14/6/24

Recomendacións en Radioleiros: 14 xuño 2024

"Os contos do Lobicán" de Eva Mejuto con ilustracións de Sofía VenzelRecomendacións en Radioleiros: 14 xuño 2024- Infantil (crianzas a partir de 8 anos):
"Os contos do Lobicán" de Eva Mejuto con ilustracións de Sofía Venzel. Coeditado por Agadic e Baía Edicións.
Obra de teatro infantil, escrita en verso, gañadora do XV Premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques 2022.
Unha historia áxil, divertida e atrevida que busca darlle a volta aos contos clásicos.

"Cien cuyes" de Gustavo Rodríguez
- Mocidade e persoas adultas:
"Cien cuyes" de Gustavo Rodríguez. En Alfaguara.

Dispoñible en eBiblio

Novela traxicómica que nos sitúa na Lima de hoxe e na que se aborda, dende o humor, un dos grandes conflitos do noso tempo: somos sociedades cada vez máis lonxevas e cada vez máis hostís coa xente maior. Unha lectura que conmove e fai rir a partes iguais e que nos fala da soidade na vellez e da morte digna.

Premio Alfaguara de Novela 2023.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario