Un neno quere descubrir o que o fai despertar todas as mañás coas sabas molladas. Un traballo case detectivesco que toma con humor un episodio habitual entre os máis cativos.
- Mozos/as e adultos/as:
O limiar de Mario Vargas Llosa introdúcenos nas lembranzas dun dos protagonistas do século XX a nivel político e histórico: de boa familia española, exiliado en Francia ao remate da Guerra Civil, membro da Resistencia, detido, torturado e enviado polos nazis ao campo de Buchenwald, militante do PCE, expulsado do mesmo xa nos anos sesenta, escritor, colaborador en guións cinematográficos… Unha vida intensa que parece unha novela.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario