25/2/19

Soledad Felloza alumea o Día de Rosalía en Rialeda

"Cómo chove miudiño,
cómo miudiño chove;
cómo chove miudiño
pola banda de Laíño,
pola banda de Lestrove"

A actriz e contacontos Soledad Felloza acudíu a Rialeda co seu espectáculo "Chove miudiño" para dar coñecer ao alumnado de 1º e 2º de Primaria do CEIP Juana de Vega de Nós a figura, tempos e obras de Rosalía de Castro.

Versos que se prenden na punta do pé, que debuxan árbores senlleiras, que bailan coas bolboretas e que bulen ao redor dunha nena que  "sube ás ponlas das figueiras e alí déitase a soñar"

Cantando e escoitando, e tamén degustando os "bolos do pote" con caldo cos que Rosalía ía medrando nuns tempos de escaseza material pero fértiles na imaxinación da nosa escritora.

¡Ai!, ¡qué miniña!
¡Qué nena preciosa!
Dempóis de lavada
parese unha rosa.

I este miniño
que teño no colo,
dempóis de lavado
parece un repolo. 

Chove miudiño no país enteiro, e a choiva non é de auga, non:- é de versos!





No hay comentarios:

Publicar un comentario