14/10/18

Día das Escritoras: 15 de outubro

http://diadelasescritoras.bne.es
O Día das Escritoras é unha conmemoración promovida pola Biblioteca Nacional de España xunto á Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE) e a Asociación Clásicas y Modernas que, desde 2016, busca reivindicar o labor e o legado das escritoras ao longo da historia a partir da lectura de fragmentos representativos das súas obras.
 
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-shelves.pl?viewshelf=5286&sortfield=Esta celebración lévase a cabo o 15 de outubro, no Salón de Actos da Biblioteca Nacional de España e noutras entidades e institucións nacionais e internacionais que se suman a esta iniciativa como as Bibliotecas Municipais de Oleiros que organizan a exposición de monografías titulada "Biblioteca Violeta" adicada a obras de temática feminista no vestíbulo da Biblioteca Central Rialeda (Perillo). Para celebrar este día teremos a presentación da última novela de Silvia Salgado, "La aldea".
A comisaria do Día das Escritoras 2018 é Joana Bonet que escolleu o tema "rebeldes y transgresoras" que adica esta edición "á insumisión intelectual daquelas autoras que remaron a contracorrente e cuestionaron a orde que lles era imposta". 

En torno a elas realízase unha selección de textos de destacadas escritoras españolas e hispanoamericanas, que posteriormente son lidos por persoas de recoñecido prestixio social e cultural, entre as que hai unha especial representación de creadoras en activo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario