3/10/23

Tertulias Literarias en Rialeda: ábrese a inscrición o 4 de outubro ás 8:30 h.

Tertulias Literarias en Rialeda: ábrese a inscrición o 4 de outubro ás 8:30 h.
Clubs de lectura e Tertulias literarias
para a mocidade e persoas adultas na Biblioteca Central Rialeda (Perillo): inscrición o día 4 de outubro, a partir das 8:30 h.

Nos clubs de lectura realízase o comentario de obras de distintos xéneros literarios, principalmente narrativa, nun ambiente de familiaridade, procurando o lado formativo e, á vez, lúdico da lectura. 
O principal obxectivo é animar a ler lendo, gozar da literatura como un desenvolvemento da capacidade de creación e comunicación a través da lectura, de maneira que compartindo ideas, reflexionando sobre temas diversos poidamos enriquecernos cos diferentes puntos de vista.

Nas bibliotecas municipais de Oleiros organizaranse seis clubs de lectura: dous na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz) con 38 prazas, dous tamén na Biblioteca Municipal Mª José Trincado (Mera) con 30 prazas e outros dous na Biblioteca Central Rialeda (Perillo) con 38 prazas. En total ofértanse 106 prazas. 
Poderán inscribirse todas as persoas maiores de 18 anos que desexen participar. Quen queiran asistir deberán ser socias dalgunha biblioteca da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia para poder levar os libros en préstamo a domicilio.

Como inscribirse:
- Presencialmente na Biblioteca Central Rialeda (Perillo).
- Por teléfono (981 639 511) a partir das 8:30 h. o día 4 de outubro e no horario da biblioteca os demais días (De luns a venres de 8:15 a 21 h. Sábados das 10 ás 14 h.)
- A través de Internet, na ligazón https://t.ly/oa2MZ 
38 prazas por orde de inscrición distribuídas en 2 grupos de 19 persoas cada grupo. 
As persoas solicitantes sen praza formarán parte dunha listaxe de agarda.
As sesións celébranse os mércores quincenalmente, ás 17:30 h.
A duración da actividade é de 120 minutos.
A presentación e primeira sesión do grupo A será o mércores 18 de outubro e do grupo B o mércores 25 de outubro, ambas ás 17:30 h.

Ao longo dos meses iranse prestando aos participantes diferentes libros de autoras e autores da literatura galega, española e internacional, por este motivo é totalmente imprescindible que as persoas interesadas en participar se inscriban para ter praza e poder ter dispoñibles os exemplares necesarios de cada título. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario