15/5/20

Abrimos a nosa fiestra á lectura compartida de textos de Carvalho Calero! #MesDasLetras

https://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/letras-galegas-2020-ricardo-carvalho-calero-lectura-compartida-en-lina
A celebración das Letras Galegas dedicadas en 2020 a Ricardo Carvalho Calero vai ter unha morea de actividades en toda Galicia. As iniciativas sucédense a través da Rede e neste caso é o Gaiás Cidade da Cultura que fixo un convite para realizar unha peza audiovisual con textos do autor ferrolán. A Cidade da Cultura fai, cada 17 de maio, unha lectura participativa, que neste ano se celebrará no espazo virtual. 
Esta acción convidaba, a quen quixer, á gravación da lectura dun texto do escritor de Scórpio, de entre unha escolma realizada pola poeta Pilar Pallarés, recoñecida en 2019 co Premio Nacional de Poesía polo seu libro "Tempo Fósil". A escolla incluía textos de Carvalho Calero de poesía, teatro, ensaio ou narrativa. Con estas lecturas compartidas elaborarase un vídeo de creación colectiva que poderemos ver na web da Cidade da Cultura e as súas redes sociais (Facebook, Twitter, Instagram) o 17 de maio de 2020. Fonte: CidadeDaCultura
Podes consultar as obras dispoñibles nas Bibliotecas Municipais de Oleiros do autor homenaxeado nas Letras Galegas 2020, nesta ligazón. Xa sabes, para levar materiais en préstamo ou para facer devolucións, has de pedir cita previa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario