14/10/20

Parabéns, Elia!!! Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil 2020 por "El efecto Frankenstein"

Prosa fluida e madura, trama perfectamente encaixada ata o final, personaxes que evolúen ao longo da historia e dotados dunha profundidade que os fai cribles, argumentos que fan merecedor a "El efecto Frankenstein", de Elia Barceló, do Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil 2020 do Ministerio de Cultura y Deporte. A obra conta cun importante traballo de documentación histórica que amosa a evolución do rol da muller desde hai 200 anos.
Elia Barceló estudiou filoloxía angloxermánica e filoloxía hispánica nas universidades de Valencia e Alacante e doutorouse en Literatura Hispánica na Universidade de Innsbruck (Austria), país onde é profesora de literatura hispánica, estilística e literatura creativa.

É unha das escritoras de ciencia ficción máis destacadas da literatura en español, e na súa ampla obra tamén cultivou a narrativa xuvenil, de terror, o ‘thriller’ ou a novela histórica. Publicou máis de vinte obras, entre novelas, ensaios e relatos. Entre outros recoñecementos, recibíu o Premio Ignotus de relato fantástico da Asociación Española de Fantasía y Ciencia Ficción en 1991 por La estrella, o Premio Internacional de novela curta de ciencia ficción da Universidade Politécnica de Catalunya (1994) pola súa obra ‘El mundo de Yarek’, o Premio Celsius 2014 con ‘Anima Mundi’ ou o Premio Edebé de literatura juvenil 1998, 2007 e 2018 por ‘El caso del artista cruel’, ‘Cordeluna’ e ‘El efecto Frankenstein’, respectivamente.
Está traducida a máis de dezaoito linguas, entre outras, o alemán, francés, italiano ou holandés.
 
Visita a expo bibliográfica adicada a Elia Barceló na sala infantil e xuvenil da Biblioteca Central Rialeda.
Versión dixital de "El efecto Frankenstein" en eBiblio.  
Parabéns, Elia!!!
Fonte: culturaydeporte.gob.es

No hay comentarios:

Publicar un comentario