19/4/24

Recomendacións en Radioleiros: 19 abril 2024

- Infantil (ata 5 anos de idade):

O elefante que perdeu o seu ollo
, de Boniface Ofogo. Ilustrado por Marc Taeger
Kalandraka

Unha adaptación dun conto tradicional africano que o escritor camerunés recupera para achegarnos esta bonita historia cargada de mensaxe.
Cada día, un elefante africano xogaba a quitarse un ollo e a lanzalo como se fose unha pelota. Pero nunha destas, chutouno tan alto que o ollo caeu no río. Desesperado, o elefante pediu axuda, primeiro, aos animais que vivían no río e despois aos do bosque e a sabana. Ninguén vira o seu ollo. Ante a desesperación do elefante, unha nena que o vira todo, achegouse ao animal e bisboulle as palabras máis sabias que se lle poden dicir a calquera que estea atravesando por un problema.

- Mocidade e público adulto:


Denuncia inmediata, de Jeffrey Eugenides
Anagrama

Versión dixital en eBiblio

Trátase dunha recopilación de 10 relatos que Eugenides foi escribindo ao longo de tres décadas. Os que abren e pechan o libro son os últimos que escribiu. A pesar da distancia no tempo entre os distintos relatos, pódense observar temas moi definidos. O choque cultural entre oriente e occidente, a falacia do soño americano, a crise ou o fracaso e a mediocridade sobrevoan todos os relatos. E sobre todo, a TENTACIÓN, con maiúsculas. Todos os protagonistas sofren o prurito da tentación.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario