12/5/20

Grazas polo voso traballo, enfermeiras-os!!! Hoxe é o Día Internacional da Enfermaría!!!

https://theconversation.com/un-ano-atipico-para-celebrar-el-dia-internacional-de-la-enfermeria-138224
2020 é o Ano Internacional do Persoal de Enfermaría e Partería e hoxe 12 de maio é o Día Internacional da Enfermaría.
Enfermeiras e enfermeiros son a columna vertebral de todos os sistemas de saúde, desempregan unha función crucial na prestación dos servizos sanitarios, proporciónannos os coidados e técnicas de saúde necesarios para curarnos e realizan a educación sanitaria esencial para a prevención de enfermidades e a mellora da nosa saúde. En moitos casos, soen ser o primeiro e único elo de atención dispoñible nas súas comunidades. A fin de lograr a cobertura sanitaria universal, o mundo necesita que o persoal de enfermaría e partería aumente en 9 millóns. Nun día como hoxe pois,  recoñecemos e celebramos o inmenso labor do personal de enfermaría, poñendo de relevo as difíciles condicións de traballo que enfrontan nestes momentos. 
Hoxe ás 20:00 aplaudiremos, aínda máis alto, por ese gran colectivo de profesionais que traballan pola saúde de todas-os nós! 
Queremos recomendar dúas obras sobre Isabel Zendal, galega de Ordes, considerada pola OMS como a primeira enfermeira en misión internacional da Historia. "Novo mundo, Isabel Zendal na expedición da vacina" de El primo Ramón (Recomendado en Radioleiros) e "Os nenos da varíola" de María Solar, a túa disposición na Biblioteca Central Rialeda, lembra que con cita previa. En GaliciaLe, podes gozar da ironía e humor de "Suero de una noche de verano" de Enfermera saturada.
Ilustración deste post: Ignasi Blanch

No hay comentarios:

Publicar un comentario