21/4/23

Recomendacións en Radioleiros: 21 abril 2023

- Infantil (crianzas ata 6 anos):

Unha cor propia, de Leo Lionni
Kalandraka

O protagonista desta historia é un camaleón que envidiaba a todos os demáis animais por ter unha cor propia. A súa dependía de onde se pouxase. Decatouse que para el era imposible permanecer para sempre na mesma cor e iso púxoo moi triste. Niso, pasou por alí outro camaleón que ao velo tan abatido deulle uns sabios consellos.

Unha fermosa fábula sobre a búsqueda da propia identidade, a autoestima e a amizade

- Xoves e persoas adultas:

Americanah, de Chimamanda Ngozi Adichie
Random House

Conta a historia de Ifemelu, unha xoven nixeriana que viaxa aos Estados Unidos cunha beca fuxindo dunha ditadura militar. Cando baixa do avión, dase conta, por primeira vez, do que significa ser negra. Ifemelu deixará en Nixeria ao seu grande amor, Obinze, quen tiña pensado reunirse con ela. Pero o proxecto da xoven parella verase truncado. En Americanah hai crítica social, tanto da sociedade de EEUU como da do Reino Unido e mesmo da de Nixeria.

Unha novela moderna. Unha escrita áxil e refrescante.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario