Esta agradable e luminosa aula complementa as salas de lectura e de consulta ofrecidas polo Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais de Oleiros nas súas 7 bibliotecas: Biblioteca Central Rialeda en Perillo, Biblioteca Rosalía de Castro en Santa Cruz, Biblioteca Manuel María en Oleiros,
Biblioteca Mª José Ruso en Dorneda, Biblioteca Mª José Trincado en Mera, Biblioteca Ánxel Fole en Nós e Biblioteca Xograr Mendiño en Lorbé.Ubicada no que era antigamente o cenador da finca, foi restaurada polo Concello de Oleiros cunha subvención da Deputación da Coruña.
Dispón de conexión a Internet con acceso WI-FI gratuíto e enchufes nas diferentes mesas. A instalación ten accesibilidade para persoas con mobilidade reducida.



No hay comentarios:
Publicar un comentario