15/4/13

Hora do conto: de 16 a 19 de abril

Aquí tes a programación da hora do conto de 16 a 19 de abril.
Todas as sesións darán comezo ás 18:30 horas.
 

Biblioteca Pública Municipal "Federico García Lorca". Montrove
Martes 16 de abril
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULOS:     “O país dos contos”, “Imaxina!!!”, “O contiño”
Biblioteca Pública Municipal "Xograr Mendiño". Lorbé
Mércores 17 de abril
CONTACONTOS: Pavís-Pavós
TÍTULOS:       “A galiña roxa”, “Unha historia fantástica”, “O computador da Mimí”, “O Reiseñor”, “Monstros divertidos”
Biblioteca Pública Municipal "Rosalía de Castro". Santa Cruz
Mércores 17 de abril
CONTACONTOS: Lilí Gruyére da Compañía do Trinke Trinke
TÍTULOS:        “Os paxaros”, “Elzbieta”
Biblioteca Central "Rialeda". Perillo
Xoves 18 de abril
CONTACONTOS: Soledad Felloza
TÍTULOS:          "Abrazos", "Trufo y Rosa", “Un elefante”   
Biblioteca Pública Municipal "Mª José Trincado". Mera
Venres 19 de abril
CONTACONTOS: Caxoto
TÍTULOS:       “Contos para non caer na amargura”
(AVISO: Os títulos programados poden sufrir variacións en función do público asistente)

15 e 17 de abril: "A festa da ratiña" con Trinke Trinke en Rialeda

Na Biblioteca Central Rialeda

A compañía do Trinke Trinke escenificará os relatos "Rosa Caramelo", "Unha feliz catástrofe" de Adela Turín e "Mariluz avestruz" de Rachel Chaundler.

Luns 15 de abril:
- 12:00 h. Educación Infantil (4 anos) do CEIP Luis Seoane.

Mércores 17 de abril:
- 10:00 h. Educación Infantil (5 anos) do CEIP Luis Seoane.
- 12:00 h. Educación Infantil (3 anos) do CEIP Luis Seoane.

15, 16 e 18 de abril: Obradoiros de ilustración con Xosé Tomás en Rialeda.

Na Biblioteca Central Rialeda

Luns 15 de abril:
- 10,15 h.: 4ª Primaria A do CEIP Valle Inclán

Martes 16 de abril:
- 9,15 h.: 3º Primaria A do CEIP Valle Inclán
-11,35 h.: 4º Primaria C do CEIP Valle Inclán

Xoves 18 de abril:
- 9,15 h.: 4º Primaria B do CEIP Valle Inclán
-11,35 h.: 3º Primaria B do CEIP Valle Inclán.
 
Xosé Tomás fará un percorrido polo proceso de creación dun libro: idea, autor/a, ilustrador/a, editorial, imprenta, distribución, lector/a, etc. A continuación explicará a estreita relación palabra-imaxe e as diversas interpretacións gráficas de cada ilustrador/a. Guiados por Xosé Tomás, o alumnado participante construirá historias gráficas a raíz de elementos narrativos elixidos ao chou (na liña da Gramática da fantasís de Gianni Rodari) e coñecerán as técnicas para crear personaxes, así como os códigos mínimos desde os puntos de vista físico e psicolóxico.

12/4/13

Novidades DVD Cine na Biblioteca Rialeda (abril 2013)


Alakrana (2010) España - Drama - Salvador Calvo

Albert Nobbs (2011) Gran Bretaña - Drama de época - Rodrigo García

Ali (2001) Estados Unidos - Biografía  - Michael Mann

La guerra de los botones (2011) Francia - Comedia dramática - Christophe Barratier

Una historia del Bronx (1993) Estados Unidos - Drama / Mafia - Robert De Niro

El hombre lobo (2010) Estados Unidos - Terror - Joe Johnston

Intermission (2003) Irlanda - Comedia dramática - John Crowley 

Intruders (2011) España - Terror - Juan Carlos Fresnadillo

El invitado (2012) Estados Unidos - Acción - Daniel Espinosa

Los juegos del hambre (2012) Estados Unidos - Ciencia ficción - Gary Ross

Margaret (2011) Estados Unidos - Drama - Kenneth Lonergan

Midnight in Paris (2011) Estados Unidos - Comedia romántica - Woody Allen

Nunca me abandones (2010) Gran Bretaña - Drama romántico - Mark Romanek

Los Vengadores [de Marvel] (2012) Estados Unidos - Acción - Joss Whedon

The Way (2010) Estados Unidos - Drama - Emilio Estévez

X-Men: primera generación (2012) Estados Unidos - Acción - Matthew Vaughn

Prema sobre o título para comprobar disponibilidade
Tamén pode consultar o listado xeral de películas en dvd

Recomendacións en Radioleiros: 12 de abril

- Infantil (nenos/as menores de 6 anos):
"Canto ruído!",  texto de José Campanari e ilustracións de Simona Mulazzani, en OQO. O noso protagonista quere durmir, pero os ruídos cotiáns non o deixan.  Este breve relato incide na importancia de respectar as horas de sono dos/das máis pequenos/as, o que repercute no seu benestar e crecemento físico e emocional. No entanto, a historia concédelle, sobre todo, un papel relevante ao sentido do oído para ir coñecendo cada día un pouco máis o mundo que nos rodea.
- Mozos/as e adultos/as:
"La ciencia y la vida" de Valentí Fuster e José Luis Sampedro, con Olga Lucas, editado por Plaza&Janés.
Libro de conversas entre Valentí Fuster, cardiólogo coñecido internacionalmente, e o escritor e economista, José Luis Sampedro, recentemente falecido, coa presenza de Olga Lucas. Un compendio moi amplo arredor do humanismo, a saúde, a dignidade, o tempo libre, a influencia da literatura na vida de Sampedro e como afronta Fuster a súa profesión de médico nos Estados Unidos . Texto interesante desde o punto de vista da amizade e do xeito de  asumir valores como algo importante ou secundario.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas. 

12 de abril: A favor da igualdade con Caxoto na Biblioteca Manuel María de Oleiros

O contacontos Caxoto celebrará dúas sesións, que levan por título "A favor da igualdade: Contos contados con todas e todos", para alumnado do CEIP Rabadeira, na Biblioteca Manuel María de Oleiros:

12 de abril (dúas sesións):
10:15 H: alumnado de 2º B e C
11:30 H: alumnado de 2ºA

11/4/13

Coñecendo a José Luis Sampedro : “grazas pola túa lucidez e compromiso coa vida e a liberdade”

Co gallo da morte de José Luis Sampedro, na Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro" de Santa Cruz, na Biblioteca "Mª José Trincado" de Mera, na Biblioteca "Ánxel Fole" de Nós e na Biblioteca "Mª José Ruso" de Dorneda, podes contemplar senllas mostras sobre a súa obra.

Economista, escritor e pensador, José Luis Sampedro foi un autor prolífico con obra que estudou a estrutura económica, materia da que foi técnico e profesor universitario e,  no campo narrativo, conta con títulos tan significativos na literatura española do século XX como "Octubre, Octubre" e "La sonrisa etrusca", entre outros.

Nos últimos anos estivo vencellado a movementos como o 15-M e colaborou con figuras como Stéphane Hessel. Membro da Real Academia Española, José Luis Sampedro foi Premio Nacional das Letras 2011.

Con estas exposicións, a Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro" de Santa Cruz, a Biblioteca "Mª José Trincado" de Mera, a Biblioteca Ánxel Fole de Nós e a Biblioteca "Mª José Ruso" de Dorneda, seguen a homenaxear a aqueles autores e autoras que constitúen fitos importantes no panorama actual .

10/4/13

José Luis Sampedro: xa es mar

O escritor e humanista José Luis Sampedro foise aos 96 anos de idade. Durante os últimos 30 anos non cansou na súa defensa dunha economía "máis humana, máis solidaria, capaz de contribuír a desenvolver a dignidade dos pobos", e recentemente, acompañando as reivindicacións do 15-M. Entre outros galardóns, o Consello de Ministros outorgoulle en 2010 a Orde das Artes e as Letras de España pola "súa sobresaliente traxectoria literaria e polo seu pensamento comprometido cos problemas do seu tempo". Premio Nacional das Letras Españolas en 2011 e o 24 de maio de 2012 foi investido Doutor Honoris Causa pola Universidade de Alcalá.
O pasado 2012 a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega nomeou a José Luis Sampedro, Escritor Galego Universal, destacando "a alta calidade da súa literatura lúcida, profunda, radical e transgresora, impregnada do insubornábel compromiso ético do autor". As Bibliotecas Municipais de Oleiros queremos render unha homenaxe a este escritor, símbolo do compromiso intelectual e cidadán, con exposicións dos fondos bibliográficos que de Sampedro, hai en cada unha delas. Neste momento podes visitar a da Biblioteca Xograr Mendiño en Lorbé e Biblioteca Central Rialeda en Perillo.

9/4/13

Tertulia literaria en Rialeda: 10 de abril (Grupo B)

Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
Hora: 17,30 a 19,30 h.

Comentario da obra "El sentido de un final" de Julian Barnes.
Documentación
Obras de Julian Barnes nas nosas bibliotecas.

A seguinte obra programada é "La catedral" de Vicente Blasco Ibáñez

Con esta sesión comeza o 3º trimestre, a seguinte sesión terá lugar o mércores 24 de abril.

Tertulia literaria en Rialeda: 3º trimestre: Programación e datas Grupo B

Comenza o 3º trimestre nas Tertulias literarias da Biblioteca Central Rialeda.

Programación Grupo B:

Datas Grupo B:
- Abril: días 10 e 24
- Maio: días 8 e 22
- Xuño: día 5

Para apuntarse á actividade, é necesario chamar ao teléfono 981 639 511. Nestes intres o grupo está completo, polo tanto os/as interesados pasarían a formar parte da lista de espera.

8/4/13

Tertulia literaria en Santa Cruz: 8 de abril

De 18,30 a 20 horas.

Comentario da obra "Aurora boreal" de Åsa Larsson
Obras de Åsa Larsson nas nosas bibliotecas.

Entregaráse o título "La cena" de Herman Koch.

Con esta sesión comeza o 3º trimestre, a seguinte sesión terá lugar o luns 22 de abril.

12 de abril: Roi Vidal e Laura Ponte no Teatro As Torres de Santa Cruz

12 de abril: ás 12:00, para alumnado de 5º A e B e 6º A e B do CEIP Luís Seoane de Mera, no Teatro As Torres de Santa Cruz.

O dramaturgo Roi Vidal e a actriz Laura Ponte porán en escena a obra "Bailadela da morte ditosa" e falarán da vida e obra de Roberto Vidal Bolaño, autor ao que se lle adica o Día das Letras Galegas 2013

11 e 12 de abril: Fran Bueno na Biblioteca Central Rialeda

O autor galego de cómic Fran Bueno celebrará as seguintes sesións do Taller de Banda Deseñada, para alumnado do IES Neira Vilas, na Biblioteca Central Rialeda:

11 de abril (dúas sesións):
08:50 H: alumnado de 1º A de ESO
11:00 H: alumnado de 1º B
12 de abril:
08:50 H: alumnado de 1º C de ESO

9 e 10 de abril: Soledad Felloza actúa para alumnado do IES Neira Vilas e do CEIP Luís Seoane

A actriz e contacontos Soledad Felloza levará a cabo as seguintes sesións:
9 de abril:
No Teatro "As Torres" de Santa Cruz
Actividade dirixida ao alumnado do IES Neira Vilas de Perillo.
10:45 H: para o alumnado de 3º A e B e 4º A e B, dramatizará "O corazón delator e outros contos" de Edgar Allan Poe.
Na Biblioteca Central Rialeda de Perillo
Actividade dirixida ao alumando do IES Neira Vilas de Perillo.
12:30 H: para o alumnado de 2º de Bacharelato, poesías de "La voz a ti debida" de Pedro Salinas.
10 de abril:
No Teatro "As Torres" de Santa Cruz: "As laranxas máis laranxas de todas as laranxas" de Carlos Casares.
Actividade dirixida ao alumnado do CEIP Luís Seoane de Mera.
10:30 H: alumnado de 3º A e B de Primaria,
11:45 H: alumnado de 4º A e B de Primaria.

9 de abril: Obradoiro de poesía no IES Miraflores de Oleiros

Obradoiro de poesía a cargo da poeta Yolanda Castaño no IES Miraflores de Oleiros.

Dúas sesións: ás 16:20 H para o alumnado de 3º A e C de ESO e ás 17:10 H participará o alumnado de 3º B e C de ESO.