14/11/11

Hora do conto: 14 ao 18 de novembro

logo Hora do contoAquí tes a programación desta semana da hora do conto,
PASARALO MOI BEN ESCOITANDO CONTOS!!!
Todas as sesións son ás 18:30 horas

Biblioteca Pública Municipal "Mª José Ruso". Dorneda
Luns 14 de novembro
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULOS: “Xoana e Serxio”, “A princesa que non quería casar”, “O leopardo inxenuo”

Biblioteca Pública Municipal "Manuel María". Oleiros
Martes 15 de novembro
CONTACONTOS: Caxoto
TÍTULOS: “Contos recollidos entre as follas caídas das árbores”

Biblioteca Pública Municipal "Rosalía de Castro". Santa Cruz
Mércores 16 de novembro
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULOS: “O caldeiro de ouro”, “O leopardo inxenuo”, “O loro e o coello”

Biblioteca Central "Rialeda". Perillo
Xoves 17 de novembro
CONTACONTOS: Fernando Ucha
TÍTULOS: “O baúl dos sentimentos”, “Os tres porquiños”

Biblioteca Pública Municipal "Ánxel Fole". Nós
Venres 18 de novembro
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULOS: “Xoana e Serxio”, “Kisha”, “A granxa”

(AVISO: Os títulos programados poden sufrir variacións en función do público asistente)

11/11/11

Tertulia literaria en Santa Cruz: luns 14 de novembro

Na Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro" de Santa Cruz
Hora: de 18,30 a 20

Comentario final da obra "La regenta" de Leopoldo Alas "Clarín"

Ligazóns de interese:
El universo filosófico de "La Regenta"
Reportaje "El arte de vivir" (La 2 TVE)
Aspectos de la tradición clásica en "La Regenta"

Recomendacións en Radioleiros: 11 de novembro

logo Recomendacións en Radioleiros- Infantil (menores de 6 anos):
"¿Quién soy?" texto de Tamio Koshino e ilustracións de Jun Takabatake, editado por Libros del Zorro Rojo.
Fermoso álbum infantil no que, a través de adiviñas, van presencuberta do libro ¿Quién soy?tando diferentes animais e as nenas e nenos teñen que descubrir de que animal se trata. Nas propias páxinas e baixo un fondo azul mariño con lúa e estrelas amarelas, como se dunha noite se tratara, aparece debuxada en negro a silueta de cada animal.
Unha obra moi apropiada para xogar en familia cos/coas máis pequenos/as da casa.

- Mozos/as e adultos/as:
"O Cabo do Mundo" de Xabier Quiroga en Xerais.
Que faríacuberta do libro O cabo do mundos se, no cemiterio, lle chaman asasino a teu pai o día do seu enterro?
Que farías se estiveses desafiuzado e che quedase pouco tempo de vida?
Carlos Pereiro é un profesor de instituto e escritor, de 47 anos, diagnosticado de cancro terminal que decide comezar unha investigación centrada en dúas teimas do pasado: saber se seu pai foi un asasino e saber se a muller á que sempre amou, o ama tamén ou o amou algunha vez.
As indagacións sobre seu pai levarano a uns duros sucesos da represión franquista executados polas “brigadas do amencer”, no 1936, en diversos lugares da Ribeira Sacra: O Saviñao, Chantada, etc. O propio título fai referencia a un lugar das ribeiras do Miño.
O autor realiza unha investigación histórica e mesturando realidade e ficción, pasado e presente, ofrece esta novela inspirada en sucesos reais da Guerra Civil e da posguerra pero na que os personaxes e as situacións son inventadas.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

7/11/11

Tertulia literaria en Rialeda: 9 de novembro (Grupo B)

Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña de Actividades)
Hora: de 17,30 a 19,30

Comentario da obra "Retahilas" de Carmen Martín Gaite
Documentación

Hora do conto: 8 ao 10 de novembro

logo da hora contoAquí tes a programación desta semana da hora do conto,
PASARALO MOI BEN ESCOITANDO CONTOS!!!
Todas as sesións son ás 18:30 horas
Biblioteca Pública Municipal "Federico García Lorca". Montrove
Martes 8 de novembro
CONTACONTOS: Inés Cuadrado
TÍTULOS: “Día de visitas” , “Don Desastre”, “Magdalena no zoolóxico”

Biblioteca Pública Municipal "Rosalía de Castro". Santa Cruz
Mércores 9 de novembro
CONTACONTOS: Fernando Ucha
TÍTULOS: “Chapeuciño vermello”, “Saci-Pererê”

Biblioteca Central "Rialeda". Perillo
Xoves 10 de novembro
CONTACONTOS: Paula Carballeira
TÍTULOS: "O mar de Mármara", "A lúa chea de Siberia"

Biblioteca Pública Municipal "Mª José Trincado". Mera
Xoves 10 de novembro
CONTACONTOS: Caxoto
TÍTULOS: Contos para noites de xeada (e lúa chea)

(AVISO: Os títulos programados poden sufrir variacións en función do público asistente)

4/11/11

Brisas de Outono na Biblioteca Central Rialeda

<-"Asada ou Cocida" (propostas video-literarias equinocciais)
Planta baixa - Expositores centrais







"Plus de Lumiére" (Cine Francés)->
Sala de audiovisuais - 2º andar






<-"Movemento" (Danza e ballet no Cine)
Sala de audiovisuais - 2º andar (mostrador)



"Espazo Tintín"->
Sala infantil e xuvenil - planta baixa






<-"Espazo Familia" (Nova Sección)
Sala infantil e xuvenil - planta baixa

Recomendacións en Radioleiros: 4 de novembro

logo de Recomendacións en Radioleiros- Infantil (de 6 a 8 anos):
"Os oficios de Chuquelo" por Pinto & Chinto en Galaxia.
cuberta de Os oficios de Chuquelo
Chuquelo é un can con problemas de inserción laboral. Despois de varios fracasos, a súa afección a desenterrar ósos, daralle unha saída.

- Mozos/as e adultos/as:
"Do qucuberta de Do que estou a falar cando falo de correre estou a falar cando falo de correr" por Haruki Murakami, editado por Galaxia.

En 1982 Murakami decide dedicarse a escribir e paralelamente comezar a correr. Despois de participar en ducias de carreiras e triatlóns, o novelista reflexiona sobre o que significa para el correr e como influíu na súa maneira de escribir. O paso de tempo, o xeito de adestrar, os lugares que visita, a música que escoita, todo forma un relato sobre o seu xeito de vida.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

31/10/11

Hora do conto: do 2 ao 4 de novembro

logo Hora do contoAquí tes a programación desta semana da hora do conto,
PASARALO MOI BEN ESCOITANDO CONTOS!!!
Todas as sesións son ás 18:30 horas

Biblioteca Pública Municipal "Rosalía de Castro". Santa Cruz
Mércores 2 de novembro
CONTACONTOS: Pedro Brandariz
TÍTULOS: Que é iso do Samaín?: “A pantasma Cataplasma”, “Brais, vaia monstro”, “A castaña medoñenta”

Biblioteca Central "Rialeda". Perillo
Xoves 3 de novembro
CONTACONTOS: Soledad Felloza
TÍTULOS: Contos de Magosto: “La noche de la visita”, “Juegos de Calaveras”, “Caperucita en sombras”, “Wuggly Ump”

Biblioteca Pública Municipal "Ánxel Fole". Nós
Venres 4 de novembro
CONTACONTOS: Soledad Felloza
TÍTULOS: Contos de Magosto: “La noche de la visita”, “Juegos de Calaveras”, “Caperucita en sombras”, “Wuggly Ump”

(AVISO: Os títulos programados poden sufrir variacións en función do público asistente)

Tertulia literaria en Rialeda: 2 de novembro (Grupo A)

Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña de Actividades)
Hora: de 17,30 a 19,30

Comentario da obra "El pájaro espectador" de Wallace Stegner
Documentación

28/10/11

Tertulia literaria en Santa Cruz: 31 de outubro

Na Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro" de Santa Cruz
Hora: de 18,30 a 20

Comentario da 1º parte da obra "La regenta" de Leopoldo Alas "Clarín"

Ligazóns de interese:
El universo filosófico de "La Regenta"
Reportaje "El arte de vivir" (La 2 TVE)
Aspectos de la tradición clásica en "La Regenta"

Recomendacións en Radioleiros: 28 de outubro

logo Radioleiros- Infantil (de 8 anos en adiante):
"Pippo el Loco" texto de Tracey E. Fern e ilustracións de Pau Estrada, en Juventud

En toda Florencia non se fala doutra cousa: vai haber un concuberta de Pippo el Lococurso para deseñar unha cúpula para a catedral que, polo visto, pretende ser a máis grande construída ata o momento e quen o gañe recibirá douscentos floríns de ouro. Pippo o Tolo pensa que esta é a súa para demostrarlle ao mundo a súa xenialidade.

- Mozos/as e adultos/as:

"A rolda noctucuberta de Arolda nocturnarna" de Sarah Waters, editado por Galaxia (version galega). "Ronda nocturna" en Anagrama (versión castelá)

Londres, 1947. Catro mozos intentan retomar o fío das súas vidas despois da pausa da guerra.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

26/10/11

Proxecto 5-7-5: do 21 de marzo ao 24 de outubro

Logo de Proxecto 5-7-5O proxecto 5-7-5 que comezou o pasado 21 de marzo, Día Mundial da Poesía, terá o seu remate o 24 de outubro, Día da Biblioteca. A través do noso blog propuxemos aos/ás nosos/usuario/as que nos escribisen haikus, propios ou alleos, en calquera idioma: moitos deles son instantáneas da natureza que nos fan vibrar. Quixemos devolver esas "polaroid" ao noso ambiente: o xardín da Biblioteca Central Rialeda. Agradecemos a colaboración de todos/as aqueles/as que nos fixeron as súas achegas. Goza do resultado nesta galería de imaxes.

GRAZAS POR PARTICIPAR!!!

25/10/11

26 e 27 de outubro: Visita do alumnado do IES Isaac Díaz Pardo de Sada á Biblioteca Central Rialeda

O mércores 26 e xoves 27 de outubro, recibiremos na Biblioteca Central Rialeda ao alumnado do I.E.S. Isaac Díaz Pardo de Sada.

As visitas guiadas terán lugar entre as 10 e 11,30 h.

Aviso importante: o 2º andar da biblioteca (Sala de audiovisuais e ordenadores) verá restrinxido o seu uso durante a visita do alumnado.

24/10/11

Hora do conto: do 24 ao 27 de outubro

logo da Hora do contoAquí tes a programación desta semana da hora do conto,
PASARALO MOI BEN ESCOITANDO CONTOS!!!
Todas as sesións son ás 18:30 horas

Biblioteca Pública Municipal "Mª José Ruso". Dorneda
Luns 24 de outubro
CONTACONTOS: Rato Camifuco da Compañía do Trinke Trinke TÍTULOS: Letras, ovos e galiñas: “Sal do cascarón, poliño!”, “O galo Kiriko”, “O ovo máis bonito do mundo”

Biblioteca Pública Municipal "Federico García Lorca". Montrove
Martes 25 de outubro
CONTACONTOS: Soledad Felloza
TÍTULOS: “El día de la visita”, “El monstruo peludo”

Biblioteca Pública Municipal "Rosalía de Castro". Santa Cruz
Mércores 26 de outubro
CONTACONTOS: Caxoto
TÍTULOS: “Contos dun outono con retraso”

Biblioteca Central "Rialeda". Perillo
Xoves 27 de outubro
CONTACONTOS: Pedro Brandariz
TÍTULOS: “Contos do Samaín”
(AVISO: Os títulos programados poden sufrir variacións en función do público asistente)

Tertulia literaria en Rialeda: 26 de outubro (Grupo B)

Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña de Actividades)
Hora: de 17,30 a 19,30

Comentario da obra "Tierra desacostumbrada" de Jhumpa Lahiri
Documentación