O escritor e humanista José Luis Sampedro foise aos 96 anos de idade. Durante os últimos 30 anos non cansou na súa defensa dunha economía "máis humana, máis solidaria, capaz de contribuír a desenvolver a dignidade dos pobos", e recentemente, acompañando as reivindicacións do 15-M. Entre outros galardóns, o Consello de Ministros outorgoulle en 2010 a Orde das Artes e as Letras de España pola "súa sobresaliente traxectoria literaria e polo seu pensamento comprometido cos problemas do seu tempo". Premio Nacional das Letras Españolas en 2011 e o 24 de maio de 2012 foi investido Doutor Honoris Causa pola Universidade de Alcalá.
O pasado 2012 a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega nomeou a José Luis Sampedro, Escritor Galego Universal, destacando "a alta calidade da súa literatura lúcida, profunda, radical e transgresora, impregnada do insubornábel compromiso ético do autor". As Bibliotecas Municipais de Oleiros queremos render unha homenaxe a este escritor, símbolo do compromiso intelectual e cidadán, con exposicións dos fondos bibliográficos que de Sampedro, hai en cada unha delas. Neste momento podes visitar a da Biblioteca Xograr Mendiño en Lorbé e Biblioteca Central Rialeda en Perillo.

No hay comentarios:
Publicar un comentario