Realizamos unha nova programación de “Ler para saber: charlas de divulgación científica” para os meses de febreiro a maio. Son cinco charlas sobre temas científicos dirixidas a nenas e nenos (a partir de 10 anos de idade), adolescentes e público en xeral, que terán lugar na Biblioteca Central Rialeda (Perillo) os venres 22 de febreiro, 15 e 22 de marzo, 26 de abril e 10 de maio.
Os obxectivos que se pretenden conseguir son achegar a ciencia a todas as persoas, ampliar os coñecementos sobre temas científicos de importancia na vida diaria, fomentar o coñecemento específico dunha materia determinada, dinamizar os fondos bibliográficos sobre estes temas, atraer á biblioteca a un público interesado pola ciencia e, en definitiva, fomentar a lectura e a consulta de libros que traten estas temáticas.
Programáronse charlas ou obradoiros sobre aspectos diferentes para atraer a un público de gustos diversos e variados:
-> 22 de febreiro
“Alimentación saudable na idade escolar” por Carolina Mosquera, nutricionista.
Seleccionamos para ti títulos relacionados con este tema. Preme na ligazón.
-> 15 de marzo
“Unha solución para o noso planeta: as bacterias que “comen” plásticos” por Dimas López, estudante de grado en Bioloxía e membro de UDCiencia d+i.
-> 22 de marzo
“Imos experimentar” por Francisco Armesto, biólogo e director técnico de proxectos dos Museos Científicos Coruñeses (=mc2).
-> 26 de abril
“Mar de plásticos” por Francisco Franco del Amo, biólogo e director técnico do Aquarium Finisterrae dos Museos Científicos Coruñeses (=mc2).
-> 10 de maio
“Aves da Ría do Burgo” por Antonio Patiño, fotógrafo.
Desde a Biblioteca Central Rialeda invítase a todas as persoas que desexen asistir.

No hay comentarios:
Publicar un comentario