- Infantil (a partir de 6 anos):
Ni Guau ni Miau, de Blanca Lacasa; ilustrado por Gómez
NubeOcho
Emotivo e divertido álbum ilustrado que ten como protagonista a Fabio. Un canciño moi especial que non se comporta como o resto dos cans. A súa familia fai todo o posible por axudalo, tíranlle a pelota para que a vaia buscar, ládranlle, intentan darlle mimos, pero nada. Max, o neno da casa, decatarase de que todas as noites, Fabio abandona a casa, así que decide seguilo. Será entón, cando todo teña sentido.
Un libro ideal para traballar e fortalecer a identidade e a autoestima.
- Mocidade e persoas adultas:
Llévame a casa, de Jesús Carrasco.
Seix Barral
Versión dixital en eBiblio
Audiolibro en eBiblio
A historia céntrase en Juan, quen regresa ao seu pobo, preto de Toledo, para asistir ao enterro do seu pai. A súa intención era a de pasar alí uns días e regresar a Edimburgo, onde residía dende había catro anos. Pero as cousas non soen sair como un espera e Juan verá truncados os seus planes cando, Isabel, a súa irmá lle da unha noticia. A súa nai precisa coidados e ela ten un importante negocio que pechar. Terá que ser Juan quen teña que asumir a responsabilidade.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario