 14 de maio
Para nenas-os a partir de 3 anos
COMPAÑÍA: Elefante Elegante
TÍTULO: “Lobo bobo": Que pasaría se o lobo da Carrapuchiña se fixese vexetariano? Que acontecería se a madrasta de Branca Neve se convertese nun dos tres porquiños cada vez que se mira ao espello?

Biblioteca Pública Municipal “Ánxel Fole”. Nós 
Venres 15 de maio
CONTACONTOS: Lilí Gruyere de Trinke Trinke
TÍTULO: “Avós"

Venres 22 de maio
CONTACONTOS: Pablísimo
TÍTULO: “Contiario": contos que empezan ao revés, con moitos finais, fábulas, cantares de cego, minúsculos, adiviñas, contos-canción...

Biblioteca Pública Municipal “Federico García Lorca”. Montrove
Martes 19 de maio
Para nenas-os de 6 a 12 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 639 515)
MONITORADO: Viravolta Títeres
ACTIVIDADE: “Obradoiro de marionetas”: cada neno/a fará unha marioneta aplicando os principios da papiroflexia.

Biblioteca Pública Municipal “Rosalía de Castro”. Santa Cruz
Mércores 20 de maio
Para nenas-os de 3 a 12 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 338)
MONITORADO: Os Quinquilláns
ACTIVIDADE DE NARRACIÓN ORAL: “Por que é salgada a auga do mar?: versión teatral e expedición para que os propios habitantes dos fondos mariños nos conten como viven.

Biblioteca Pública Municipal “Mª José Trincado”. Mera
Venres 22 de maio
Para nenas-os de 4 a 10 anos
CONTACONTOS: Expresión Producións
TÍTULO: “Conto contigo": contos, trabalinguas, cancións, concursos, monicreques e maxia; dinámico e moi divertido.

Actividades de promoción da lectura para o alumnado dos centros de ensino público: de 19 a 22 de maio

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-21135.pdf
As Bibliotecas Municipais de Oleiros, na semana de 19 a 22 de maio levarán a cabo as seguintes actividades de promoción da lectura dirixidas a alumnado dos centros de ensino público de Oleiros:
 
- Biblioteca Manuel María. Oleiros
O martes 19 de maio, Caxoto Contacontos narrará "Un conto de tres noites". Ás 10:30 participa o alumnado de 4º C e ás 11:50 o de 3º A de EP do CEIP Rabadeira.
O mércores 20 de maio, ás 10:40, a compañía de teatro Elefante Elegante poñerá en escena "Lobo bobo", para alumnado de 1º A e B de EP do CEIP Rabadeira.
O venres 22 de maio, ás 10:10, Soledad Felloza contará "Bailar nas nubes" para o alumnado de 3º A de EP do CEIP Rabadeira. Ás 11:40 participa 5º A e B de E. I. do mesmo centro.
 
- Biblioteca Municipal Rosalía de Castro e As Torres de Santa Cruz
O mércores 20 de maio, a partir das 8:30, comezará o "Roteiro cultural e literario 2015". Participará o alumnado de 1º de bacharelato do IES Miraflores, 4º de ESO do IESP Neira Vilas e 3º de ESO do IES María Casares.
O xoves 21 de maio, a partir das 9:00, segunda sesión do "Roteiro cultural e literario 2015". Participará o alumnado de 6º de EP do CEIP Luís Seoane e 6º de EP do CEIP Parga Pondal.

- Biblioteca Central Rialeda. Perillo
O venres 22 de maio, ás 10:30, a compañía de teatro Elefante Elegante actuará para o alumnado da Escola Infantil de Nós con "Lobo bobo".

Tertulia literaria en Rialeda: 20 de maio (Grupo B)

http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/bibliotecas/actividades/promo-lectura/tertulias
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122717&name=DLFE-21550.pdfNa Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
Hora: 17,30 a 19,30 h.

Comentario de "Diarios" de Syra Alonso.
Documentación
Obras de Syra Alonso e sobre Francisco Miguel nas nosas bibliotecas.

Recomendamos a lectura do Roteiro Cultural 2013 feito polo alumnado de 2º de Bacharelato do IES Miraflores, cun apartado especial adicado a Syra, Francisco Miguel e a súa estancia na "Casa da Felicidade" de Liáns.

Nesta sesión contaremos coa presenza da profesora e catedrática de lingua e literatura galega Rosa García Vilariño.

A seguinte obra programada é "El ruido de las cosas al caer" de Juan Gabriel Vásquez.

Tertulia literaria en Santa Cruz: 18 de maio

http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/bibliotecas/actividades/promo-lectura/tertulias
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-20824.pdfNa Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro"  
Hora: 18 a 20 h.

Comentario da obra "El estandarte" de Alexander Lernet-Holenia.
Obras de Alexander Lernet-Holenia nas nosas bibliotecas.
 

A seguinte obra programada é "Futuro imperfecto" de Xulia Alonso Díaz.