- Infantil (de 6 anos en adiante):
O raposo aviador que voa sen motor, de Antonio Reigosa con ilustracións de Laura Cortés
Xerais
O raposo Paquiño comeza a facer prácticas cun avión de latón que lle regalara o seu avó. O primeiro fracaso fai que persevere na súa teima por voar.
Un texto moi divertido con estupendas ilustracións.
- Mozas/os e adultas/os:
El taller de bicicletas (o el secreto inconfesable de Raoul Taburin), de Sempé
Blackie Books
Nun pobo pequeno, Taburin adícase a amañar bicicletas. É tan bon mecánico que en toda a zona unha bicicleta é unha “taburina” cunha clientela numerosa. Pero Taburin ten un segredo que afecta ao seu oficio…
Magnífico relato de Sempé para adultas/os con humor, afecto e calidade humana.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario