- Infantil (de 6 a 8 anos):
"Os oficios de Chuquelo" por Pinto & Chinto en Galaxia.
Chuquelo é un can con problemas de inserción laboral. Despois de varios fracasos, a súa afección a desenterrar ósos, daralle unha saída.
- Mozos/as e adultos/as:
"Do que estou a falar cando falo de correr" por Haruki Murakami, editado por Galaxia.
En 1982 Murakami decide dedicarse a escribir e paralelamente comezar a correr. Despois de participar en ducias de carreiras e triatlóns, o novelista reflexiona sobre o que significa para el correr e como influíu na súa maneira de escribir. O paso de tempo, o xeito de adestrar, os lugares que visita, a música que escoita, todo forma un relato sobre o seu xeito de vida.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario