26/9/22

Tertulias Literarias en Santa Cruz: inscrición a partir do 27 de setembro ás 10 h.

Como inscribirse:
- Persoalmente na Biblioteca de Santa Cruz.
- Por teléfono (981 626 338) no horario da biblioteca (martes a xoves de 10 a 13,30 h.; luns a venres de 16 a 20 h.; primeiro e terceiro sábado de mes de 10 a 14 h.).

38 prazas por orde de inscrición distrubuídas en 2 grupos de 19.

As/os solicitantes sen praza formarán parte dunha lista de agarda.

Datas de inicio:
- Grupo A: martes 11 outubro ás 17:30 h.
- Grupo B: martes 18 outubro ás 17:30 h.
 
A duración da actividade é de 90 minutos.

*Non se admitirán solicitudes previas á data sinalada.


Poden inscribirse todas/os as/os maiores de 18 anos que desexen participar. As sesións celebranse quincenalmente. A actividade remata no mes de maio de 2023.

Comentaranse obras de distintos xéneros literarios, principalmente narrativa contemporánea, pero tamén se le poesía, teatro e ensaio, nun ambiente de familiaridade, procurando o lado formativo e á vez, lúdico da lectura.

O principal obxectivo é animar a ler lendo, gozar da literatura como un desenvolvemento da capacidade de creación e comunicación a través da lectura, de maneira que compartindo ideas, reflexionando sobre temas diversos poidamos enriquecernos cos diferentes puntos de vista.

As programacións inclúen obras de autoras e autores da literatura galega, española e internacional.

No hay comentarios:

Publicar un comentario