22/2/19

Recomendacións en Radioleiros: 22 febreiro 2019

https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1480724https://youtu.be/B1XF3c7r6K4- Infantil (de 6 a 8 anos):
"Novos amigos" de Tomi Ungerer, en Kalandraka.
O recentemente falecido Tomi Ungerer foi un dos mellores escritores e ilustradores das últimas décadas. Nesta ocasión preséntanos a unha nena e un neno que son capaces de levar adiante un proxecto artístico con poucos medios e superando todas as dificultades.
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1161194              
- Mozas-os e adultas-os:
 "El ojo de jade" de Diane Wei Liang. Editado por Siruela.
Coincidindo coa exposición en Rialeda de libros e películas da China, traemos esta novela policíaca que pode servirnos para entender a sociedade de hoxe naquel país. A mestura do vello e do novo, as diferencias económicas, o papel do Partido, as lembranzas da
Revolución Cultural e as súas consecuencias, forman unha paisaxe de grande interese social e boas doses de intriga.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario