5/10/23

Ler para saber: charlas de divulgación científica na Biblioteca Central Rialeda (Perillo)

Ler para saber: charlas de divulgación científica na Biblioteca Central Rialeda (Perillo)
Comezamos de novo coa programación de “Ler para saber: charlas de divulgación científica” para os meses de outubro e novembro. Serán tres charlas sobre temas científicos dirixidas a nenas e nenos (a partir de 10 anos de idade), adolescentes e público en xeral, que terán lugar na Biblioteca Central Rialeda (Perillo), os venres 6 e 27 de outubro e o 10 de novembro, ás 18:30 horas.
Os obxectivos que se pretenden conseguir son: achegar a ciencia a todas as persoas, ampliar os coñecementos sobre temas científicos de importancia na vida diaria, fomentar o coñecemento específico dunha materia determinada, dinamizar os fondos bibliográficos sobre estes temas, atraer á biblioteca a un público interesado pola ciencia e, en definitiva, fomentar a lectura e a consulta de libros que traten estas temáticas.


Programáronse charlas ou obradoiros sobre aspectos diferentes para atraer a un público de gustos diversos e variados: 
- 6 de outubro
Os microorganismos e as microalgas
Seleccionamos para ti títulos relacionados con este tema. Preme na ligazón.
Carmen Rioboo Blanco. Profesora de Microbioloxía na Universidade da Coruña

- 27 de outubro
Alimentación saudable na idade escolar
Uxía Rodríguez Lavandeira. Dietista e nutricionista no Hospital da Coruña (CHUAC)

- 10 de novembro
Árbores e arbustos do xardín da Biblioteca Rialeda   
Miguel Sánchez. Fotógrafo
Fina Mosquera. Profesora de Educación Primaria
Desde a biblioteca Rialeda invítase a todas as persoas que desexen asistir.

No hay comentarios:

Publicar un comentario