Obras de Susan Sontag que podes levar para casa:
13/3/14
Susan Sontag no Mes do "Movemento para ler libros escritos por mulleres" na Biblioteca de Santa Cruz
Obras de Susan Sontag que podes levar para casa:
A expo "23 álbums ilustrados para ti" viaxa á Biblioteca de Santa Cruz
12/3/14
María Reimóndez no Mes do "Movemento para ler libros escritos por mulleres" na Biblioteca de Santa Cruz
María Reimóndez Meilán naceu en Lugo. É tradutora e intérprete de profesión. O seu primeiro libro publicado é o poemario "Moda Galega" (Edicións Positivas, 2002). No ano 2003 recibiu o premio de novela Mulleres Progresistas de Vigo con "O caderno de bitácora" (Edicións Positivas 2004). En 2005 quedou finalista do Premio Merlín de Literatura Infantil con "Usha" (Edicións Xerais, 2006) e do Xerais con "O club da calceta" (Xerais 2006), obra galardoada co Premio San Clemente e que foi traducida ao italiano e ao castelán, adaptada ao teatro por Teatro do Morcego e ao cine por Ficción Producciones.
Tamén ten publicados seis libros infantís sobre as comarcas galegas en Editorial Everest. En época máis recente publicou para o público infantil "Lía e as zapatillas de deporte" (Xerais 2008), Premio Frei Martín Sarmiento 2010 e "O monstro das palabras" (Xerais 2009) e "Pirata" (Xerais 2009) para público adulto. Reimóndez ten tamén unha longa carreira como tradutora literaria, sobre todo de literatura infantil con máis de doce títulos traducidos, ademais do poemario "Teatriños" de Erín Moure e a obra teatral "Kvetch" levada a escena por Teatro do Morcego . En 2011 publica "Despois da medianoite" da autora támil Salma. En 2009 recibiu o premio Plácido Castro de tradución pola súa versión de "A historia de Mary Prince, unha escrava das Illas Occidentais". En 2012 verá a luz “En vías de extinción“ editado por Xerais.
En abril de 2013 sae do prelo o seu primeiro volume como ensaísta en colaboración con Olga Castro, o libro "Feminismos", no que fai un percorrido ameno e divulgativo sobre os feminismos no mundo, xa en 2010 publicou un capítulo sobre a violencia simbólica contra as escritoras por parte da crítica literaria en Galicia no volume "Violencias visibles, violencias invisibles" co Feminario de Investigación Feminismos e Resistencias. (Icaria 2010).
Tamén en 2010 foi escritora convidada na Universidade de Bangor (Gales, Reino Unido) onde impartiu diferentes conferencias sobre tradución, escrita e literatura, ademais de facer unha lectura de "Pirata" en Londres.
Por outra banda subliñar que María Reimóndez leva dende o ano 1994 traballando no campo da cooperación ao desenvolvemento. Comezou o seu traballo como voluntaria en Karnataka (India) e máis adiante, en 1998 e tras adquirir contactos e experiencia de traballo con organizacións locais, fundou Implicadas no Desenvolvemento, que é unha organización que entende a pobreza como unha cuestión política na que se vinculan o neocolonialismo, o patriarcado e o capitalismo. María Reimóndez foi a súa presidenta ata hai pouco tempo, cargo ocupado actualmente por Ania Piñeiro, pero segue axudando como a persoa directamente encargada de colaborar na planificación e seguimento dos proxectos no Sur. Así, ten traballado na India, en Etiopía, etc.. Este traballo está estreitamente vinculado co seu traballo de activista feminista e poscolonial, algo que a levou a impartir diferentes conferencias en eventos como o Mundos de Mulleres (Madrid 2008) ou na conferencia Transnational Feminisms (Frankfurt 2010), ademáis de impartir innumerables cursos e conferencias.
Dende o feminismo ten participado en numerosos proxectos tanto de teoría como de activismo, como o da reclamación da entrada das mulleres na Real Academia Galega a través da iniciativa “O Xogo das Cadeiras” ata o apoio á Asociación Nós Mesmas de mulleres bisexuais e lesbianas. Na defensa do galego une os seus esforzos aos da Asociación de Escritoras-es en Lingua Galega, a Mesa pola Normalización Lingüística ou a iniciativa Sermos Galiza para poñer en marcha un medio de comunicación en galego.
O último traballo do que temos coñecemento é o de poñerse tras a cámara para dirixir un proxecto audiovisual con Luís Tosar e a poeta e cineasta támil Kutti Revathi, un documental que narra as historias de dez mulleres tamiles e que se titula “Cambia de papel”, dicir que Tamil Nadu, é un pais do extremo sudeste da India cerca de Sri Lanka. E un novo libro, "Presente continuo" obra na que, ante todo e sobre todo, pode a mensaxe, a capacidade de subverter, de revolucionar en positivo o que as palabras agochan.
Obras no Sistema de Bibliotecas de Oleiros:
"Lía e as zapatillas de deporte", "Usha", "O club da calceta", "Presente continuo", "En vías de extinción", "Entre o costume e a ruptura", "Feminismos", "O caderno de bitácora", "O monstro das palabras", "Pirata", "Unha viaxe no tempo: comarca de Quiroga", "Misterio no Deza: comarca do Deza", "Moda Galega", "O trasno burlón: comarca da Coruña", "O can trampulleiro: comarca do Salnés", "Colegas do futuro: Comarca de Ortegal", "A videoconsola: Comarca de Vigo"
"Lía e as zapatillas de deporte", "Usha", "O club da calceta", "Presente continuo", "En vías de extinción", "Entre o costume e a ruptura", "Feminismos", "O caderno de bitácora", "O monstro das palabras", "Pirata", "Unha viaxe no tempo: comarca de Quiroga", "Misterio no Deza: comarca do Deza", "Moda Galega", "O trasno burlón: comarca da Coruña", "O can trampulleiro: comarca do Salnés", "Colegas do futuro: Comarca de Ortegal", "A videoconsola: Comarca de Vigo"
11/3/14
13 de marzo: Presentación do libro "La maternidad acompañada" en Santa Cruz
Biblioteca Municipal Rosalía de Castro de Santa Cruz
Xoves 13 de marzo, ás 19 h.
Presentación do libro “La maternidad acompañada: una reflexión sobre la función de las doulas en el cuidado de las madres” a cargo de Nuria Otero e Susana Prieto Mori.
Xunto coa presentación do libro, falarase sobre o que son as doulas, unha figura incipiente no acompañamento á maternidade, cal é o seu papel, analizando e reflexionando sobre a súa realidade actual e as posibilidades de futuro.
Xoves 13 de marzo, ás 19 h.
Presentación do libro “La maternidad acompañada: una reflexión sobre la función de las doulas en el cuidado de las madres” a cargo de Nuria Otero e Susana Prieto Mori.
Xunto coa presentación do libro, falarase sobre o que son as doulas, unha figura incipiente no acompañamento á maternidade, cal é o seu papel, analizando e reflexionando sobre a súa realidade actual e as posibilidades de futuro.
Tertulia literaria en Rialeda: 12 de marzo (Grupo B)
Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)Hora: 17,30 a 19,30 h.
Comentario de "Dos arquivos do trasno" de Rafael Dieste.
Documentación
Obras de Rafael Dieste nas nosas bibliotecas.
Nesta sesión contaremos coa presenza da profesora e catedrática de lingua e literatura galega Rosa García Vilariño.
A seguinte obra programada é "La vida de las mujeres" de Alice Munro
Rosa Aneiros no Mes do "Movemento para ler libros escritos por mulleres" na Biblioteca de Santa Cruz
Libros de Rosa Aneiros que podes atopar no Sistema de Bibliotecas do Concello de Oleiros:
"Resistencia", "Ámote Leo A.","Ao pé do abismo", "Os ourizos cachos e o gran río gris", "Sol de inverno", "Ás de bolboreta", "Veu visitarme o mar", "Corazóns amolecidos en salitre", "Eu de maior quero ser", "Narradio", "O xardín da media lúa", "Contos de colonias escolares, belas adormecidas, atentados e tiburóns", "De soños e memorias".
12 de marzo: Yolanda Castaño na Biblioteca Rosalía de Castro
Obradoiro infantil de poesía a cargo da poeta Yolanda Castaño na Biblioteca Rosalía de Castro de Santa Cruz para alumnado do CEIP Luís Seoane.
Ás 10 h. para o alumnado de 6º Primaria A, e ás 11:45 para 6º Primaria B.
Consulta a dispoñibilidade das obras de Yolanda Castaño nas nosas bibliotecas.
Ás 10 h. para o alumnado de 6º Primaria A, e ás 11:45 para 6º Primaria B.
Consulta a dispoñibilidade das obras de Yolanda Castaño nas nosas bibliotecas.
10/3/14
Adela Turin no Mes do "Movemento para ler libros escritos por mulleres" na Biblioteca de Santa Cruz
Pioneira na investigación da Literatura Infantil e Xuvenil dende unha perspectiva de xénero, Adela Turin leva máis de tres décadas traballando para erradicar as actitudes sexistas e discriminatorias dos libros dirixidos á infancia. Historiadora da arte e escritora, afincada en Francia, é unha das persoas que nos anos 60-70 acaso máis contribuíu á reflexión e á análise dos sesgos sexistas na literatura infantil. Formou parte, en Milán, do grupo Rivolta, vinculado ao movemento feminista. Co obxectivo de combatir a discriminación de xénero desde o ámbito da familia patriarcal, decidiu crear a colección “Dalla parte delle bambine” (“A favor das nenas”) que, entre 1975 e 1980, publicou máis dunha veintena de títulos. Non podemos esquecer a Nella Bosnia, ilustradora de moitos dos seus contos.
Máis tarde Adela Turin, trasládase a París onde, con Silvie Cromer, funda a asociación “Du côte des filles”, creada en 1994, co obxectivo de establecer un programa para eliminar o sexismo no material educativo, promover representacións antisexistas na educación, producir e difundir ferramentas de sensibilización para as editoriais, as creadoras e creadores, os fabricantes de xogos e xoguetes, os usuarios e usuarias e os poderes públicos. Todos os libros escritos por Adela Turin nos 60-70 conservan a frescura e actualidade na defensa dunha educación máis igualitaria para nenas e nenos, mulleres e homes, en pleno século XXI.
Contos que podes atopar no Sistema de Bibliotecas do Concello de Oleiros:
"Artur e Clementina", "Arturo y Clementina", "A historia dos bonobos con lentes", "Historia de los bonobos con gafas", "Planeta Mary año 35: (2019 de la era cristiana)", "Los gigantes orejudos", "Violeta querida: Minidrama de nuestros tiempos difíciles", "El jardinero astrólogo", "Rosa caramelo", "Una feliz catástrofe", "La herencia del hada ", "Cañones y manzanas", "La chaqueta remendada", "La mano de Milena", "Por una igualdad de sexos a través de la literatura infantil"
Ligazóns que visitar :
http://medull.webs.ull.es/actividades/conferencia_adela_turin/informacion.pdf
http://www.kalandraka.com/ga/autores/detalle/ficha/turin/
http://www.educacionenvalores.org/_Adela-Turin_.html
Vínculo a un fragmento do conto "Arturo y Clementina" :
http://issuu.com/kalandraka.com/docs/arturo-y-clementina_c/1?e=0
Hora do conto: de 10 a 14 de marzo
Biblioteca Pública Municipal “Mª José Ruso”. Dorneda
Luns 10 de marzo
CONTACONTOS: Gemola
TÍTULOS: “Contos para a igualdade”: "Anxeliños negros"
Biblioteca Pública Municipal “Manuel María”. Oleiros
Martes 11 de marzo
CONTACONTOS: Paula Carballeira
TÍTULOS: "Pan sen sal", "O moucho aburrido"
Biblioteca Pública Municipal "Rosalía de Castro". Santa Cruz
Mércores 12 de marzo
Para nenos-as de 1 a 4 anos (ás 17:00, imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626338):
CONTACONTOS: Soledad Felloza
TÍTULOS: “Bebecontos”
Para nenos-as de 5 a 10 anos (ás 18:30):
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULOS: “Nada é o que parece”: “Os fantasmas teñen medo”, “Bruto! “, “A cova escura “
Luns 10 de marzo
CONTACONTOS: Gemola
TÍTULOS: “Contos para a igualdade”: "Anxeliños negros"
Biblioteca Pública Municipal “Manuel María”. Oleiros
Martes 11 de marzo
CONTACONTOS: Paula Carballeira
TÍTULOS: "Pan sen sal", "O moucho aburrido"
Biblioteca Pública Municipal "Rosalía de Castro". Santa Cruz
Mércores 12 de marzo
Para nenos-as de 1 a 4 anos (ás 17:00, imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626338):
CONTACONTOS: Soledad Felloza
TÍTULOS: “Bebecontos”
Para nenos-as de 5 a 10 anos (ás 18:30):
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULOS: “Nada é o que parece”: “Os fantasmas teñen medo”, “Bruto! “, “A cova escura “
Biblioteca Pública Municipal “Xograr Mendiño”. Lorbé
Mércores 12 de marzo
CONTACONTOS: Ratiña Lupiña da Compañía Trinke Trinke
TÍTULOS: “Aventuras na cociña”: "O xarrón do fondo da auga", "A leiteira"
Biblioteca Central "Rialeda". Perillo
Xoves 13 de marzo
CONTACONTOS: Soledad Felloza
TÍTULOS: “Érase dos veces Cenicienta”, “Tres pequeños sueños”, “Un lugar legendario, o misterioso, o fascinante...”
Biblioteca Pública Municipal "Ánxel Fole". Nós
Venres 14 de marzo
CONTACONTOS: Caxoto Contacontos
TÍTULOS: “A figueira”, “A ratiña que quería durmir”
Biblioteca Pública Municipal "Mª José Trincado". Mera
Venres 14 de marzo
CONTACONTOS: Gemola
TÍTULOS: "Contos de seres de lenda en Galicia"
(Lembramos que os títulos programados poden sufrir variacións en función do público asistente. A sesión para nenos-as de 1 a 4 anos se realizará ás 17:00, e as demáis ás 18:30)
11 a 14 de marzo: Pablísimo con "Príncipas e Princesos" na Biblioteca Manuel María de Oleiros
Actividade dirixida a alumnado de Educación Infantil e Primaria do CEIP Rabadeira de Oleiros, a cargo de Pablísimo.
“Príncipas e Princesos” é unha divertida reflexión sobre a igualdade. Espectáculo de narración oral interactivo con contos tradicionais e contemporáneos contados con kamishibai, monicreques de variña e música.
Martes 11 de marzo:
- 10,15 h.- 3º Primaria A + B
- 11,30 h.- 3º Primaria C
Mércores 12 de marzo:
- 10,15 h. - Educación Infantil 3 anos A + C
- 11,30 h. - Educación Infantil 3 anos B
Xoves 13 de marzo:
- 10,15 h. - Educación Infantil 4 anos A + B
- 11,30 h. - Educación Infantil 3 anos C
Venres 14 de marzo:
- 10,15 h. - Educación Infantil 5 anos A + B
- 11,30 h. - Educación Infantil 5 anos C
“Príncipas e Princesos” é unha divertida reflexión sobre a igualdade. Espectáculo de narración oral interactivo con contos tradicionais e contemporáneos contados con kamishibai, monicreques de variña e música.
Martes 11 de marzo:
- 10,15 h.- 3º Primaria A + B
- 11,30 h.- 3º Primaria C
Mércores 12 de marzo:
- 10,15 h. - Educación Infantil 3 anos A + C
- 11,30 h. - Educación Infantil 3 anos B
Xoves 13 de marzo:
- 10,15 h. - Educación Infantil 4 anos A + B
- 11,30 h. - Educación Infantil 3 anos C
Venres 14 de marzo:
- 10,15 h. - Educación Infantil 5 anos A + B
- 11,30 h. - Educación Infantil 5 anos C
11 de marzo: "Viaxe a París" con Trinke Trinke en Rialeda
A Biblioteca Central Rialeda terá o pracer de recibir a Lilí Gruyère, a máis grande artista de todos os tempos de Lonxedetodo: ven de regresar de París, cidade da luz e do amor. Despois de amosarnos algúns dos números artísticos cos que trunfou nos mellores cabarets e teatros, imos descubrir que Lilí......ven namorada!
A Compañía Trinke Trinke vai poñer en escena esta espectáculo titulado "Viaxe a París" o martes 11 de marzo para alumnos-as do CEIP Valle-Inclán de Perillo, en dúas sesións: ás 10:15 H 1º A + B de Primaria e ás 12:00 H, 1º C + 2º A de Primaria.
A Compañía Trinke Trinke vai poñer en escena esta espectáculo titulado "Viaxe a París" o martes 11 de marzo para alumnos-as do CEIP Valle-Inclán de Perillo, en dúas sesións: ás 10:15 H 1º A + B de Primaria e ás 12:00 H, 1º C + 2º A de Primaria.
8/3/14
Tertulia literaria en Santa Cruz: 10 de marzo
Hora: 18,30 a 20 h.
Comentario da obra "Crematorio" de Rafael Chirbes.
Obras de Rafael Chirbes nas nosas bibliotecas.
A seguinte obra programada é "La conquista de la felicidad" de Bertrand Russell.
7/3/14
Recomendacións en Radioleiros: 7 de marzo
- Infantil (a partir de 6 anos):
Titiritesa é unha princesa que vive no reino de Trasantonte. A Titiritesa lle encanta montar a cabalo, máis a súa nai no quere que teña cabalos, senón que se comporte como unha princesa como deus manda e espere un príncipe con quen casar. Titiritesa atristurada decide irse das súas terras, e co burro Bufaldino ao que atopa no camino chega as terras do rei Godofredo que está vivindo unha gran traxedia : a súa filla Wendolina foi secuestrada por un monstro terrible Paposete Dumbocado, asi que Titiritesa e Bufaldino deciden ir en busca de Wendolina a quen conseguen librar do monstro, agasallandoo cun fermoso xersei azul e animándoo para que se faga vexetariano. No longo camino de volta as dúas princesas decátanse de que entre elas hai algo moi especial.
- Moz@s e adult@s:
O título desta obra é parte dun soneto de Lope de Vega que non pode estar máis dacordo coa temática amorosa e histórica do texto, amar leva consigo moita felicidade pero tamén moitas desgrazas.
A primeira parte a obra está narrada por Berenguela, que desde o estrado da Santa Inquisición narra a historia de Bárbara e Diego, desde a oscura noite en que chegan os dous nenos ao hospicio onde traballa Berenguela ata trece anos despois que ela perdlles a pista. Na segunda parte a historia está narrada pola propia Bárbara que nos conta a historia que a levou ás mazmorras do Santo Oficio en Toledo.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
6/3/14
Día da Muller nas Bibliotecas Municipais de Oleiros
Co obxectivo de conmemorar o Día da Muller as Bibliotecas Municipais de Oleiros desenvolverán un amplo programa de actividades.
Presentación do libro “La maternidad acompañada: una reflexión sobre la función de las doulas en el cuidado de las madres” a cargo de Nuria Otero e Susana Prieto.Biblioteca Municipal Rosalía de Castro de Santa Cruz
Xoves, 13 de marzo, ás 19 h.
Xunto coa presentación do libro, falarase sobre o que son as doulas, unha figura incipiente no acompañamento á maternidade, cal é o seu papel, analizando e reflexionando sobre a súa realidade actual e as posibilidades de futuro.
Biblioteca Municipal Rosalía de Castro en Santa Cruz
Mércores 19 de marzo, ás 18:30 h.
Esta actividade enmárcase dentro do programa de dinamización á lectura denominado Ler conta moito da Rede de Bibliotecas de Galicia.
Teatro "As Torres" de Santa Cruz
Xoves 20 de marzo, ás 20 h.
Najla Shami é unha cantora e compositora nacida en Compostela, filla de tres culturas: palestina, galega e arxentina, medrou entre Galicia e Kuwait. Estudou música moderna e educación musical afondando na técnica vocal e na súa pedagoxía, actividade que a levará a países coma Noruega, Estados Unidos, Xordania, Kuwait, India, Inglaterra, Portugal e España.
No disco Na lingua que eu falo afonda na obra da escritora Rosalía de Castro, cunha selección de dez temas que reúnen sete poemas da autora galega con música orixinal, dúas novas creacións e unha revisión do clásico Negra Sombra. Un traballo no que a compositora galego-palestina procura o diálogo entre as súas orixes e as súas referencias actuais. Cunha sonoridade influenciada por estilos como o jazz, funk, world music e a música galega, Najla Shami tráenos unha proposta con sons que percorren latitudes que van desde Galicia até o Brasil ou África.
Mes do Movemento para ler Libros escritos por MulleresNa Biblioteca Municipal Rosalía de Castro, en Santa Cruz
Durante todo o mes de marzo.
Nesta biblioteca hai unha sección especial de libros escritos por mulleres, pero durante todo este mes tamén se poderá atopar unha especial mostra bibliográfica con recomendacións de libros escritos por mulleres. A partir do 8 de marzo, dedicaremos un espazo do blog das bibliotecas municipais para falar da biografía e outras referencias de diferentes escritoras, así como das obras escritas por mulleres que se irán recomendando.
Rosalía é mundial (exposición bibliográfica)
Na Biblioteca Central RialedaUnha escolma da obra rosaliana dos fondos das bibliotecas municipais de Oleiros.
Contacontos "Príncipas e Princesos" con Pablísimo.Na Biblioteca Central Rialeda en Perillo, na Biblioteca Municipal Manuel María de Oleiros e na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro de Santa Cruz.
Durante todo o mes de marzo.
Divertidos relatos a favor da igualdade, espectáculos de narración oral interactivos con contos tradicionais e contemporáneos. Estas actividades están dirixidas ao alumnado de educación infantil e primaria dos centros de ensino público do Concello de Oleiros.
Contos contados con todas e todos, con Caxoto.
Teatro "As Torres" de Santa Cruz
7 de marzo, ás 10,20 h.
Para alumnado de 1º curso de ensinanza primaria do CEIP Luis Seoane de Mera.
Un contacontos no que se tratan os relatos desde un punto de vista non sexista, desmontando moitos mitos adquiridos e facendo reflexionar a todas as nenas e os nenos. As personaxes comprenden a importancia da igualdade de xénero, desempeñan roles non moi usuais ... e ensinan que todas e todos debemos ter as mesmas oportunidades.
O 5 de marzo ás 17,30 h. entregaranse ás/os participantes do grupo A os exemplares da obra “El tren pasa primero” da escritora Elena Poniatowska, galardoada co Premio Cervantes no ano 2013, libro que se se comentará o día 19. No grupo B, o día 12 comentarase a obra “La vida de las mujeres” da escritora Alice Munro, galardoada co Premio Nobel de Literatura no ano 2013.
Con todas estas actividades, organizadas desde as Bibliotecas Municipais de Oleiros, deséxase conmemorar o Día da Muller e reivindicar a igualdade da muller co home na sociedade actual.
Mes do "Movemento para ler libros escritos por mulleres" na Biblioteca de Santa Cruz
Na Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro, en Santa Cruz, celebramos no mes de marzo, coincidindo coa conmemoración do 8 de marzo (Día Internacional da Muller) como o Mes do Movemento para ler libros escritos por mulleres, que facemos extensiva, por suposto, a todo o ano 2014. Asimesmo adherímonos a #ReadWomen2014, da que podedes atopar información nesta páxina de internet.
Como xa sabedes, temos unha sección especial de libros escritos por e para mulleres, pero tamén, unha mostra bibliográfica onde recomendamos libros escritos por mulleres que non podes deixar de ler.
Durante este mes de marzo, desde a Biblioteca Rosalía de Castro aconsellámosvos que só leades libros escritos por mulleres, ou polo menos a maioría, tal e como se recolle no hashtag de twitter #ReadWomen2014.
Cada día a partir do 8 de marzo, dedicaremos unha sección deste blog para falar da biografía e outras referencias de diferentes escritoras, así como das obras escritas por mulleres que iremos recomendando e que se poden atopar no Sistema de Bibliotecas Municipais de Oleiros.
Aproveitamos para deixarvos algúns comentarios, que non teñen desperdicio sobre o “mal” hábito que algunhas mulleres colleron a través da historia: o de ler, co cal volvéronse certamente perigosas, tal como recolle Stefan Bollman na súa obra “Las mujeres que leen son peligrosas” , na que rende unha homenaxe ás mulleres e confirma o poder que confire a lectura.
Consellos do humanista Juan Luis Vives para pais e maridos:
En 1523, o humanista español Juan Luis Vives aconsellaba a pais e maridos que non permitiran que a súas fillas e mulleres leran libremente. «Las mujeres no deben seguir su propio juicio», escribe, «dado que tienen tan POCO».
Motivos do pedagogo Karl G. Bauer para “non” ler, sobre todo ás mulleres,
“La falta total de movimiento corporal durante la lectura, unida a la diversidad tan violenta de ideas y de sensaciones”, según la afirmación hecha en 1791 por el pedagogo Karl G. Bauer, solo conduce a “la somnolencia, la obstrucción, la flatulencia y la oclusión de los intestinos con consecuencias bien conocidas sobre la salud sexual de ambos sexos, especialmente el femenino”.
E por último, no século XX, as lectoras solitarias e soas retratadas por Hooper nos seus cadros,
“Las lectoras de Hopper no son peligrosas pero están en peligro, no tanto por su imaginación desbordante sino por la depresión. El mal del mundo moderno. Una incurable melancolía flota sobre la lectura y la lectora, como si el alegre caos engendrado por la fiebre lectora hubiera finalmente conducido a una apatía vertiginosa, la misma que expresan las mujeres lectoras de Hopper con esos impresos que hojean sin verdadero interés.”
Suscribirse a:
Entradas (Atom)





