Han Kang, escritora surcoreana nacida en Gwangju, é gañadora do Premio Nobel de Literatura 2024. A Academia Sueca considera que Han Kang «enfronta traumas históricos e conxuntos invisibles de regras e, en cada una das súas obras, expón a fraxilidade da vida humana. Ten unha conciencia única das conexións entre o corpo e alma, a vida e a morte, e co seu estilo poético e experimental converteuse nunha innovadora da prosa contemporánea». É o primeiro Nobel para Corea do Sur e na muller número 18 en recibilo.
Han Kang foi unha suxestión de lectura das bibliotecas municipais en RadiOleiros e obxecto de debate nas Tertulias Literarias.
Lévate en préstamo os libros de Han Kang que temos á túa disposición na Biblioteca Central Rialeda (Perillo).
Parabéns, Han!!!
축하해요
No hay comentarios:
Publicar un comentario