14/10/11

Mostra bibliográfica sobre Sofía Casanova na Biblioteca de Santa Cruz

Na Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro" de Santa Cruz ata o 1 de xaneiro de 2012.

Coincidindo co 150 aniversario do seu nacemento,a Biblioteca súmase á homenaxe da xornalista e escritora Sofía Casanova, muller que viviu a cabalo entre os séculos XIX e XX, sendo testemuña dos principais acontecementos históricos como a I Guerra Mundial, a revolución bolchevique, a guerra civil española e a II Guerra Mundial.
Un dos seus logros máis importantes foi a entrevista que mantivo con Leon Trotsky en San Petersburgo.

En 1896 estableceuse durante unha tempada en Mera (Oleiros), nunha casa coñecida como “Casa Casilda”, onde conectou con outras personalidades, que por aqueles anos veraneaban nas praias de Oleiros.

Proposta para o Nobel por dúas veces, foi elixida para formar parte da Real Academia Galega en 1952 e morre en Poznan (Polonia) seis anos máis tarde.

Recomendacións en Radioleiros: 14 de outubro

- Infantil:

"Oda a unha estrela" de Pablo Neruda
Editado por Kalandraka

Unha noite alguén rouba unha estrela no alto dun rañaceos. No momento de gardala no peto comeza a súa odisea.

- Mozos/as e adultos/as:

"Línea difusa" de Pat Barker
Editado por Salamandra

Trece anos despois de ter testificado contra un neno acusado de homicidio, o psiquiatra Tom Seymour volve a entrar en contacto con el, agora xa feito un home.Este pídelle que lle axude a comprender o que pasou.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

10/10/11

Hora do conto: 13 de outubro

logo Hora do conto nas Bibliotecas de OleirosAquí tes a programación desta semana da hora do conto,
PASARALO MOI BEN ESCOITANDO CONTOS!!!

Biblioteca Central "Rialeda". Perillo
Xoves 13 de outubro
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULOS: “O cubo de leite”, “A gata Kisha”

Biblioteca Pública Municipal "Mª José Trincado". Mera
Xoves 13 de outubro
CONTACONTOS: Soledad Felloza
TÍTULO: "Instrucciones para reconocer monstruos"

(AVISO: Os títulos programados poden sufrir variacións en función do público asistente)

7/10/11

Recomendacións en Radioleiros: 7 de outubro

- Infantil (a partires de 11 anos):

"Kafka e a boneca viaxeira" de Jordi Sierra i Fabra
Editado por Galaxia

Emotiva obra de ficción escrita por Sierra i Fabra, a partir dun feito que contou Dora Dymant, a última compañeira de Franz Kafka, despois de morrer este, e que segundo ela lle aconteceu a él un ano antes da súa morte.
Kafka paseaba habitualmente polo
parque Steglitz de Berlín e un día viu como unha nena, Elsi, choraba desconsoladamente porque perdera a súa boneca, chamada Bríxida. Para calmala, díxolle que Bríxida non se perdera, senón que marchara de viaxe, que el era o carteiro de bonecas e tiña unha carta para ela que lle levaría o día seguinte. Esa noite escribiu a primeira dunha serie de cartas que lle iría entregando e nas que narra as viaxes da súa boneca: Londres, París, Venecia, Pequín, Toquio, Nova York, Bogotá, etc. Bríxida recorría o mundo a toda velocidade.
Catorce cartas en dúas semanas. Despois virían outras dúas e na última, como despedida, regalaríalle unha boneca chamada Dora.

Recomendámolo para nenas e nenos a partir de 11 anos, pero esencialmente é un fermoso relato que serve para todas as idades.

Dispoñible en español baixo o título de Kafka y la muñeca viajera.

- Mozos/as e adultos/as:

"Ardores de agosto" de Andrea Camilleri
Editado por Salamandra

O comisario Montalbano ten que alugar unha casa fronte da praia, por encargo da súa moza Livia, para pasar as vacacións uns amigos dela. En Sicilia fai un calor asfixiante, son os ardores de agosto, durante o día o aire vólvese irrespirable. Despois de moito mirar, por fin a atopa e o 1º día de agosto vainos recoller ao aeroporto. A casa gustoulles, estaba nun alto, dende ela víase o mar e podíase acceder directamente á praia. Pero aos poucos días comezaron os problemas coa invasión de diferentes animais: escaravellos, ratos e arañas. A casa levaba un ano deshabitada e debera de sufrir algún movemento de dilatación e asentamento o que provocou algunha greta no chan, pola que subían. Cando pensaban que todo estaba solucionado o plan tórcese porque aparece un cadáver nunha artesa. O comisario terá que realizar a investigación...

Nesta nova aventura volvemos a atopar intriga e humor. Preséntanos un retrato da sociedade italiana, fálanos da mafia, da corrupción, pero tamén da gastronomía, do seu gusto pola comida e os bos viños, ao mesmo tempo que vemos como intenta escapar aos efectos que produce o avance da idade e os cambios do tempo.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

30/9/11

Recomendacións en Radioleiros: 30 de setembro

logo Recomendacións en RadioleirosLibros recomendados o 30 de setembro:
- Infantil (a partir de 8 anos):
"El Gran Gris", texto de Jörg Steiner e ilustracións de Jörg Mücuberta do libro El Gran Grisller, en Lóguez.
Gran Gris e Pequeno Marrón viven en cativerio soñando con prados e cenorias...

- Mozos/as e adultos/as:
"La mujer de blanco" de Wilkie Collins, editado por Homo Legens.
Na Inglatfoto da cuberta do libro La mujer de blancoerra de mediados do século XIX unha moza acepta casar co home escollido polo seu pai a pesar de saber que el só vai detrás da súa fortuna.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

23/9/11

Recomendacións en Radioleiros: 23 de setembro

Logo de Recomendacións en RadioleirosLibros recomendados o 23 de setembro:
- Infantil (de 10 a 12 anos):
O 21 de setembro celebrouse o Día Internacional do Alzheimer, así mesmo, 2011 é o Ano Internacional da investigación en Alzheimer, para conmemorar ambos eventos as Bibliotecas de Oleiros recomendánvos un libro que fala das persoas maiores, como unha pequena homenaxe a elas.cuberta do libro Galego. Á beira do mar

"Galego. Á beira do mar" de Juan Farias Díaz-Noriega, ilustracións de Xosé Cobas Gómez, en Kalandraka.
É un fermoso libro, tanto polo texto como polas ilustracións. Preséntanos as lembranzas dun home maior ao que lle chaman "O Rapaciño", o seu amor, os recordos do seu mellor amigo, como leva a vellez, a relación coa familia, principalmente co seu neto “O Pecas”, a soidade e a nostalxia. É unha obra tenra, emotiva, cun texto moi coidado e unhas delicadas ilustracións. Recomendámolo para nenas e nenos a partir de 10 anos, pero desexamos resaltar que é un relato que serve para todas as idades.

- Mozos/as e adultos/as:
"Purga" de Sofi Oksanen editado por Salamandra.
Narrcuberta do libro Purgaa a historia de Zara unha moza rusa vítima do tráfico de mulleres. Unha amiga convenceuna de que fora traballar con ela, que ao mesmo tempo tamén ía poder estudar, e, sen sabelo, veuse metida nunha rede de prostitución da que non podía saír. Un día en que a trasladaban de lugar consigue escaparse nunha zona rural de Estonia, en 1992, un ano despois de que este país recuperase a súa independencia da Unión Soviética. Agáchase nun xardín dunha casa solitaria. Atópaa, Aliide Truu, unha anciana que vive sola, á quen ela buscaba para pedirlle axuda. Con moita desconfianza acóllea na súa casa, co desexo de librarse dela canto antes, pero a través das súas conversacións iremos vendo o vínculo que as une. Narrada en capítulos que van alternando a actualidade e o pasado, fálanos dun amor non correspondido, de rivalidades familiares, pero tamén do medo, da tortura e de humillacións. É unha historia protagonizada por mulleres que foron sometidas á violencia. É unha novela interesante que nos fala de humillacións e de medo pero tamén da gran capacidade que ten o ser humano para sobrevivir nas circunstancias máis adversas.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

21/9/11

Día Mundial do Alzheimer: colaboración da Biblioteca Central Rialeda coa Fundación Germán Sánchez Ruipérez

Hoxe 21 de setembro, celébrase o Día Mundial do Alzheimer, e este ano 2011 é o Ano Internacional da Investigación en Alzheimer. Para conmemorar estos eventos, o C.R.E. Alzheimer e o C.I.L.I.J. da Fundación Germán Sanchez Ruipérez editan a publicación "Los mayores y la enfermedad de Alzheimer en la literatura infantil y juvenil".

Comprácenos informarche que a Biblioteca Central Rialeda colaborou na escolla de diferentes títulos en galego que podes atopar na citada publicación, dispoñible en formato pdf.

20/9/11

Tertulias Literarias: Inicio Tempada 2011-2012

Un ano máis, a Biblioteca Central Rialeda e a Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro" de Santa Cruz acollerán unha nova tempada de Tertulias Literarias.

Esta actividade, con máis de dez anos de funcionamento, consiste no comentario de obras de distintos xéneros literarios, procurando o lado formativo e á vez, lúdico da lectura.

Na Biblioteca Central Rialeda hai dous grupos cun máximo de 20 participantes en cada un, reuníndose quincenalmente os mércores ás 17,30 h.
Na Biblioteca de Santa Cruz hai un grupo que se reune quincenalmente os luns ás 18.30 h.
A duración da actividade é de 2 horas en Rialeda e 1 hora e media en Santa Cruz.

As persoas que desexen participar deben inscribirse en calquera das dúas bibliotecas, pasando a formar parte dunha LISTA DE ESPERA. A participación final estará condicionada á existencia de vacantes con respecto á tempada 2010-2011

Grupo A (Rialeda): programación e datas - inicio: 5 de outubro
Grupo B
(Rialeda): programación e datas - inicio: 28 de setembro
Tertulia de Santa Cruz: programación e datas: inicio: 17 de outubro

Máis información:
tfnos. 981 639 511 (Rialeda) e 981 626 338 (Santa Cruz)

16/9/11

Recomendacións en Radioleiros: 16 de setembro

logo Recomendacións en RadioleirosLibros recomendados o 16 de setembro:
- Novela xuvenil:
"Carta al Rey" de Tonke Dragt, en Siruela.
Novela xuvenil de cabaleirías. Tiuri, un mozo de 16 anos vacuberta do libro Carta al Reyi ser nomeado cabaleiro do rei Dagonaut. A noite anterior, alguén pídelle axuda nun asunto de suma importancia, poñendo en perigo a súa aspiración. Conseguirá Tiuri o seu obxectivo?
- Mozos/as e adultos/as:
"A fama: novela en nove historias" de Daniel Kehlmann, en Galaxia.
Nove historias nas que vemos o poder da fama e dos medios de comunicación. cuberta de A famaUn actor con dúbidas, un escritor que arrenega de si mesmo, unha muller que decide morrer, etc. Unha paisaxe coral crítica co mundo real e a celebridade.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

13/9/11

Agustín Fernández Paz, VII Premio Iberoamericano SM de Literatura Infantil y Juvenil

foto de Agustín Fernández Paz O escritor vilalbés Agustín Fernández Paz obtén o VII Premio Iberoamericano SM de Literatura Infantil y Juvenil.
Este galardón é o recoñecemento máis importante do ámbito iberoamericano a autores cunha carreira literaria consolidada no ámbito do libro infantil e xuvenil.
O premio entrégase o próximo 29 de novembro de 2011 no marco da XXV Feria Internacional del Libro de Guadalajara (México).

Polo “seu compromiso cos valores humanos universais e o seu papel determinante na construción dunha literatura infantil e xuvenil en lingua galega”, o escritor galego Agustín Fernández Paz, autor de libros como Cartas de inverno, Corredores de sombra, O único que queda é o amor, Aire negro, Noite de voraces sombras, Valados, Non hai noite tan longa, O centro do labirinto, Trece anos de Branca, O meu nome é Skywalker, entre moitos outros títulos, é o gañador do VII Premio Iberoamericano SM de Literatura Infantil e Xuvenil, un elo máis que engadir á longa cadea de distincións que recoñecen a súa dilatada carreira literaria.


PARABÉNS AGUSTÍN!!!

9/9/11

Recomendacións en Radioleiros: 9 de setembro

Libros recomendados o 9 de setembro:

- Infantil (para menores de 6 anos):

"Cantas pingas na cidade!", de Eva Montanari
Editado por OQO
Unhas pingas de auga debaten sobre se caer na cidade. Cando o deciden, percorren un itinerario visitando diferentes lugares e persoas.
Libro fundamentalmente visual cunha grande calidade estética e de edición. Moi pouco texto. A consellábel para que os pais o compartan co neno.

- Para mozos-as e adultos-as:

"Diario de un ama de casa desquiciada" de Sue Kaufman
Editado por Libros del Asteroide
Tina Balser é unha sofisticada ama de casa no Manhattan dos anos sesenta. Teóricamente ten todo canto pode desexar pero hai algo que non funciona.
Un libro que reflicte a infelicidade como a serie de televisión "Mad Men" e abriu un novo camiño na literatura norteamericana escrita por mulleres.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes escoitar en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

5/9/11

Unha oleirense soñadora

Ben sabido é que Oleiros é terra fértil en imaxinación, e así faino notar a nosa amiga Marisol Mejuto, unha oleirense soñadora como ela mesmo se considera. O seu relato "A terra que me inspira" foi seleccionado no concurso "Relatos de Verán" de La Voz de Galicia, sendo publicado nas dúas edicións, impresa e dixital.

Dende as Bibliotecas Municipais de Oleiros queremos felicitar e dar un pulo ás inquedanzas creadoras de Marisol, e animamos a todos e todas a apoiala como se merece participando nas votacións que podedes realizar a través dos cupóns que entrega o xornal.


"A terra que me inspira"

Unha leve brisa fai ondear os meus cabelos, o canto dun paxaro marabilla os meus oídos, a fragrancia das flores embriaga o meu olfato, a vista da posta de sol faime sentir libre, o lixeiro contacto da fina herba co cantil faime rir. Unha aura máxica envolve o ambiente, non deixa dúbidas, é a miña terra ... (segue lendo)