- Infantil (a partir de 6 anos):
A casa enmeigada, de Jan Pieńkowski
Patasdepeixe
A casa enmeigada é un lugar vello e pintoresco e parece que corre algo de friaxe... Na porta colga o cartel ENTRA SEN CHAMAR!
Libro para ler e sobre todo para tocar, porque para descubrir todo o que agocha esta terrorífica mansión hai que levantar as solapas e tirar das frechas que agochan inquietantes sorpresas.
- Mocidade e persoas adultas:
El tiempo de las moscas, de Claudia Piñeiro
Alfaguara
Audiolibro en eBiblio
Claudia Piñeiro retoma a historia de Inés, a protagonista de Tuya, que sae do cárcere no que estivo 15 anos presa por matar á amante do seu exmarido.
Inés non é a mesma muller e trata de ser práctica e adaptarse a unha sociedade que tamén cambiou. Asóciase coa única amiga que fixo en prisión, a Manca, e poñen en marcha unha empresa dobre na que Inés se encarga de fumigar e a Manca de investigar como detective privada. Deste xeito abaratan costes e xuntas tratan de sobrevivir fóra do cárcere.
A súa rutina diaria vai verse alterada logo de recibir un misterioso e inquietante encargo dunha das súas clientas habituais...
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario