19/3/24

O Concello de Oleiros abre unha aula de estudo no xardín da Biblioteca Central Rialeda

O Concello de Oleiros pon a disposición de todos os veciños e veciñas unha aula de estudo situada no xardín da Biblioteca Central Rialeda en Perillo, con 34 postos de estudo, coas condicións necesarias para facilitar o silencio e a concentración dos usuarios e usuarias. Está aberta ao público de luns a venres, en horario ininterrompido desde as 8:15 ás 21 horas.

Esta agradable e luminosa aula complementa as salas de lectura e de consulta ofrecidas polo Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais de Oleiros nas súas 7 bibliotecas: Biblioteca Central Rialeda en Perillo, Biblioteca Rosalía de Castro en Santa Cruz, Biblioteca Manuel María en Oleiros, Biblioteca Mª José Ruso en Dorneda, Biblioteca Mª José Trincado en Mera, Biblioteca Ánxel Fole en Nós e Biblioteca Xograr Mendiño en Lorbé.

Ubicada no que era antigamente o cenador da finca, foi restaurada polo Concello de Oleiros cunha subvención da Deputación da Coruña.

Dispón de conexión a Internet con acceso WI-FI gratuíto e enchufes nas diferentes mesas. A instalación ten accesibilidade para persoas con mobilidade reducida.



No hay comentarios:

Publicar un comentario