19/10/11

Biblioteca de Santa Cruz: nova colección DVD "Padre Casares"

A Biblioteca Rosalía de Castro engade á súa colección de dvd, as 8 tempadas da serie da TVG “Padre Casares", doadas pola propia produtora Voz Audiovisual. Producida entre 2008 e 2011, consta de 114 episodios máis 3 especiais en outros tantos discos, que representan a colección completa.

“Padre Casares” é unha comedia coral que comeza cando o moderno crego Horacio Casares chega á viliña costeira de Louredo para sustituir o vello Crisanto, párroco de toda a vida.

Palmarés: Nos Premios Mestre Mateo 2008 da Academia Galega do Audiovisual (entregados en 2009) recibiu os galardóns de mellor serie de TV e de mellor realización. Serie candidata a cuatro Ninfas de Ouro do Festival de Televisión de Montecarlo (entregados en xuño de 2009). A xunta directiva da Academia das Ciencias e das Artes da Televisión de España selecciouna para optar ao premio ao mellor programa autonómico de ficción de 2008. En 2011 a Conferencia Episcopal Española otorgoulle o galardón ¡Bravo!.

Web Oficial da Serie

17/10/11

Hora do conto: do 18 ao 21 de outubro

logo da Hora do contoAquí tes a programación desta semana da hora do conto,
PASARALO MOI BEN ESCOITANDO CONTOS!!!
Todas as sesións son ás 18:30 horas.
Biblioteca Pública Municipal "Manuel María". Oleiros
Martes 18 de outubro
CONTACONTOS: Soledad Felloza
TÍTULO: "La noche de la visita", "El monstruo peludo"

Biblioteca Pública Municipal "Rosalía de Castro". Santa Cruz
Mércores 19 de outubro
CONTACONTOS: Fran Insua
TÍTULOS: “O conto do caracol", "O lobo que quería ser ovella", "Eu son o máis guapo"

Biblioteca Central "Rialeda". Perillo
Xoves 20 de outubro
CONTACONTOS: Avoa Ratiña da Compañía do Trinke Trinke
TÍTULOS: Letras, ovos e galiñas: "Sal do cascarón, poliño!", "O galo Kiriko", "O ovo máis bonito do mundo"

Biblioteca Pública Municipal "Ánxel Fole". Nós
Venres 21 de outubro
CONTACONTOS: Caxoto
TÍTULOS: “Un conto para contar mentras bailamos un valse”

(AVISO: Os títulos programados poden sufrir variacións en función do público asistente)

14/10/11

Aviso importante: Peche temporal da Biblioteca de Lorbé

A Biblioteca "Xograr Mendiño" de Lorbé permanecerá pechada ao público para acometer as obras de ampliación da mesma. O tempo de duración das obras de acondicionamento será de aproximadamente un mes e medio.

Os usuarios/as que teñan material en préstamo ou pendente de devolución durante o período de peche poderán efectuar a mesma cando a biblioteca abra de novo ao público.

Pregamos desculpen as molestias ocasionadas.

Mostra bibliográfica sobre Sofía Casanova na Biblioteca de Santa Cruz

Na Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro" de Santa Cruz ata o 1 de xaneiro de 2012.

Coincidindo co 150 aniversario do seu nacemento,a Biblioteca súmase á homenaxe da xornalista e escritora Sofía Casanova, muller que viviu a cabalo entre os séculos XIX e XX, sendo testemuña dos principais acontecementos históricos como a I Guerra Mundial, a revolución bolchevique, a guerra civil española e a II Guerra Mundial.
Un dos seus logros máis importantes foi a entrevista que mantivo con Leon Trotsky en San Petersburgo.

En 1896 estableceuse durante unha tempada en Mera (Oleiros), nunha casa coñecida como “Casa Casilda”, onde conectou con outras personalidades, que por aqueles anos veraneaban nas praias de Oleiros.

Proposta para o Nobel por dúas veces, foi elixida para formar parte da Real Academia Galega en 1952 e morre en Poznan (Polonia) seis anos máis tarde.

Recomendacións en Radioleiros: 14 de outubro

- Infantil:

"Oda a unha estrela" de Pablo Neruda
Editado por Kalandraka

Unha noite alguén rouba unha estrela no alto dun rañaceos. No momento de gardala no peto comeza a súa odisea.

- Mozos/as e adultos/as:

"Línea difusa" de Pat Barker
Editado por Salamandra

Trece anos despois de ter testificado contra un neno acusado de homicidio, o psiquiatra Tom Seymour volve a entrar en contacto con el, agora xa feito un home.Este pídelle que lle axude a comprender o que pasou.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

10/10/11

Hora do conto: 13 de outubro

logo Hora do conto nas Bibliotecas de OleirosAquí tes a programación desta semana da hora do conto,
PASARALO MOI BEN ESCOITANDO CONTOS!!!

Biblioteca Central "Rialeda". Perillo
Xoves 13 de outubro
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULOS: “O cubo de leite”, “A gata Kisha”

Biblioteca Pública Municipal "Mª José Trincado". Mera
Xoves 13 de outubro
CONTACONTOS: Soledad Felloza
TÍTULO: "Instrucciones para reconocer monstruos"

(AVISO: Os títulos programados poden sufrir variacións en función do público asistente)

7/10/11

Recomendacións en Radioleiros: 7 de outubro

- Infantil (a partires de 11 anos):

"Kafka e a boneca viaxeira" de Jordi Sierra i Fabra
Editado por Galaxia

Emotiva obra de ficción escrita por Sierra i Fabra, a partir dun feito que contou Dora Dymant, a última compañeira de Franz Kafka, despois de morrer este, e que segundo ela lle aconteceu a él un ano antes da súa morte.
Kafka paseaba habitualmente polo
parque Steglitz de Berlín e un día viu como unha nena, Elsi, choraba desconsoladamente porque perdera a súa boneca, chamada Bríxida. Para calmala, díxolle que Bríxida non se perdera, senón que marchara de viaxe, que el era o carteiro de bonecas e tiña unha carta para ela que lle levaría o día seguinte. Esa noite escribiu a primeira dunha serie de cartas que lle iría entregando e nas que narra as viaxes da súa boneca: Londres, París, Venecia, Pequín, Toquio, Nova York, Bogotá, etc. Bríxida recorría o mundo a toda velocidade.
Catorce cartas en dúas semanas. Despois virían outras dúas e na última, como despedida, regalaríalle unha boneca chamada Dora.

Recomendámolo para nenas e nenos a partir de 11 anos, pero esencialmente é un fermoso relato que serve para todas as idades.

Dispoñible en español baixo o título de Kafka y la muñeca viajera.

- Mozos/as e adultos/as:

"Ardores de agosto" de Andrea Camilleri
Editado por Salamandra

O comisario Montalbano ten que alugar unha casa fronte da praia, por encargo da súa moza Livia, para pasar as vacacións uns amigos dela. En Sicilia fai un calor asfixiante, son os ardores de agosto, durante o día o aire vólvese irrespirable. Despois de moito mirar, por fin a atopa e o 1º día de agosto vainos recoller ao aeroporto. A casa gustoulles, estaba nun alto, dende ela víase o mar e podíase acceder directamente á praia. Pero aos poucos días comezaron os problemas coa invasión de diferentes animais: escaravellos, ratos e arañas. A casa levaba un ano deshabitada e debera de sufrir algún movemento de dilatación e asentamento o que provocou algunha greta no chan, pola que subían. Cando pensaban que todo estaba solucionado o plan tórcese porque aparece un cadáver nunha artesa. O comisario terá que realizar a investigación...

Nesta nova aventura volvemos a atopar intriga e humor. Preséntanos un retrato da sociedade italiana, fálanos da mafia, da corrupción, pero tamén da gastronomía, do seu gusto pola comida e os bos viños, ao mesmo tempo que vemos como intenta escapar aos efectos que produce o avance da idade e os cambios do tempo.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

30/9/11

Recomendacións en Radioleiros: 30 de setembro

logo Recomendacións en RadioleirosLibros recomendados o 30 de setembro:
- Infantil (a partir de 8 anos):
"El Gran Gris", texto de Jörg Steiner e ilustracións de Jörg Mücuberta do libro El Gran Grisller, en Lóguez.
Gran Gris e Pequeno Marrón viven en cativerio soñando con prados e cenorias...

- Mozos/as e adultos/as:
"La mujer de blanco" de Wilkie Collins, editado por Homo Legens.
Na Inglatfoto da cuberta do libro La mujer de blancoerra de mediados do século XIX unha moza acepta casar co home escollido polo seu pai a pesar de saber que el só vai detrás da súa fortuna.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

23/9/11

Recomendacións en Radioleiros: 23 de setembro

Logo de Recomendacións en RadioleirosLibros recomendados o 23 de setembro:
- Infantil (de 10 a 12 anos):
O 21 de setembro celebrouse o Día Internacional do Alzheimer, así mesmo, 2011 é o Ano Internacional da investigación en Alzheimer, para conmemorar ambos eventos as Bibliotecas de Oleiros recomendánvos un libro que fala das persoas maiores, como unha pequena homenaxe a elas.cuberta do libro Galego. Á beira do mar

"Galego. Á beira do mar" de Juan Farias Díaz-Noriega, ilustracións de Xosé Cobas Gómez, en Kalandraka.
É un fermoso libro, tanto polo texto como polas ilustracións. Preséntanos as lembranzas dun home maior ao que lle chaman "O Rapaciño", o seu amor, os recordos do seu mellor amigo, como leva a vellez, a relación coa familia, principalmente co seu neto “O Pecas”, a soidade e a nostalxia. É unha obra tenra, emotiva, cun texto moi coidado e unhas delicadas ilustracións. Recomendámolo para nenas e nenos a partir de 10 anos, pero desexamos resaltar que é un relato que serve para todas as idades.

- Mozos/as e adultos/as:
"Purga" de Sofi Oksanen editado por Salamandra.
Narrcuberta do libro Purgaa a historia de Zara unha moza rusa vítima do tráfico de mulleres. Unha amiga convenceuna de que fora traballar con ela, que ao mesmo tempo tamén ía poder estudar, e, sen sabelo, veuse metida nunha rede de prostitución da que non podía saír. Un día en que a trasladaban de lugar consigue escaparse nunha zona rural de Estonia, en 1992, un ano despois de que este país recuperase a súa independencia da Unión Soviética. Agáchase nun xardín dunha casa solitaria. Atópaa, Aliide Truu, unha anciana que vive sola, á quen ela buscaba para pedirlle axuda. Con moita desconfianza acóllea na súa casa, co desexo de librarse dela canto antes, pero a través das súas conversacións iremos vendo o vínculo que as une. Narrada en capítulos que van alternando a actualidade e o pasado, fálanos dun amor non correspondido, de rivalidades familiares, pero tamén do medo, da tortura e de humillacións. É unha historia protagonizada por mulleres que foron sometidas á violencia. É unha novela interesante que nos fala de humillacións e de medo pero tamén da gran capacidade que ten o ser humano para sobrevivir nas circunstancias máis adversas.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

21/9/11

Día Mundial do Alzheimer: colaboración da Biblioteca Central Rialeda coa Fundación Germán Sánchez Ruipérez

Hoxe 21 de setembro, celébrase o Día Mundial do Alzheimer, e este ano 2011 é o Ano Internacional da Investigación en Alzheimer. Para conmemorar estos eventos, o C.R.E. Alzheimer e o C.I.L.I.J. da Fundación Germán Sanchez Ruipérez editan a publicación "Los mayores y la enfermedad de Alzheimer en la literatura infantil y juvenil".

Comprácenos informarche que a Biblioteca Central Rialeda colaborou na escolla de diferentes títulos en galego que podes atopar na citada publicación, dispoñible en formato pdf.

20/9/11

Tertulias Literarias: Inicio Tempada 2011-2012

Un ano máis, a Biblioteca Central Rialeda e a Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro" de Santa Cruz acollerán unha nova tempada de Tertulias Literarias.

Esta actividade, con máis de dez anos de funcionamento, consiste no comentario de obras de distintos xéneros literarios, procurando o lado formativo e á vez, lúdico da lectura.

Na Biblioteca Central Rialeda hai dous grupos cun máximo de 20 participantes en cada un, reuníndose quincenalmente os mércores ás 17,30 h.
Na Biblioteca de Santa Cruz hai un grupo que se reune quincenalmente os luns ás 18.30 h.
A duración da actividade é de 2 horas en Rialeda e 1 hora e media en Santa Cruz.

As persoas que desexen participar deben inscribirse en calquera das dúas bibliotecas, pasando a formar parte dunha LISTA DE ESPERA. A participación final estará condicionada á existencia de vacantes con respecto á tempada 2010-2011

Grupo A (Rialeda): programación e datas - inicio: 5 de outubro
Grupo B
(Rialeda): programación e datas - inicio: 28 de setembro
Tertulia de Santa Cruz: programación e datas: inicio: 17 de outubro

Máis información:
tfnos. 981 639 511 (Rialeda) e 981 626 338 (Santa Cruz)