Hora: 19:00 h.
Lugar: Teatro As Torres (Santa Cruz)
Intervirán: a autora, Ana López e a poeta Olga Patiño.
"Territorio baleiro" é un poemario que pretende interpretar os acontecementos que nos rodean desde os sentimentos; testemuñas e vítimas, causas e efectos, expedicionarios á procura de respostas que caen a maioría das veces nunha rede de elucubracións absurdas.
Segundo a autora, este libro é un sinxelo esforzo por perforar un tempo consagrado a construír sistemas de deshumanización planetaria que deixan en pé de desigualdade á natureza, e por ende ao ser humano fronte ao denominador común dunha mal chamada “utilidade”.
Ana López dedicouse ao ensino, primeiro como mestra e despois como profesora de Lingua Galega. Nestas dúas etapas, a poesía sempre tivo un lugar importante dentro da aula, considéraa un instrumento pedagóxico valiosísimo para educar a sensibilidade.
Ao xubilarse integrouse, durante algún tempo, no grupo de poesía Diversos da Coruña.
Desde as bibliotecas municipais invítase a todas as persoas que desexen asistir, ata completar o aforo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario